É sabido que nesta casa somos fans de Belén Regueira (fagan a proba e poñan Belen Regueira no google), coido que é arestora a mellor presentadora da CRTVG. Por ese motivo e non outro hoxe estiven vendo o programa .

Conste que tiña esquecido o asunto e lembreino via un chío de Modesto no twitter.
Sabía mais ou menos que era un destes programas nos que falan os nenos, mais non lera enteira a noticia en chuza (que xa é pouco ler pensando que ademais voteina) polo que sorprendeume cando apareceu Suárez Canal. Nunca lle vira o dente que lle falta, debe ser porque nunca o vira sorrir
Ainda que estivo moi 'institucional' e totalmente 'político' podería ir pior, Fernanda Tabarés (que é esta e non esta) pareceume que daba unha imaxe algo frívola (enténdase pija), ainda que debo dicir que foi unha sensación que eu saquei, non sei de onde. Isi na súa liña de sempre, hai a quen lle parece marabilloso e hai quen o odia (eu son dos que está do seu lado).
O programa pareceume ben para ser unha primeira emisión e supoño que irán retocando detalles. Impresionante a espontaneidade dos nenos cando tiñan a cámara a tiro para facer xestos e saudar.
E a miña primeira impresión non estivo mediatizada pola identidade da directora do programa (que descoñecía cando o vin), unha das rapazas mais riquiñas do blogomillo: María Yañez.
Só unha pregunta/suxestión:
É preciso manter ese peiteado de Belén Regueira?
chúzame - 

Eu lembrei o programa porque o vira en Chuza, que se non… e non quedou mal, pero tampouco é un exemplo de orixinalidade.
Coido que a Belén lle acaen mellor outro tipo de programas (máis modernos), ¿non?
Ah, ¡e moi atinada a diferenza entre Fernanda Tabarés e Tavarés!
Said por Marcus 31 marzo, 2008 at about 12:07 am
seica din por aí que no segundo xa cambia o peiteado, mais non sei se será unha lenda urbana…
Said por oko 31 marzo, 2008 at about 12:51 am
Eu perdim-no
Saudinhos!
Said por Prosciutto 31 marzo, 2008 at about 9:32 am
Concordo co do peiteado, pero ás veces é dificil criticar o traballo dos estilistas.
Said por kate 8 abril, 2008 at about 9:42 pm