Recoméndolles que non perdan, ainda que non sexan lectores do Faro ou da Opinión a atinadísima opinión de SHS na súa casa sobre o ocorrido o outro día en Compostela na facultade de económicas. Concordo ó 100%.

os 15 minutos que conmoveron o mundo

E non teño nada que engadir.

Chuzame! A Facebook A Twitter

se non tiveches sorte no concurso de agasallos da festa tes a oportunidade de baixar de balde a escolma feita polo ictioscopio na súa casa falangulleira (habería que dicir unha delas) buscade aquí.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Cal é a música que ten a billarda? Se cadra os abós que xogaban a estornela, o pateiro ou a billarda escoitaban música folk. Ou pode que escoitaran zarzuela, bolero, tango ou pasodoble.

Polo que aparece no myspace da LNB a tribu billardeira escoita música electrónica e hip hop. Porén sabemos que a música billardeira non acaba aí. Se cadra ti tes un grupo e queres facer parte nesta revolución do deporte que está a ser cada día mais a LNB.

Coma fixeron os rapaces suizo-galegos de mafia gallega que a proposta de Zimmer 103, o mítico músico, podcasteiro e palanador da mariña, criaron este temazo.

B-I-L-L-A-R-D-A

billarda.mp3

Galicia practica!

palanador.jpg

Chuzame! A Facebook A Twitter

Non vira ainda este video, que atopo en casa Pawley.

Vexo que ZP xa está cobrando o canon (ou mais correctamente polo voto no do canon)

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/S0wNrj9Sy6g" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Vamos que este video pagámolo entre todos. Gústennos ou non, que esa é outra.

É curioso ver coma os antigos apoios do PCE volvense agora tan pragmáticos.

Chuzame! A Facebook A Twitter

De un tempo a esta parte non deixo de atopar xente que opina da economía en relación coas eleccións xerais en España.

Normalmente opinan que se gaña Rajoy haberá algún cambio para mellor.

A única posibilidade de que iso ocorra é que a xente confíe en que iso vai ocorrer. Se deixan de ter medo sobre a evolución futura aumentará a cofianza e con ela o consumo, o que xerará infinidade de efctos positivos sobre a evolución económica.

Porén eles non se están referindo a iso. Eles opinan que Rajoy xestionaría mellor a crise que Zapatero. Que eles pensan que nos meteu na situación actual.

É lóxico que a xente pense iso se aproveita as posibilidades que a sociedade da información permite para ver mira quien baila, el tomate (qepd), a liga de futbol, baixarse politonos ao móvil e ligar nos chats.

Parece ser que a economía é cíclica, e que os períodos de crecemento séguense por períodos de crise. Agora estamos nun momento de crise a nível global e pouco pode facer o goberno de España para impedir que haxa desaceleración. Pode diminuir o efecto, pero é improbabel que impida a crise.

Neste mundo global aféctanos mais se cadra económicamente o que ocorre nas eleccións nos EUA que nas de España. Niso levamos desavantaxe respecto ó Imperio Romano. Alí non era preciso nacer na metropoli para ser cidadán, aquí carecemos dos dereitos de elección que teñen os americanos.

obhill.jpg

E para rematar volto ó tema dos candidatos. Paréceme curioso (e mais vindo de onde ven) a xente que está encantada ca xestión que o señor Pizarro fixo en Endesa. Conseguiu que unha empresa de capital español acabara dominada por unha empresa alemana e por tanto trasladando o centro de decisión fora do Estado, cando nun primeiro momento fixera unha OPA unha empresa de capital español. Hai dúas opcións: que todos sexan accionistas (que non clientes) de Endesa, ou que non pensen que Cataluña faga parte do Estado español. E non, non son os independentistas cataláns os que falan ben do señor Pizarro.

pi.jpg

Chuzame! A Facebook A Twitter

Dera aviso na súa casa Zerovacas e agora xa está en marcha o concurso de microrrelatos eróticos de Vieiros. Os textos, dun máximo de 550 caracteres, poderán enviarse a partir do 11 de febreiro e até o 10 de marzo. O gañador anunciarase unha semana máis tarde: o 17 de marzo.

Os premios? Viaxe de catro días a Venecia para dúas persoas. E para todos os que participen (enviando textos ou votando) unha estadía dunha fin de semana nunha casa rural próxima á parroquia de O Sexo (Agolada). Se cadra os organizadores queren que os gañadores poñan en práctica a parte mais romantica dos seus relatos (se é que a teñen).

Xa que non conseguimos porno na galega, reivindicade que internet is for porn tamén en galego.

Máis información, aquí.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp