Emocionante.
Coido que este é o termo que mellor define moitas das sensacións de onte no Palexco.
Comezando ca presentación de Xurxo Souto, co seu estilo de sempre (calquera que o escoitara falar xa sabe coma é) que servíu para meter a xente en situación. Ainda que non era moi preciso. Así como saíu Pablo Díaz a xente conectou e seguiu moi forte ca intensidade de Chámalle Xis. Podedes ver un anaco da súa actuación, cortesía de Martin Pawley.
[kml_flashembed movie="http://www.vimeo.com/moogaloop.swf?clip_id=837324" width="400" height="327"/]
Non vou relacionar o resto dos que actuaron, porque podedes atopalos todos con anacos de video na crónica que fixo Pawley. É un interesante exercicio comparar as gravacións que subíu Pawley coas que enviaran ao concurso e podedes atopar na páxina de A Coruña Son. Así poderedes ver a pegada do traballo feito con Santiago Auseron.
Moitos deles non eran novatos ante o público e notábaselles ben, pero comezaba dicindo que o concerto foi emocionante e non falo en sentido figurado. A boa relación entre os participantes do obradoiro, entre eles mais tamén coa organización e os músicos que lles acompañaban no concerto trasmitíase cara o público.
O tema do que non subíu imaxes Pawley foi o que interpretou Juan Perro que para esta ocasión traduciu ao galego la misteriosa. Eu lembrei nese momento a canción que Pimpinela gravara por encarga (non sei se lembro ben que de Perez Varela) cun retrouso en galego. Os dous conceptos están tan alonxados coma o día e a noite.
Despois do concerto houbo un momento pinchos, (demostrando que A Coruña Son foi en realidade un evento cultureta
) e estiven falando un breve momento con Santiago Auserón. A sensación que saquei foi que realmente disfrutou da semana de traballo na Coruña e daba unha impresión de sinceridade cando falaba do gran presente (e futuro) da música galega.
Confesar para rematar que quedei engaiolado de Santiago Auserón, tiven a mesma sensación que outras veces que atopara persoas que son brillantes no seu campo e ao tempo cheos de carisma. Por se iso non abondara, lembrábase de min do mércores e mesmo chamoume Ghanito! Que mais podía pedir para acabar de seducirme?
Se queredes ver mais do concerto, probablemente a semana que ven estea xa subido na páxina de A Coruña Son o video do concerto e das sesións de tarde do obradoiro.
Parabéns ao Concello polo seu acerto coa iniciativa e agardo que poida consolidarse coa celebración de sucesivas edicións.
Para rematar unha pequena nota negativa persoal: a cámara non quedara sen batería, estaba estropeada
. A miña única foto da noite fíxoa Alfredo e saio xunto a Santiago Auserón, ainda non a teño así que non vou precisar apagar a miña cara porque non vai ser publicada
Teño un anaquiño de «La misteriosa», quizá o suba mañá (aínda que intúo que destas horas xa debe haber vídeos mellores colgados pola rede).
Concordo no de que foi un concerto emocionante. Moi emocionante e moi divertido. De aí van saír moitas cousas boas.
Said by Martin Pawley 30 Marzo, 2008 at about 3:17 a.m.
Que envexa!!! Mágoa non poderen estar eu por aí…A ver se para a próxima edición.
Said by jan 30 Marzo, 2008 at about 11:52 a.m.
Gustame bastante Radio Futura.
Creo que fixeron unha das cancions mais fermosas de todos os tempos:
http://es.youtube.com/watch?v=BuZMhbU5TPY
Said by Zeke 1 Abril, 2008 at about 5:59 a.m.
Por certo: a foto quedou estupenda, podes ficar satisfeito. Síntoo polo que quedan sen vela. Aperta.
Said by Alfredo Ferreiro 3 Abril, 2008 at about 10:01 p.m.
grazas pola foto: toda a bondade da foto ven do fotógrafo e do modelo que aparece á esquerda
Said by ghanito 3 Abril, 2008 at about 10:39 p.m.
[...] é a foto que Alfredo fixo o outro día no [...]
Pingback by Apocalipse do porco » velaquí a foto 3 Abril, 2008 at about 11:24 p.m.
[...] fun ó Forum Metropolitano para ver o concerto presentación do disco A Coruña Son 08 e quedei cunha sensación [...]
Pingback by Apocalipse do porco » Concerto presentación A Coruña Son 08 26 Febreiro, 2009 at about 12:09 p.m.