Como saberán xa os que sigan o blogue, estou sen cámara. Por ese motivo non podo sacarme fotos para seguir o meme ao que amábelmente fun convidado con fer. Porén, ninguén dixo que as fotos tiveran que ser actuais.
Non, non vou poñer fotos na bañeira con menos dun ano. Existen, mais só analóxicamente e lonxe de mais para poder dixitalizalas agora mesmo.
Vou poñer unha foto do día no seguinte á homenaxe a John Balan en Pontevedra, (e do día no que coñecín a Snob por certo) na carballeira de Caldas, cultura quente ano 2006.

Que ninguén se queixe, que levo menos roupa do que fer. Ainda que recoñezo que o seu encadre era mellor, pero é claro que non fun eu o que sacou a foto.
Para compensar poño outra na que saco as pernas

Prometo poñer outra na que se poidan aprezar mellor as proporcións entre as pernas e o resto do corpo cando volva ter cámara (se é que non o esquecedes antes
) Ainda que o verdadeiramente revolucionario sería que sacara a miña cara, non si?
Convidar a este meme podería traerme problemas na casa se o fixera con catro ou cinco blogueiras, polo que serei políticamente correcto e farei coma co das mmmúsicas, convidando ao fodemillo e igual deixan que vexamos se teñen bo tipo: arrais, gaudeatrix, as minhas mulleres, as crónicas do palleiro e colixo.
A ver se aproveita o fodemillo a desculpa para erguerse de novo desde a súa tumba.
chuzame - 

queremos ver máis carne, por dios!!! ou como escribiu fer, “mais profundamente”

Said por oko 8 Abril, 2008 at about 10:55 pm
Isso, isso, mais carne
Said por Prosciutto 9 Abril, 2008 at about 12:06 am
aparte da carne, están algo caducas, eh?
De paso, lembráchesme uns tempos moi felices para min.
Saúdos!
Said por besbe 9 Abril, 2008 at about 2:04 pm
Podo prometer, e prometo, que haberá mais carne.
Said por ghanito 10 Abril, 2008 at about 9:51 pm
Carne de porco!
:D
Aum! Os dous somos do clube dos pilosos!
Said por odemo 19 Abril, 2008 at about 12:27 pm