Non foi sen tempo, tivo que haber tres chuzarrascadas nacionais para conseguir que a climatoloxía respectara o espírito nacional galego.
Onte todos glorificaban o noso clima galego e choraban coa emoción baixo a choiva. Por fin o sol imperialista abandonou o día da patria e puidemos todos mollarnos coma bos galegos.
Ou algo así.
Pero non todo ía ser marabilloso na chuzarrascada deste ano, cando chegamos ó noso proveedor oficial desde 2006, pulpería Pardo…
Non adiantemos acontecementos.
Primeiro hai que referir outros elementos inmutabeis habituais da chuzarrascada.
-Quedar no María Castaña
-Tomarlle unhas cañas.
-Comer algo con chocolate. Non se sabe se a preguiza ou o sobrepeso eliminaron esta tradición. Vendo o menú posterior suponse que foi a preguiza.
-Pasear pola Disneylandia nacionalista cara á Alameda.
Neste segundo punto de encontro agardaba Andrés Milleiro xunto a uns peruanos que tocaban uns temas épicos, ainda que en realidade ningún era o hino do Antigo Reino de Galicia como desexábamos.
-Asinamos en favor do tren de cercanías en Galicia. Se todos os que onte o defendían no Festigal o usaran decote abofé que RENFE trataría mellor os trens rexionais por unha simple cuestión de rendibilidade económica.
Nese intre xa estábamos fer, mourullo, dorfun, ascárida, spaviladiyo, opaco, Modesto, ifrit, Andrés Milleiro e mais eu, claro.

Nese momento chamou Sak, que agardaba por nós con Dabinho na entrada do Campus Sur e tamén Ictioscopio, que estaba a chegar.
Foi entón cando levamos a sorpresa de que a propiedade privada instaurárase nas mesas baixo as carpas do Festigal (WTF!). Na pulpería Pardo non había sito para tantos como éramos entre xente sentada e mesas ocupadas non sabemos por quen. Para o que estudara nunha bibloteca universitaria non hai que explicarlle a técnica empregada (ainda que desta volta nonempregaran libros e carpetas para reservar os postos)
Tras un momento de dúbida (e unhas cañas de pé aló na barra) enviamos exploradores na pescuda de un lugar onde comer cubertos da choiva (nacional galega). Resultou que había un sitio na carpa de Parrillada O’Barbas. No seu camión pódese apreciar a tradución galega de catering.

Alí comimos sen ningún problema de espacio, (ademais dos que xa estábamos) Calidonia (que foi e voltou durante a tarde), xorna (que tamén marchou taballar axiña levando a fer con ela), aranha (no seu estado tradicional das chuzarrascadas), berto e María (outra que tamén traballou o 25). O sentir popular dicía que as racións de casa Pardo eran maiores e mais baratas, non sei se era a saudade dos tempos pasados ou boa memoria. Eu non sabería dicilo. O que era un autentico coñazo era facer unha cola para o polbo, outra para o churrasco, outra para a empanada…

Maceirax pasou por alí co seu megáfono traendo a felicidade ós chuceiros menos discretos (non vou dar nomes) pero marchou despois de que Calidonia fixera un par de fotos da súa camisola.

E Snob chegou a tempo para o licor café

Sinalar para vindeiras ocasións (ós nosos veciños) que a epidemia de manolobenitismo non contribúe á estética do evento.

Despois do desgusto de que botaran media botella de viño tinto pola miña chaqueta (caeume mais por fora que por dentro en toda a tarde, abofé) e de ver un emocionante reencontro familiar…

… fomos dar o noso tradicional (aquí as tradicións nacen con facilidade e amoréanse) paseo polos postos do Festigal…
Pero isto vai quedar para outro momento, que agora vou botar unha soneca e se cadra bañarme na piscina. Xa seguirei.
Jajajajaja sabía que ías publicar as fotos dos cús dos dous fulanos aqueles
Said by Andrés Milleiro 26 Xullo, 2008 at about 4:56 p.m.
[...] Deixei onte o relato cando comezabamos a visita ós postos do Festigal. [...]
Pingback by Apocalipse do porco » Chuzarrascada ‘08 (parte II) 27 Xullo, 2008 at about 9:15 p.m.
Menuda merda levaba enriba, pido desculpas públicas a todos eses chuceiros discretos se é que violentei o seu bo karma
Said by maceirax 27 Xullo, 2008 at about 11:13 p.m.
[...] deste ano vai en dúas partes no sitio de costume, nas páxinas de sociedade do Correo Gallego, na Apocalipse do porco, acompañada de reportaxe gráfica. Eu, que non me quedei á segunda parte da Chuzarrascada, só [...]
Pingback by Opaco » Blog Archive » Chuzalipse 28 Xullo, 2008 at about 12:14 a.m.
A chuzarrascada nacional voltou ser un grande éxito!! Unha aperta para todos, sinto ter marchado de súpeto e non disfrutar máis convosco!
[na imaxe de Snob co LK podedes observar como bebe un auténtico etilista]
Said by ifrit 3 Agosto, 2008 at about 2:55 p.m.