Xa está publicado o novo disco de Projecto Mourente: Kara.o.ke na Regueifa de balde coma sempre e tamén, desta volta en CD.

Deixovos, que acaba de baixarse e teño música que escoitar.

karaoke.jpg

Chuzame! A Facebook A Twitter

Comentara o outro día que redes estaba na  rede. Onte entereime que rtve.es ten unha beta pública.

Isto das Betas é algo que ten moita coña, todo o bo da rede ten que ser beta? Ten ese puntiño de modestia e ‘en construcción’ que predispón ao visitante a desculpar fallos, porén moitas veces para min sobraba.

A de RTVE é unha auténtica beta mentras non chegue esa manchea de horas antigas que disque están a dixitalizar. Polo de agora non se pode atopar todo, ainda que tampouco pescudei moito. Abondo para atopar Muchachada Nuí da semana pasada (que emiten tarde de mais para que o vexa no seu horario de emisión) que vin enteira e un par de episodios de Pocoyó que tamén estiven vendo.

Os videos teñen mais calidade do que o YouTube porque teñen o seu propio reproductor, non coma a RTP que sube os seus videos o YouTube (coma antes tamén facía TVE). A calidade permite ver os programas a pantalla completa

Entre esta novidade e o repaso que lle estou metendo aos videos de gato fedorento teño o meu cupo de televisión case cuberto na pantalla do PC. Agora mesmo completando a dose ás noites vendo Veronica Mars, aproveitando que a señora Colombo non está na casa para queixarse de que a vexa.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Imposible pedirlle mais á primeira tempada da LNB-NorOeste. A derradeira xornada foi vibrante até o final. tres equipos chegaron con catro puntos de diferencia: OS Xarutos en cabeza seguidos a dous puntos polos filloas de sangue e con outros dous menos os electrónicos.

A emoción na cabeza era tan evidente que moitas das carreiras dos equipos que estaban a desputar o título foron mais longas cas dos equipos que xa non xogaban nada. Eu, nomeadamente tiven unha tarde malísima e perdín dúas das tres carreiras e só empatei a terceira.

Curiosamente, xoguei as tres carreiras contra os filloas de sangue é á fin da xornada empatamos con eles sobrepasando os dous por un só punto aos xarutos que había moitas semanas que encabezaban a táboa.

Só con que eu fixera un punto mais, nós teríamos gañado a liga direitamente. :( Cousas do deporte.

Ollade unha imaxe do momento no que facían o reconto final.

No desempate, os filloas de sangue demostraron por qué foron o equipo mais en forma da parte final do campionato e  gañáronnos límpamente. Parabén, campións!

Vivíuse unha xornada algo mais tensa do que foi costume no resto da tempada porque os tres equipos da cabeza eran conscientes das súas posibilidades como finalemente quedou claro. Porén a tensión non impediu que o bo ambiente fora o mesmo de costume, imperando a deportividade e o xogo limpo.

Agora os filloas de sangue terán que defender a honra da conferencia NorOeste en Compostela fronte ó campión da conferencia NorLeste.

Despois de toda unha tempada pasando as tardes zoupándolle á billarda quédame mais claro que nunca que outro deporte é posíbel.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Vexo que tivo exito o da adiviña de onte coas fotos do Cinque terre feitas por pansaram, así que hoxe farei dúas cousas.

A primeira, para non esquecerme, recomendar que visitedes casa Mourente, onde xa dan unha proba do seu novo Prosciutto. Pequena sesión de kara.o.ke.

E a segunda, unha nova foto misteriosa. Desta volta vais ser moito mais doada, e xa víchedes que a de onte non tiña dificultades para moita xente. Como é tan, tan doada tedes que dicir cal é exactamente o lugar.

Aquí teredes que premer na imaxe para vela mais grande.

E non está tan lonxe coma Kuala Lumpur ;)

Chuzame! A Facebook A Twitter

Canto, canto tempo había que non xogábamos ás adiviñas!

Hai tanto tempo que só os mais vellos do lugar o lembrarán.

Así que hoxe unha que, para poñervos a punto, eu penso ha de ser bastante difícil.

Onde están tomadas todas estas fotografías? O autor de todas elas tivo o bo gusto de subilas ao flickr cunha licenza creative commons recoñecemento, compartir igual, ningunha obra derivada, porén dareille o debido recoñecemento cando sexa desvelada a ubicación, para que non vaiades dereitos ao flickr a mirar onde están tomadas.

A ver, sen medo, quen é o primeiro?

Chuzame! A Facebook A Twitter

A impaciencia na casa é mais que evidente. Todos agardamos que chegue a nena xa.

A que mais, a señora Colombo, que ten dificultade para comer e respirar ca nena tan grande xa no seu interior.

Na casa o cuarto está listo hai xa tempo para recibir a nena, e tamén aquí en Ourense, na casa dos seus avós fixeron a súa parte.

Este é o primeiro berce que vai ter a nena. Coas sabas que lle fixo a súa avoa de Vigo.

Pode que esta casa mude completamente os seus contidos nun futuro próximo, quedan avisados: mais cueiros e menos chuceiros. Ainda que a concepción da nena pasou á portada en Chuza!, non si?

Coma sempre, o tempo dirá que será de todo :lol: Igual hai que rexistrala en Chuza! cando naza ademais de no rexistro civil.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp