Ducias de novidades enchen os andeis das librerías especializadas en banda debuxada. Co gallo do saló de Barcelona as editoriais sacan unha chea delas e os afeccionados dubidan se quedar na casa polo medo a sucumbir á tentación ou tirar dun préstamo para poder facer as súas compras desexadas.
Eu mentras paso o mes alonxado da tenda e aproveito para ir esgotando as miñas reservas particulares. Entre as que ainda estaba a medio ler Predicador de Garth Ennis (do xa falei hai tempo cando lin The Boys) xa é unha obra que ten bastantes anos, só direi que mola moito.
E últimamente leo unha chea de cousas de Ennis, ademais das dúas que citei e da serie de Midnighter que teño eu, Zeke contribuiu ó meu desfrute prestandome a súa recente etapa en Punisher e onte mandoume polo meu irmán un feixe de cousas de Ennis:

Este rapaz está a gañar o ceo comigo
(ainda que eu prestáralle arrugas de Paco Roca que é unha pasada, moi emocionante, mesmo fai chorar )
Polo de agora lin The Pro, a historia dunha puta que dun día para outro recibe superpoderes (Só direi para dar pistas que a oralidade que aparece nesta obra non precisa traducción e que é tan desmadrada coma poidades imaxinar, ou mais) e agora estou lendo a miniserie de Nick Furia da esquerda.
Naturalmente, aproveitei que o meu irmán viña para encargarlle tamén que me trouxera 3 números mais de Bokko (até o 4), algo de fábulas e o último de ex machina (o mínimo para ir tirando) e tivo o detalle de traerme un agasallo de aniversario, desocupado e un de Turuto, El Salon. Grazas aos dous
E como vexo que estou pouco inspirado non vou escribir mais e marcho ler.
Por certo, hoxe á tarde pasei mais tempo no facebook ca nunca. Dani, I’m not leaving facebook (yet)
Por certo, recén atopei Tre Pro na rede en descarga directa.
Aquí http://www.badongo.com/file/4317710
Said by ghanito 16 Abril, 2008 at about 9:06 p.m.
É tempo de celebracións! Ghanito ainda resiste!
Said by Dani 16 Abril, 2008 at about 9:30 p.m.
Aun quedaron algunos de Ennis en la recamara.
Ya te los pasare.:-)
Said by Zeke 17 Abril, 2008 at about 6:11 a.m.
BIBA GARENIS!!!
Said by Snob 17 Abril, 2008 at about 12:04 p.m.
As histórias do Ennis son-che todo canto Holywood promete mais não fai. Diosa tem cenas ridículas e pavorosas ao tempo como a satira da Estatua da liberdade ou a morte com porta-bandeira:
«Dadme a vuestras pobres y cansadas masas que ansían respirar libres… ¡Y enviaré a esos cabrones al Bronx, donde no encontrarán trabajo y acabarán vendiendo bencina para encendedores.»
Sei dumha biblioteca onde teñen The Pro o alcance dos nenos.
Said by Ismael 21 Abril, 2008 at about 7:42 p.m.
Conhecem mais blogs galegos sobre banda desenhada, manga ou comics books?
Said by Ismael 21 Abril, 2008 at about 7:45 p.m.
Eu recomendo vivamente http://unollodevidro.blogspot.com/
adícase só á crítica de banda debuxada e ten bastante mais criterio do que eu. Ainda que as veces non concorde con el nos gustos
Nunca entenderei por que non é mais coñecido ese blogue.
E de autores, http://homedareia.blogspot.com/ que é o autor da imaxe da miña cabeceira.
Galegos mais en castelán hai outros, eu sigo http://bandadeseada.blogspot.com/ que é o blogue da tenda na que merco, mais fai unhas estupendas reseñas que poden server coma guía de lectura.
Said by ghanito 21 Abril, 2008 at about 8:31 p.m.
Grazas!
Said by Ismael 22 Abril, 2008 at about 9:41 a.m.
«Nunca entenderei por que non é mais coñecido ese blogue»
Sendo como son multimillonario, quen quere ser coñecido? Graciñas por me recomendar!
Said by Ollo de Vidro 22 Abril, 2008 at about 12:36 p.m.
Outro máis que caeu nas redes de Bokko… se é que este Melo inflúe en nós como lle dá a gana…
:p
Said by mirinho 23 Abril, 2008 at about 4:04 p.m.
[...] seu día pouco contei de arrugas, só unha mención de paso no medio dunha chea de outros nomes. E a verdade é que merece deterse [...]
Pingback by Apocalipse do porco » Vellez e BD 16 Xuño, 2008 at about 1:05 a.m.