Vou tentar ser obxectivo, así que terei que dicir que a nosa filla é a nena mais bonita do mundo.
Supoño que algúns tentaredes poñelo en dúbida cando diga ademais que é cuspidiña ao seu pai.
O de que se asemella a min non o tedes que crer, só tedes que ver esta foto.

Para o de dicir que é a mais lista do mundo ainda non teño probas e teríades que fiarvos da miña palabra , así que polo de agora agardaremos a poder demostralo.
O parto foi longo, comezou ás 11 da mañá e rematou ás dez e media pasadas, así que a señora colombo estivo resistindo coma unha valente todo o día. Afortunadamente, a anestesia epidural, un avance nunca recoñecido cando se fai unha listaxe dos mellor inventos da Historia, salvouna da pior parte. Porén as primeiras catro horas foron de dores crecentes. Eu daquela estaba traballando, e para cando cheguei xa lle puxeran a epidural, só na cara de fatiga podía verse ainda o que pasara. Ainda quedaban por diante outras sete horas mais. Despois dunha gravidez complicada, con neumonía e ameaza de parto hai tres meses (que lle impediu recibir a formación para o parto) empuxou durante mais de catro horas coma unha campiona con cada contracción para evitar a cesarea.
Nesas horas tiven ocasión de decatarme que a moruncha naceu no mellor lugar posible. O persoal do Crsital-Piñor, nomeadamente as súas matronas, son incribeis. E o caso de Isabel é fora de serie. Lembrade isto que vos digo o próximo día que pensedes que os funcionarios son uns lacazáns. A profesionalidade, tenrura e agarimo foron excepcionais.
E o mellor momento, claro, foi o do nacemento. A señora Colombo non quería que estivera dentro porque tiña medo que eu caira ó chan, porén eu insistira. Ao final impuxose o seu criterio porque a complicación do parto así o aconsellaba. Poñerse sobre o seu bandullo empuxando con xente ao redor é mais complicado.
Con todo, entrei cando a nena acababa de nacer e xusto puxéranlla a señora colombo no peito. Foi tan emocionante que enchéronseme os ollos de bágoas (mesmo estou emocionandome agora ao lembralo). Collín a nena nese intre e foi o mellor do mundo. Púxenlle os seus primeiros cueiros e vestina.
E non hai mais que contar.
Vale, queredes unha foto para verlle a cara, non si?
Pois sen que sirva de precedente, aquí a tedes.

Supoño que o de hoxe non foi o que mellor escribín no blogue, porén abofé que foi o mellor que me pasou.
Mil e un parabéns!!
Penso que é das mellores novas que deu o blogomillo e contada así emociona a calquera!
Moitos estabamos impacientes por saber de Moru e agora que xa está connosco so queda dar a máis sinceira noraboa á nai e ao pai!
Que sexades moi felices!
PS: Ademáis de moi fermosa, non credes que ten a man en posición de golpexo cun palán imaxinario?
Dixo por Sak 24 maio, 2008 sobre 9:41 am
Noraboa Neno, asi me gusta. E lindisima. Unha aperta
Dixo por brigantium 24 maio, 2008 sobre 9:41 am
Moitísimos parabéns para vostede e para a señora Colombo.
Ten razón, é a nena máis fermosa do mundo, ninguén podería dubidalo, agradécese a foto da cara sen que sirva de precedente.
Hai que ver que limpiña ten a cara, non parece que pasase por un parto de tanto tempo.
Sorte e saúde para criala.
Dixo por X 24 maio, 2008 sobre 9:45 am
Enormes parabéns no día máis feliz das vosas vidas. Eu tamén acabo de emocionarme ao lerte porqu, aínda que me quedaba xa moilonxe, acaba de virme á mamoria de vez.
E o mellor aínda comeza agora!
Beixiños
Dixo por Leco 24 maio, 2008 sobre 9:56 am
Hui, que desastre! Vou repetir:
Enormes parabéns no día máis feliz das vosas vidas. Eu tamén acabo de emocionarme ao lerte porque, aínda que me quedaba xa moi lonxe, acaba de virme á memoria de vez.
E o mellor aínda comeza agora!
Beixiños
Dixo por Leco 24 maio, 2008 sobre 9:57 am
Parabéns. Agora poderemos ver a transformación deste blogue de Apocalipsedoporco a Paidemoru
Dixo por Marcus 24 maio, 2008 sobre 9:58 am
Parabenizados sexades os tres… é imposible non emocionarse léndote, Paidemoru. E a pequena non podía ser máis guapiña… disfrutádea!
Dixo por emereci 24 maio, 2008 sobre 10:03 am
Notáselle ben a baba a caer enriba do teclado (e con razón). Parabéns, compañeiro!
Dixo por Martin Pawley 24 maio, 2008 sobre 10:17 am
Noraboa
Dixo por aluguer 24 maio, 2008 sobre 10:18 am
Parabéns meu!!!!!
Dixo por Spav 24 maio, 2008 sobre 10:32 am
ENHORABUENA!!!!
Dixo por LordMaX 24 maio, 2008 sobre 10:44 am
Estamos contentísimos co nacemento da pequena, coida moito da nai, que seguro está moi cansa.
Parabens Emma, Roi Anxo
Dixo por Voloi 24 maio, 2008 sobre 10:45 am
Parabéns! Coide moito da señora colombo e da pequerrecha, e disfrute!
Milleiros de bicos!
Dixo por ascárida 24 maio, 2008 sobre 10:58 am
Parabéns por traer a este mundo a unha coruñesa (aínda que nacida en Ourense)
Dixo por mourullo 24 maio, 2008 sobre 11:35 am
¡¡¡¡ pero que afillada máis xeitosa teño!!!! Teño moitas ganas de collela no colo… Moitas, moitas felicidades rapaces… en ven vida ao mundo Moruchiña.
Dixo por Almu 24 maio, 2008 sobre 11:42 am
ourensá, como boa viguesa
parabéns, coide desa familia e déalle mimiños á sra. colombo, meréceos.
Bicos mil por facernos lembrar momentos tan felices
Dixo por opaco 24 maio, 2008 sobre 11:43 am
parabéns!
Dixo por anllo 24 maio, 2008 sobre 11:50 am
que dicir que non teñan dito xa outros… parabéns beizóns e todo o que xa dixeron nos comentarios precedentes.
Dixo por hda 24 maio, 2008 sobre 12:01 pm
Todo correu bem. E correrá melhor. E mais rápido ca o pai. Parabéns aos tres.
Dixo por calidonia 24 maio, 2008 sobre 12:03 pm
Parabéns! E na segunda foto já sai celebrando o Dia da Toalha! Isso é ser lista… e precoce!
Dixo por post scriptum 24 maio, 2008 sobre 12:05 pm
parabéns, parabéns (a meniña é certamente linda)
Dixo por kaplan 24 maio, 2008 sobre 1:13 pm
É lindísima! E isto ten mais valor vindo dunha muller desnaturalizada coma min, á que os recén nados lle dan un pouco de grima. Era de agardear, vendo o fermosa que estaba Mrs.Colombo naquela foto que colgaches.
Moitos bicos e moitos parabéns, papi.
Dixo por A Raíña Vermella 24 maio, 2008 sobre 1:15 pm
Mola mil!!
No perdon queria decir Felicidades!!.
Me alegro un monton.
Dixo por Zeke 24 maio, 2008 sobre 1:28 pm
Parabéns! Por certo, aínda que nacese en Ourense non lle poña nomes raros como Ismene ou Cléone… ou Modesta.
Dixo por Modesto 24 maio, 2008 sobre 2:41 pm
Parabéns, meu!!
Dixo por Berto 24 maio, 2008 sobre 2:52 pm
Parabéns, que anotacion mais bonita, que fotos mais preciosas!
Dixo por Arduina 24 maio, 2008 sobre 3:46 pm
ainda non se dixo dabondo, pero é vostede, son vostedes, os nosos herois do dia, e do tempo futuro!!
esa pequerrecha vai facer historia, abofe!!
Dixo por goretoxo 24 maio, 2008 sobre 3:53 pm
E ademais ten cara de estrela de cinema!!!
Dixo por Mario 24 maio, 2008 sobre 5:03 pm
parabéns! que bonita é!!!!!
Dixo por xorna 24 maio, 2008 sobre 5:17 pm
Mil “pare-béns”!
Moitas felicidades e moita fortuna para esta nova andaina da vosa vida!
Dixo por O Breogán de Gáidil 24 maio, 2008 sobre 6:24 pm
Ghanito, fixéchesme chorar, e recordar moitas cousas gardadas no baúl de fai oito anos. Envíote os meus parabéns, e sorte para que non te saia moi guerrilleira como a miña.
Un forte abrazo para a señora Colombo, que por experiencia sei que lle tocou a peor das partes.
Dixo por Carmen 24 maio, 2008 sobre 6:25 pm
Agardo antes que nada unha boa recuperación para a señora Colombo, e para a vosa pequena sorte e saúde, que é o que mellor se pode desexar para alguén que vén a este mundo.
Os meus parabéns para volos dous por facer unha pequena tan bonita!!!!
Dixo por jan 24 maio, 2008 sobre 6:28 pm
Solidarios parabéns de quen non hai tanto (vale, sete anos e medio, mais o tempo logo pasa, acredita) estaba nesa tesitura. Eu estiven no parto, mais non creo que vise moito máis do que ti, pois cando logrei ver algo claramente foi precisamente cando apañaron o neno e o colocaron alí acarón para limpalo.
Comprendo a túa maravilla. É algo que marca un antes e un despois.
Aperta.
Dixo por Alfredo Ferreiro 24 maio, 2008 sobre 6:30 pm
Benvida sexas, Mouru! E perdoa que use para me ccomunicar contigo o blog do teu papá, a ver se abres logo o teu propio e te unes ao noso marabilloso e familiar blogomillo. Biquiños á familia en crecemento.
Dixo por colixo 24 maio, 2008 sobre 7:03 pm
buah chaval, parabienes … pero a cienes, eh!
Dixo por berto 24 maio, 2008 sobre 7:39 pm
Unha nova que non pode deixar indiferente a ninguén e confirma a fertilidade do blogomillo.
Parabens aos papaiños.
Dixo por Paco Penas 24 maio, 2008 sobre 8:32 pm
Pois repito o comentario…
Noraboa á señora Colombo por soportar o parto que din que é a dor máis intensa que sofre un ser humano e tamén noraboa por traela tan ben feituca.
Comprendo a emoción do momento porque eu vivín ese momento e foi un momento dunha felicidade que non se vai repetir na miña vida.
Agora tocan traballos pero tamén ledicias e dar ata a vida por esa persoíña que vos apareceu.
Saúde para todos e … comeza a aventura !.
Dixo por paideleo 24 maio, 2008 sobre 10:21 pm
Poñéndonos clásicos e rancios, teño eu un rapaz que vai ser o acaído para esa nena tan bonita, aprezados consogros
Dixo por sHs 24 maio, 2008 sobre 11:52 pm
Parabéns, que a vida lle depare sorte, saúde, e felicidade á sua familia. Por certo, a sua calidade como fotógrafo é impresionante, acaba vostede de retratar a emoción que eu sentin, vai xa para cinco anos. O dito, desexolles moita sorte.
Dixo por paideuxi 25 maio, 2008 sobre 2:50 am
Parabéns para a nai, a nena e máis ti! Que cousiña máis fermosa!
Dixo por A do outro lado 25 maio, 2008 sobre 10:05 am
Moitísimos parabéns!! É preciosa a criatura.
Dixo por peke 25 maio, 2008 sobre 10:38 am
Parabéns à sra.Colombo e Ghanito!
Faço votos das maiores felicidades à menina (que é muito bela, por sinal).
Dixo por pepe 25 maio, 2008 sobre 2:17 pm
Moitos Bicos os tres!!! vaia sorpresa levamos dende este curruncho perdido da campinha inglesa, xa temos unha nova tauro no Abotepronto. Moitos bicos especiales para a senhora Colombo polo seu esforzo xa recompensado. Bicos bicos bicos. Araujo e Alonso
Dixo por Palonsfe 25 maio, 2008 sobre 2:24 pm
upppsss, trabuqueime…agora xa e tempo dos xeminis, non si??? jejeje.
Dixo por Palonsfe 25 maio, 2008 sobre 2:25 pm
[...] Maio 25, 2008 por pepe Foi tan emocionante que enchéronseme os ollos de bágoas (mesmo estou emocionandome agora ao lembra… [...]
Aviso (Pingback) por uma notícia há muito aguardada… « Novo mundo 25 maio, 2008 sobre 2:32 pm
N O R A B O A ! ! !
Dixo por mirinho 25 maio, 2008 sobre 2:49 pm
PARABÉNS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Dixo por oko 25 maio, 2008 sobre 3:05 pm
Moitisimas felicidades, alégrome que aínda que fose un parto difícil todo saíse bem!!
Que cousiña máis bonita trouxestes ó mundo, pódedes estar ben orgullosos, noraboa!!!
Dixo por Meig 25 maio, 2008 sobre 3:42 pm
Xa sabedes que estes días andamos nun subidón de emocións alucinante, e os vosos comentarios déronlle un pequeno pulo mais.
Onte a noite, no medio dunha noite de moi pouco durmir, linlle os vosos comentarios á señora Colombo e encantáronlle.
Grazas, moitas grazas a todos. Un por un, lin cada comentario varias veces con enorme pracer.
bicos meus e da señora Colombo.
Dixo por ghanito 25 maio, 2008 sobre 5:18 pm
Parabéns, mais xa postos podía chamarse Rodolfa, en honra ao Chiquilicuatre
Dixo por Andrés Milleiro 25 maio, 2008 sobre 7:26 pm
Ai que chusca! Parabéns!
Dixo por Prosciutto 26 maio, 2008 sobre 12:40 am
moitísimos parabéns!!!
a nena é preciosirma; dígocho eu, que vexo a todos os bebés feos.
Dixo por ra 26 maio, 2008 sobre 8:12 am
Pois sí que é linda, si!
Moitas felicidades, un biquiño moi forte.
Dixo por BD 26 maio, 2008 sobre 9:00 am
Aiiisss, pero que cousiña máis pequerracha!!!!!!!!
Super parabéns!!!
Así de principio parece unha bebé lindísima ^_^ e de seguro que cos meses mellora, así que estou convencida de que ha ser unha rapaza moi juapetona.
Moitas felicidades ao papá e á mamá, disfrútadea ao máximo que en canto vos deades conta xa está medrada e independizándose ;D
Abrazos!
Dixo por A rapaza do arco 26 maio, 2008 sobre 10:01 am
Espero non chegar moi tarde. ¡¡Parabéns para os pais!! Évos unha meniña ben feitiña.
Dixo por Ollo de Vidro 26 maio, 2008 sobre 10:26 am
Parabéns!, de seguro sí é o mellor que che pasou, nestes casos non se poden explicar os sentimentos nin con mil palabras.
Dixo por Mer 26 maio, 2008 sobre 10:57 am
… i esa é a empírica recompensa pola que as persoas que deciden ter unha filla en común non se arrepinten nunca e mesmo repiten.
Benvidos ao sorprendente, descoñecido e ilusionante mundo de ter unha filla.
Moitos parabéns e hala, a coidala e querela que é moito choio.
Dixo por a pirámide 26 maio, 2008 sobre 11:13 am
Cánto me aleda que fora todo tan ben! É ghuapísima, meu!!! Noraboa á Sra. Colombo, ó pai e máis ó resto da familia que tanto quero. Foi un post boísimo e moi emocionante. Parabéns e benvido ó clube. Bicos e apertas (repartide con sentidiño).
Anxo D, MJ, Lucía e Iago.
Dixo por Anxo D 26 maio, 2008 sobre 1:58 pm
Noraboa polo espectacular alumenanto dista futura gran palanadora da Conferencia Noroeste!!
Dixo por zimmer103 26 maio, 2008 sobre 2:39 pm
A falta de internet impediume saber ata hoxe que xa sodes pais, parabéns aos dous e dan ganas de comer a esa nena tan guapa. Por aquí din que vaias sacando os puros e as copas para a celebración e que a nena se parece un montón a ti, rimos de contentos ao ver as fotos.
Un montón de bicos e apertas para os tres
Dixo por besbe 26 maio, 2008 sobre 8:44 pm
Pois parabéns! E desfruta da nena máis bonita do mundo (Obxetivamente)
Dixo por Mr Tichborne 26 maio, 2008 sobre 8:58 pm
Relembráchesme momentos ben emocionantes que vivín xa fai case 10 anos. Disfrutadea moito (cando medre xa disfrutará ela de vos).
Dixo por Chousa da Alcandra 26 maio, 2008 sobre 10:07 pm
Máis que linnnnnda!!!!!
Parabéns!
Dixo por kate 27 maio, 2008 sobre 9:02 am
Moitísimos parabéns, para o pai ó que lle cae a baba con moitísima razón, para a valente da nai que pariu cousa tan bonitiña e con tantos traballos, e para a meniña que é tan fermosa e querida.
Dixo por Pilar 27 maio, 2008 sobre 10:07 am
Parabéns, tedes unha nena moi fermosa
Da gusto vela.
Apertas e un biquiño para a nena, xa dirás como se chama.
Dixo por Rifo I 27 maio, 2008 sobre 3:56 pm
Que cousa mais boniiiiiiiiiitaaaaa!
Dixo por odemo 27 maio, 2008 sobre 5:55 pm
[...] comentar no feliz acontecemento social do blogomillo, ou como queiran dar en chamar á chegada da filla do ghanito e mais da señora Colombo, da que o ghanito nos viña poñendo ao día desde novembro pasado cando [...]
Aviso (Pingback) por Opaco » Blog Archive » Moruncha & Co. 28 maio, 2008 sobre 6:42 pm
Meus parabéns, e tes razón, é a nena máis bonita do mundo.
Dixo por A Conxurada 30 maio, 2008 sobre 3:45 pm
Mira, se é cuspidiña ao pai non cho sei, pero que é a nena mais fermosa do mundo non quedan dubidas!!!!! É fermosa fermosa fermosa. Cando naceu Santiago todo mundo dicíanos que aproveitaramos ese tempo primeiro que pasaba moi rápido. Farteime de escoitalo e agora voucho dicir eu a ti: é tan intenso e tan emotivo e tan único… Noraboa! Son grandes tempos para vós os tres.
Dixo por torredebabel 31 maio, 2008 sobre 11:29 pm
Pero, pero, pero, pero… Pero qué guapa é! Alégrome moitísimo de que todo transcurrira tan ben (a pesares do día tan longo que tivechedes os tres). Sinto non vos ter felicitado antes, que supoño que ando noutros mundos últimamente, pero é de supoñer que vós agora SÍ estades noutro mundo, mecaghona… E que é de verdade moi moi guapa (e sei que a dúbida ofende, desculpade).
Que millóns de parabéns ós tres e xa sabes que cando lle comecen a saír os dentes non tes máis que chamar ;).
Bicos e apertas para os tres.
Noraboa Papi e Mami.
Dixo por Delavilla 1 xuño, 2008 sobre 10:20 am
Parabéns ontherocks, caro Ghanito.
Dixo por On The Rocks 20 xuño, 2008 sobre 12:49 am
[...] nova importante de hoxe é o nacemento da filla de Ghanito e, dende aquí, quero desexarlles o millor para a familia. Nós fomos a Santiago e puidemos pasear [...]
Aviso (Pingback) por Asegurándome de non perder » Blog Archive » maio2008 22 xullo, 2008 sobre 4:40 pm
[...] hai un ano, estábamos no [...]
Aviso (Pingback) por Apocalipse do porco » Aniversario 23 maio, 2009 sobre 10:39 pm