O venres saín de traballar e voltei a casa.

Comín, fixen a maleta e revisei algo o Reader (finalmente estou adaptándome ben e abandoando o meu querido bloglines).

Cheguei a Vigo e fun dereito ao Vao para tomar algo cos meus amigos de sempre, de aló ao Calvario á casa da miña irmá e de volta a Bouzas a cear cos amigos no garfo.

O sábado fun almorzar con Melo e estiven facéndolle gasto na libraría (outra vez no Calvario), agardei por Turuto que pasou por aló e fun xantar a casa do meu irmán (outra vez a Bouzas).

Fago unha pausa para aclarar á xente que non coñece Vigo que Bouzas e o Calvario quedan en extremos opostos da cidade, debe haber uns 5 ou 6 quilómetros de distancia.

Despois de comer unha gran paparota (lentellas, lasaña de polo e pasta con peixe e lagostinos ao forno) cociñada polo meu irmán botei unha soneca e volteiá tenda de Melo para a tertulia friki.

Ceei con amigos do traballo de Vigo que vexo pouco últimamente.

E o domingo fun coñecer ó fillo dunha curmá que naceu o venres ('visita de médico', coma un lóstrego que non había que cansar moito a nai e fillo. Naturalmente a miña curmá non podía vivir perto dos meus pais. Porque os meus pais viven perto do Xeral, mais ela vive en Alcabre (ainda mais lonxe do que Bouzas). Despois da visita voltei para ver a carreira e comer cos meus pais.

Como xa sei que mais de un perderíase poño plano, cortesía do pdm de google (neste caso google maps)

plano.jpg

no que o 1 está no Vao, o 2 no Calvario, o 3 en Bouzas, o 4 no Xeral e o 5 en Alcabre.

Para os que deran chegado aquí, subín a AP9 para casa e despois de ler parte das miñas novas adquisicións vin a final de Fama (parte 1) Podo dicir que comecei vendo Fama porque lle gustaba á señora Colombo, porén hai xa tempo que a seguía dun xeito mais ou menos constante porque estaba enganchado xa eu só.

O lúns paseino traballando á mañá e pola tarde puxen a actualizar a versión 8.04 LTS de Ubuntu (Hardy Heron). Non vou falar aquí de Ubuntu que xa o fai Enjuto Mojamuto por min, só dicir que tardou as de dios, moitísimo mais que baixar a iso e instalalo a saco, ainda que coa vantaxe evidente de que todo estaba xa configurado ao meu xeito, con todas as miñas aplicacións habituais instaladas.

Mentras acababa de baixarse a Ubuntu tiven tempo de ver a 2ª parte da final de Fama, que rematou á 1 e media da mañá.

Relendo o texto vexo que é algo coñazo, porén vai quedar así. Noutro momento porei ligazóns e pode que mesmo algunha foto, agora vou ver House. Semella que son telespectador de novo. Xa había tempo que non!  :lol:

Chuzame! chuzame -

Se lles interesa, non teño nada mais que engadir a isto.

Chuzame! chuzame -

Non estou a dicir parvadas, refírome ao programa redes de la2, o de Eduard Punset. De agora en diante podese ver xa on line en vimeo.

Cando comezou a súa andaina hai xa 12 tempadas alguén en TVE pensou que o título podía levar ó erro de pensar que falarían de mariñeiros e peixes, este dado anecdótico é unha pequena mostra do adiantado que este programa foi sempre.

Premios nobeis e moitos outros científicos de primeiro nível son entrevistados en redes.

Ademais nesta tempada o formato acúrtase até os 30 minutos, un tamaño mais que aceptabel para poder ver na rede, pequenas pílulas para estar ao día e ainda mais.

Se a calidade ten que emitirse mais tarde da 1 porque non ten audiencia agora é a oportunidade de que atope esa longa ringleira de interesados. Se de verdade existen, claro :lol:

redes.jpg

Vía: http://chuza.org/historia/a-12-temporada-de-redes-en-vimeo/

Chuzame! chuzame -

Hoxe botei a conta do que gastei nos últimos 12 meses en banda debuxada.

Non darei o importe, que é segredo, porén direi que foi demasiado. Ainda que, coma diría o meu libreiro, comparado ca felicidade que aportou á miña vida, non foron cartos.

Aproveiten a desculpa e merquen hoxe algún libro se non o fan no resto do ano, e lembren que os libros de bd tamén son libros.

bd-vigo.jpg

E aproveito eu tamén o día para contar algo que nunca contara aquí, a miña profesión soñada cando neno era ser libreiro. Tamén valíame a de bibliotecario, porén a miña fascinación nacera (ademais de pola miña febre lectora infantil, que daquela lía todo o que caía nas miñas mans) o día que baixei ao soto da desaparecida libraría Arcova, nas galerías entre as ruas Isabel II e Colón. Aquela visión dunha morea de libros deixoume fascinado até hoxe.

Merquen nunha pequena libraría, cultiven a diversidade da oferta e apoien a alguén que puido cumplir un dos meus soños. :D

Chuzame! chuzame -

O 31 de maio disque vai haber unha xuntanza de blogueiros en Agolada. Coa pouca memoria que caracteriza a este país, será a primeira xuntanza de blogueiros. Debe ser que as anteriores eran xantanzas ;-)

A verdade é que o programa de festexos mete medo, hai unha chea de actividades, incluindo megafonía con palco e unha proxección multimedia na sobremesa. Estou certo de que o van pasar estupendamente con tantas actividades e probablemente batan o anterior record de asistencia de blogueiros, que non sei en que convocatoria foi :D

xuntanza-agolada.jpg

Anímovos a todos os que teñades blogue a achegarvos para facer unha crónica en condicións, e ainda estades a tempo de convencerme, ainda que penso que eu non vou ir porque para esas datas está previsto que a moruncha ocupe moito do meu tempo e non é momento para comprometerme un día enteiro (autobús incluido).

Se queredes saber mais do conto, aquí tedes o programa dos festexos que copio e colo do blogue da xuntanza.

11.30 Chegada á Praza do Concello de Agolada. Recepción con música do grupo de gaitas Bico da Balouta e da charanga infantil da banda.

12:00 nos Pendellos:
Saúdo e benvida a cargo da Asociación.
Intervencións libres dos blogueiros. (Saúdo, autopresentación, motivacións relacionadas coa xuntanza, lectura de poemas, etc.). Haberá megafonía e unha tarima-palco.
Poñencia sobre a actualidade dos blogs a cargo dunha ou varias persoas con experiencia neste tema (aínda estamos facendo xestións ao respecto. Publicaremos os nomes en canto os teñamos).
Intervencións musicais de Bico da Balouta, Charanga Infantil e A Zanfonista
Viños e petiscos.
Visita guiada polo recinto de Os Pendellos (Espazo que conta coa distinción de Ben de Interese Cultural).

14:30 Xantar de confraternidade no restaurante Agolada (estrada de Melide).
Proxección multimedia durante os postres.

17:30 Desplazamento en autobús ata o Sobreiral do Arnego en Carmoega (11 Kms de autobús). Percorrido a pé polo Sobreiral (máximo 4 quilómetros), zona protexida pola Rede Natura 2000 e declarado Lugar de Interese Comunitario (LIC).

19:30 Regreso aos Pendellos onde haberá varias actuacións musicais intercaladas coas palabras dos blogueiros que teñan a ben intervir.
Actuarán: Maruxa de Fuxan os Ventos, acompañada ao piano por Pablo Vázquez, director da Coral Polifónica de Agolada.
A Zanfonista (blogueira que cursa zanfona no Conservatorio Folque de Lalín).
Almudena Vidal (Guitarra) e Blanca Bello (violín), ambas profesoras de música e intérpretes na Xove Orquestra de Galicia. (Pendentes de que nolo confirmen)

Por último, as despedidas e deica o que cada un estime conveniente.

Pasádeo ben, e xa contaredes!

Chuzame! chuzame -

Cando era moito mais novo tiven bastante trato con Isabel Quintairos que estivo co meu grupo de amigos durante un tempo. Gardo dela algunhas boas lembranzas e outras das piores. E non mantiven o contacto para nada.

Deixando ao marxe a miña experiencia persoal, ela fixo parte dunha COPE mítica, que na miña nenez andaba bastante mais por libre do que poidades imaxinar se non a escoitábades. A COPE en Vigo dos 80 e a de Jiménez Losantos son o día e a noite.

E agora, despois de anos sen saber nada dela, entérome de que Isa foi despedida pola COPE.

Tanto ten se foi pola súa homosexualidade (que eu descoñecía) ou pola súa ideoloxía política, calquera dos dous motivos parécenme indignos.

O xeito no que funcionan os medios de comunicación neste país é noxento, e non falo só por este exemplo. O dereito á información vai no lixo. Se queremos de verdade ser cidadáns non podemos andar cos ollos vendados, escoitando só o que tres ou catro decidan por nós. E para iso é importantísimo apoiar ós xornalistas fronte os seus patróns.

A súa independencia é a nosa única garantía.

isabel-quintairos.jpg

A foto é de Anxo Iglesias para El Pais.

Chuzame! chuzame -