Disque a uns desenvolvedores web cataláns ocorreuselles a idea de impedir o acceso con internet explorer ás súas páxinas o día 4 de marzo, o día 403. A mensaxe de erro do servedor é a 403, de aí a escolla da data. ascarida introducíu a idea no blogomillo e opaco colaborou a espallala.
Ainda que cada día é menos frecuente atopar páxinas nas que non se pode entrar se non se emprega ie ainda é o navegador mais empregado na rede. Ainda que haberá xente que o prefira con coñecemento das alternativas a grande maioría emprega o ie por descoñecemento, ou coma é no meu caso no traballo, por imposibilidade de instalar outro nun entorno empresarial que restrinxe a instalación de software ó departamento informático.
Ollade as estatísticas das últimas 500 visitas a este blogue:

O 60% emprega ie, pero decatádevos de que o 29,6% non actualizou á última versión e segue ca 6.0 que é famosa polas súas eivas de seguridade. Comparade iso co 31,4% de usuarios que emprega Firefox 2.0 fronte o só 1,2% que quedou na versión 1.5. Os usuarios de firefox saben que actualizar a versión pode ter vantaxes, están acostumados a instalar extensións que engaden funcionalidades ó navegador desenvolvidos por calquera, non necesariamente por unha compañía.
E non pensedes que todos estes usuarios de firefox empregan Linux ou algún sistema operativo exótico.

O 83,6% dos meus distinguidos visitantes emprega windows en algunha das súas variantes.
Alternativa ó explorer ademais das que podedes ver nas estatísticas recoméndovos tamén o flock, derivado do mozilla igual co firefox e que está pensado para a xente que fai parte en redes sociais. Eu useino hai atrás porque inclue unha aplicación para engadir fotos ao flickr e pareceume ben xeitoso.
Querido 60% dos meus amigos, NON me veredes no 4 de marzo se persistides neses malos costumes que tedes. E ós que ademais empregades o ie 6.0 cando menos cambiade ao 7.0 porque ides ter un disgusto calquera día.
O engadido do Wordpress que vos impedirá acceder ó meu blogue foi desenvolvido por Choan e instalado polo goretoxo na Blogaliza.
No choio tamén temos restriccións de software, pero por sorte o Firefox non precisa de conta de administrador para instalarse, senón ía apañado, aquí hai Windows 2000 e non podería ter máis que o IE6…
Dixo por NeKRoMaNT 19 febreiro, 2008 sobre 5:50 pm
[...] O contador do Statcounter conta só as visitas á páxina que cargan, por iso onte baixaron. Todas as visitas chegadas desde un internet explorer recibía unha mensaxe de erro 403. Para saber de que estou a falar, le isto. [...]
Aviso (Pingback) por Apocalipse do porco » notouse o día 403 5 marzo, 2008 sobre 8:51 pm