Acho que non son os manifestos o mellor xeito de acadar a normalización da lingua. Xa dixen hai case dous anos que parecíame mais efectiva a inclusión de porno na galega, e sigo pensando o mesmo, non hai mais que ver noutra franxa de idade o poder que tivo o xabarín.
Con todo, vou poñer aquí unha ligazón o manifesto da asociación de escritores en lingua galega inserida dentro da federación de escritores galeusca. Como non considero que eu mesmo sexa escritor, non son quen para asinar o manifesto, porén despois de o ler con atención por dúas veces considero que é moi sensato e non di nada que non sexa certo.
É mais do que podería dicir de outro manifesto que foi causa inmediata da aparición deste.
É un texto longo, mais paga a pena lelo enteiro.
chúzame - 

Co gallo de esto dos manifestos, unha interesante reflexión sobre o Manifesto pola língua común…
http://www.publico.es/espana/135707/lenguas/comunes
Said por meig 20 xullo, 2008 at about 10:21 am
Eu tampouco son escritora e asinei. Hai un apartado para “particulares” e eu penso que é interesante que os que temos traballos non relacionados diretamente coa lingua ou a literatura asinemos. Está ben que aparezan enxeñeiros informáticos, economistas e profes de matemáticas apoiando este tipo de iniciativas, senón semella que os únicos interesados no tema son os lingüistas e os filólogos.
Said por A Raíña Vermella 21 xullo, 2008 at about 10:13 am