Entereime no medio dunha conversa profesional, un cliente comentoume que ETA matara a un ex concelleiro socialista diante da súa muller e a súa filla. Quedei frio.

Xa no coche, coma en tantas outras ocasións tristes a radio foi dando mais detalles.

No portal da súa casa, feridas na cabeza e no peito, sen escolta desde había non moito tempo.

Puiden escoitar bastante mais tarde a un amigo de Isaias cheo de dor e carraxe e entón escoitando falar da persoa que morrera, non do concelleiro asasinado, sentín un calafrío. Vinme a min mesmo nas mismas, ca miña muller e a moruncha, saindo da miña casa e morrendo alí mesmo.

No plano político non hai moito que analisar, porque un asasinato non debe ser analisado dese xeito, porén é evidente que estes feitos teñen as súas consecuencias (e xa pudimos comprobalo hai catro anos) e despois de escoitar a varias persoas chamando á participación cívica (que penso que é o que tocaba facer, ademais) dame que a participación vai subir mais do que se agardaba. E todo o mundo dicía que unha alta participación beneficiaba ao PSOE.

Síntoo moito pola súa familia, os seus amigos e todos aqueles que sintan medo despois de escoitar o que lle pasou.

Ten algún sentido esta violencia? Pensan eles mesmo que así acadarán algo?

sangue.jpg

Chuzame! chúzame -