E non, non é felices en Vigo, coma diría o finado do Leri, é Happy Together. Porque o xoves 10 e o venres 11 estiven vendo na casa de Pawley no CGAI parte do seminario Happy Together: cine e culturas pop. Poño ligazó ó programa aquí por se o apagan co tempo.

Claro que non puiden ir a mais da metade das sesións porque alguén ten que tirar do país. Nomeadamente agora que os multimillonarios tamén choran (ainda que non chorarán demasiado, coma sempre).

O xoves á tarde só puiden escoitar a conferencia sobre documentais musicais que impartiu Luis Hidalgo. Estivo moi ben, dinámica e didactica. Amosando pequenos anacos de documentais moi ilustrativos.

O coloquio tamén estivo ben, ainda que de todo o que alí falaron só lembro unha ’boutade’ de Jesús Palacios da que agora falarei. Iso e que Antonio Weinrichter estivo poñendo podre criticando (con bastante coña, todo hai que dicilo) a música de Joy Division e de Talking Heads.

O primeiro día Jesús Palacios falaba desde o público no coloquio cando dixo que en España (e Latinoamérica, ainda que isto era algo mais difuso) era imposible ser ‘moderno’ e mais concretamente ser pop, que había algo que el chamaba GRL Gen Recesivo Latino que era incompatibel co pop. Mesmo se alguén comezaba a amosar sinais de ser un artista ou músico pop, o GRL facía que voltara ó rego e fora tan rancio coma correspondía ó ‘solar patrio’.

Pero o segundo día, á tarde (as únicas sesións ás que eu podía ir) Jesus Palacios estivo falando de glam rock e cando chegou o debate estaba aló arriba, á dereita de todo nesta fotografía. Igual algún o recoñece, que era un dos frikis tertulianos das Crónicas Marcianas.

Eu non dixera nada o día anterior no coloquio, porén non concordaba coa súa teoría e segundo falaban fun tomando un par de notas. Non me parecía normal que dixera que Tom Jones era pop en Mars Attacks mais o Fary non o era en Torrente ou que Raphael non era un artista superpop, nomeadamente cando Raphael encaixaba tan ben no que el mesmo definía como o glam. E Camilo Sesto? se Jesucristo Superstar é un musical pop, el non é un artista pop? Ou que falara do cine de Bollywood coma algo pop para nós pero non para eles, para así xustificar dun xeito algo revirado que non podía ser pop ningún filme español.

Conclusión: el seguíu ó seu rollo convencido e eu tamén, que é como rematan estas cousas :lol:

Despois fun comer algo por aí con pawley e mourullo e despois leváronme a coñecer a outra casa de Pawley o manteca(vigués até nos erros) Jazz filloa, evento fundamental na miña conversión ó lado escuro integración na vida coruñesa (moito mais do que o padrón, claro).

Comimos un bocata na rua e fomos ver esa cousa horrorosa moderna construcción que puxeron no Papagayo, onde antes estaban as putas había outra cousa, de camiño cara ó 14!.

Alí estaban poñendo música os que participaran no seminario e pedímoslle a Jesús Palacios algo de Raphael, mais non o tiña.

E pouco durou a noite. Ás 3 ou así marchei co señor mourullo que tiña que erguerme a unha hora normal e xa non podía seguir bebendo licor café.

Para rematar vou retirar o que dixen no coloquio non vaia ser que alguén o lembre despois. Alguén na mesa dixera que o cine español podería desaparecer e pouco se perdía e eu dixen algo mais tarde que tampouco era moito o que se perdía se pechara a Universidade española.

Recoñezo o meu erro, a Universidade española non pode desaparecer, igual que non pode desaparecer o Festival de Ortigueira. E polos mesmos motivos.

Editarei isto se teño tempo, que habería que poñer algunha ligazón.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Solano López é un dos autores que xa están confirmados para a edición de Viñetas deste ano.

E quen é Solano López?

Pois entre outras moitas cousas, un dos criadores de El Eternauta. Se non coñecedes esta obra estades a perder algo emocionante, e ademais divertido.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Marquen o día en vermello nos seus almanaques.

Vale, xa a Xunta encargouse de que o día estea marcado en vermello, porén póñanlle vostedes unha marca mais ó día 25 de xullo.

Non, non o marquen coma o día da Patria, nin coma o día do Patrón das Españas, o 25 de xullo é o día da Chuzarrascada.

A xantanza a base de polbo, churrasco, viño, gasosa, LK e outras delicias dos usuarios de Chuza, por sorte non foi irrepetibel e o ano pasado pasámolo ainda mellor que o anterior.

Se un gran momento do primeiro ano puido ser a aparición do brownie feito na casa por Snob Megalove

brownie.jpg

…non cabe dúbida que o momento mais recordado do segundo ano foi o encontro co Quin (e a ráfaga de fotos, menudos modelos están feitos estes chuceiros!)

A chuzarrascada™ é un evento aberto a todos os membros de Chuza, (e en realidade ós non membros tamén) porque consiste en achegarse ao Festigal o día 25 para comer polbo e churrasco (normalmente na ‘Pulpería Pardo’).

Eis o segredo polo que Chuza mola moito mais que meneame, digg ou calquera outra rede social: nós comemos churrasco!. Se ainda non estiveches, estás a perder unha boa, e se xa estiveches sabes que non a debes perder.

Non deixes que che conten o que pasou, nen sequera ler a crónica na apocalipse do porco é tan bo coma estar alí.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Canto menos vexo a televisión mais penso que a programación non está mal.

ghanito (2008)

E viceversa (por desgracia).

Imaxinade o pouco que vexo da tele ultimamente que hoxe pasouseme un instante pola cabeza que entre todas as cadeas xuntas facían unha boa programación.  O problema sería que estaría repartida entre todas elas.

Porén o verdadeiro problema é que está repartida entre todas, pero á mesma hora. E se queres ver a tele todo o día morres co noxo que dan.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Moito do que recomendo aquí é froito do traballo ou a ocorrencia dos amigos. Hoxe non, e ademais vou recomendar algo que vos é tan puro mainstream que está no El-pais-punto-com.

E ademais coincide en animar á xente cunha das compras que xa dixen onte que ando planeando!

Se non seguides o blogue espoiler, igual esta entrada pode facervos cambiar de idea:

Tutorial para ver series en alta definición.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Estes días, ademais de estar na casa ca familia e ver a televisión mais do habitual para min (eurocopa incluida) pouco mais fixen.

O mais salientabel, seguramente foi estar o venres coa familia pelacha e dorfun na presentación de que la ciencia te acompañe, atraidos pola persoalidade dun dos editores do libro, que ilusamente dixo que se algún dia os ten, os seus fillos non terán Playstation. Abofé que non. Quen quererá unha antigualla coma esa nuns anos? haberá cousas piores.

Por certo, coñecín á Pelacha e estiven falando moito rato con ela. É encantadora. E mándolle un bico a Leco para mañá, que xa sabe ela por que é.Esta é a pelacha debuxando con moito estilo :-)

pelacha.jpg

Alén diso o mais importante do que fixen leva aparellado gastar unha gran cantidade de cartos:

1.- mercar un coche.

Desta volta non contei os meus padecementos. Porque ó contrario que opaco eu odio andar buscando coche. Todo reduciuse a pasar uns meses convencendo á señora colombo de que o coche que lle conviña era o que a min me gustaba e ningún outro.

Puiden levala ó meu rego e mercamos un Honda Jazz. Que leva matriculado desde o venres e ainda non o collimos! :lol:

Somos mais raros que diola.

2.- estivemos vendo un mac mini. Probablemente merquemos un mac mini e unha pantalla de 40» para o salón e un router para montar unha rede na casa co outro PC. Tamén é posibel que caia un disco externo de 1Tb, pero xa se verá.

O coche custou case 10 veces mais que o resto, pero dareille mais voltas á compra porque iso si que me gusta compralo :lol:

Xa vedes, paso o día repartido entre o meu papel de pai de familia e alienandome grazas ao consumismo.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp