Deixei onte o relato cando comezabamos a visita ós postos do Festigal.
Non o cortei porque quedara moito que contar, foi un pouco polo que xa dixen e outro pouco polo cliffhanging. Ainda que no meu caso non fago coma nas TV que meten unha chea de publicidade no medio.
Fixemos unha primeira parada no posto de GZnación, que ainda que mudara o director que tan amabelmente nos recibira o ano pasado seguimos sendo ben recibidos na casa, tanto por propios coma por arrimados.

Despois achegámonos á parte mais púramente cultureta, onde estaban as xente de Lonxa Cultural. Entre eles, o amigo Harvey.

Aproveitei para mercar o Galicia es una mierda dos Ataque Escampe (moi recomendabel, podedes atopalo na Regueifa de balde) e deixei o Kara-o-ke para mercar no Artenativa (a ver se coa desculpa vou).
Alí mesmo, compartindo o posto, estaban os herois de Asteleiro Editora (que se pode agardar dun grupo de poetas metidos a editores?)
Merqueille un libro do que oira falar pero non atopara nas librarías: Fume/Insomnio de Ruben Ruibal e Carlos Losada (Preguntando dixéronme que adoitaban distribuirse polos 'Centros Sociais' e xa entendín que non o dera atopado). Ainda non rematei fume (e iso que é moi breve) pero estame gostando.
Estre os traballadores do estaleiro estaba Mario, que aquí fala por teléfono e Lorena que tamén repartia folletos na alameda ó mediodía. Pola contorna do posto atopei a besbe que sae aquí na foto, non sae guapa pero terá que desculparme, que non lle saquei mais fotos ese día

estiven no posto de Urco e non merquei mais que unha chapa, que ainda teño pendente meterlle o dente a Planilandia. E o mesmo con Rinoceronte, a ver se me poño dunha vez co Xiro Postal. As cuncas de Rinoceronte tiñan unha pinta caralluda, ainda que non era o día para carrexalas no bolso e quedaron alí.
Visitei tamén o posto de ANT e a piques estiven de levarlle á moruncha Que desfeita! (tomei nota para mais adiante
)

Andivemos pola carpa ainda un anaco mais mentras algúns agardaban por Manolo Rivas

chegaron Goretoxo e o seu fillo

e estivemos facendo fotos con ilustres da cultura galega coma o Pai Sarmiento

ou da política coma o Marechal Pardo de Cela

Está visto que nos vale con ben pouco para pasalo ben
Pola mesma zona andaba Zero Vacas que este ano andaba moito menos liado e que lle botou un piropo a unha foto que lle fixera xusto un ano antes. Cando xa estaba sentindo a presión e non sabía coma encadralo ascarida botoulle un superpiropo a el e a presión esvaíuse

E pouco mais antes de marchar. Recoller agasallos de balde nos postos. (Sen caer na violencia da que fala fer no seu blogue) Mesmo estivemos no posto do software libre e xa non quedaba nada que coller
Atopamos a Peeler que se perdera no camiño cando cambiamos de lugar para xantar e fixemos fotos cun chapeu supergallego de coña. (con guedellas loiras e todo)

Tamén nese intre apareceu un historico do gando galego.

E marchei para casa. Despois da media hora que tardei en atopar o meu coche, que o Festigal sempre me desorienta ó marchar (non o viño, que boteino só pola chaqueta)
Remato cunha foto-conversa de móbil Lixo/Erronea

chúzame -


















