É sabido que nesta casa somos fans de Belén Regueira (fagan a proba e poñan Belen Regueira no google), coido que é arestora a mellor presentadora da CRTVG. Por ese motivo e non outro hoxe estiven vendo o programa .

Conste que tiña esquecido o asunto e lembreino via un chío de Modesto no twitter.
Sabía mais ou menos que era un destes programas nos que falan os nenos, mais non lera enteira a noticia en chuza (que xa é pouco ler pensando que ademais voteina) polo que sorprendeume cando apareceu Suárez Canal. Nunca lle vira o dente que lle falta, debe ser porque nunca o vira sorrir
Ainda que estivo moi 'institucional' e totalmente 'político' podería ir pior, Fernanda Tabarés (que é esta e non esta) pareceume que daba unha imaxe algo frívola (enténdase pija), ainda que debo dicir que foi unha sensación que eu saquei, non sei de onde. Isi na súa liña de sempre, hai a quen lle parece marabilloso e hai quen o odia (eu son dos que está do seu lado).
O programa pareceume ben para ser unha primeira emisión e supoño que irán retocando detalles. Impresionante a espontaneidade dos nenos cando tiñan a cámara a tiro para facer xestos e saudar.
E a miña primeira impresión non estivo mediatizada pola identidade da directora do programa (que descoñecía cando o vin), unha das rapazas mais riquiñas do blogomillo: María Yañez.
Só unha pregunta/suxestión:
É preciso manter ese peiteado de Belén Regueira?
chuzame -












