Hai hoxe un mes envieille un correo á organización da Xuventude Galiza Net solicitandolle un pase de prensa para entrar.
Non sabía se me acreditarían ou non, e francamente tiña curiosidade por saber se o farían ou non.
Nun momento no que os medios de comunicación están transformándose tanto, un blogue é un medio de comunicación ou ainda non? Se me acreditaran a min, que impediría que lle solicitaran acceso miles de blogueiros? Cal é o límite entre un blogue e un medio?
Eu teño claro que isto non é un medio de comunicación coma entendo que o pode ser sono-tone, por exemplo. Porén é algo intuitivo e totalmente persoal, non vou dicir o mesmo de ningún outro blogue que non sexa o meu.
E ademais non penso que ser ou non un medio de comunicación stricto sensu sexa unha condición sine qua non (hoxe tocan atinismos) para que un poida estar acreditado e informar ós seus visitantes tan ben coma un medio ‘de verdade’ aportando outra perspectiva.
Pois ben, ainda non dixen o que respostaron. Primeiro vou reproducirvos a carta tal cual.
Bo día,
Son o autor do blogue apocalipse do porco. O ano pasado estiven na XGN coma visitante (non coma participante) e pareceume interesante para contalo.
Desexaría facer novamente o mesmo e poder escribir unha crónica para o meu blogue, pero desta volta desexaría estar acreditado correctamente para poder facelo sen ter que acceder coma o ano pasado.
Descoñezo cal é a política de acreditacións da XGN, polo que non sei se é posible atender a miña petición, ainda que supoño que si.
Caso de atender a miña petición, comuníquenme os dados persoais que precisan.
Atentamente,
–
Ghanito
http://apocalipsedoporco.blogaliza.org/
Decatádevos que non expliquei como accedín o ano pasado

Pois ben, non contestaron. Pareceme unha falta de educación, por parte de quen fora que leu o meu correo, non respostar. Ainda que fora para xustificar que non me daban o pase de prensa. Pareceríame mal, non o vou negar, porén cada un goberna a súa casa como quere, mais isto de non respostar nun correo no que presentan así:
Se desexa máis información, pases de prensa para o evento, así como calquera tema relacionado coa prensa, pode poñerse en contacto en prensa08@xuventudegaliza.net
Paréceme fatal.
Por este motivo e en sinal de protesta este ano non irei á XGN.
Como coincide que esta fin de semana vou a Vigo tanto me ten, e menos mal que non me deron o pase de prensa, que veríame na obriga moral de ir e complicaríame a fin de semana. Mais esto eles non o sabían.