Hoxe lin 'Les petits ruisseaux' de Pascal Rabaté, Rio Abajo na tradución que editou Norma (19,5€).
Cheguei a este libro, coma tantos outros, guiado por Melo. Aconselloume que o levara para contrarrestar a tristeza que me puidera provocar Arrugas de Paco Roca [Astiberri (15€)]. Conclusión á que vexo que chegou tamén Álvaro Pons.
No seu día pouco contei de arrugas, só unha mención de paso no medio dunha chea de outros nomes. E a verdade é que merece deterse mais.

Entre outras cousas, porque nas últimas dúas semanas pedíronme recomendacións para agasallar banda tres persoas distintas e sempre foi a miña primeira recomendación. É unha aposta sinxela, porque é unha obra moi boa.
É a historia de Emilio, un home retirado enfermo de Alzheimer ao que ingresan nunha residencia de anciáns e tamén da xente que atopa alí. Trata a vellez con agarimo pero deixa un pouso moi, moi triste ainda que sen facer melodrama.
E Rio Abajo é a cara oposta da vellez. Porque hoxe ser vello non é sempre sinónimo de ser eivado, e non hai mais que seguir a Quin polos telexornais para ver que os vellos seguen tendo vida social. O da súa vida sexual non sae nos telexornais e tampouco na ficción que chega ás noso alcance decote. Existe ou non? Hai vida alén da viuvez? Paga a pena vivir conforme desaparecen as nosas compañas?

Dúas interesantes reflexións que non sempre seguen o camiño que poderíamos prever. E que chaman a atención porque non é moi frecuente que se trate o tema da vellez na BD, por iso non é de estrañar que todo o mundo as relacione. Para todo ten que haber tempo tempo, para unha guerra civil Marvel, para un coello samurai e para estes anacos de realidade.
Se ides ler os dous aconséllovos que sigades a mesma orde ca min: primeiro arrugas por se escapa unha bágoa e despois rio abajo para sorrir docemente rematar con optimismo.
chúzame -
Fai unha achega á conversa, sff.