Dera aviso na súa casa Zerovacas e agora xa está en marcha o concurso de microrrelatos eróticos de Vieiros. Os textos, dun máximo de 550 caracteres, poderán enviarse a partir do 11 de febreiro e até o 10 de marzo. O gañador anunciarase unha semana máis tarde: o 17 de marzo.

Os premios? Viaxe de catro días a Venecia para dúas persoas. E para todos os que participen (enviando textos ou votando) unha estadía dunha fin de semana nunha casa rural próxima á parroquia de O Sexo (Agolada). Se cadra os organizadores queren que os gañadores poñan en práctica a parte mais romantica dos seus relatos (se é que a teñen).

Xa que non conseguimos porno na galega, reivindicade que internet is for porn tamén en galego.

Máis información, aquí.

Chuzame! chuzame -