Ducias de novidades enchen os andeis das librerías especializadas en banda debuxada. Co gallo do saló de Barcelona as editoriais sacan unha chea delas e os afeccionados dubidan se quedar na casa polo medo a sucumbir á tentación ou tirar dun préstamo para poder facer as súas compras desexadas.
Eu mentras paso o mes alonxado da tenda e aproveito para ir esgotando as miñas reservas particulares. Entre as que ainda estaba a medio ler Predicador de Garth Ennis (do xa falei hai tempo cando lin The Boys) xa é unha obra que ten bastantes anos, só direi que mola moito.
E últimamente leo unha chea de cousas de Ennis, ademais das dúas que citei e da serie de Midnighter que teño eu, Zeke contribuiu ó meu desfrute prestandome a súa recente etapa en Punisher e onte mandoume polo meu irmán un feixe de cousas de Ennis:

Este rapaz está a gañar o ceo comigo
(ainda que eu prestáralle arrugas de Paco Roca que é unha pasada, moi emocionante, mesmo fai chorar )
Polo de agora lin The Pro, a historia dunha puta que dun día para outro recibe superpoderes (Só direi para dar pistas que a oralidade que aparece nesta obra non precisa traducción e que é tan desmadrada coma poidades imaxinar, ou mais) e agora estou lendo a miniserie de Nick Furia da esquerda.
Naturalmente, aproveitei que o meu irmán viña para encargarlle tamén que me trouxera 3 números mais de Bokko (até o 4), algo de fábulas e o último de ex machina (o mínimo para ir tirando) e tivo o detalle de traerme un agasallo de aniversario, desocupado e un de Turuto, El Salon. Grazas aos dous
E como vexo que estou pouco inspirado non vou escribir mais e marcho ler.
Por certo, hoxe á tarde pasei mais tempo no facebook ca nunca. Dani, I’m not leaving facebook (yet)








