Despois da longa noite do venres levanteime ás 10:15. Tanto asegurarlle á rapaza de prensa da Fundación que ía estar na rolda de prensa para non aparecer outra vez non podía ser, así que almorcei, acompañei a Ifrit á estación de tren e co tempo mais que xusto baixei ó centro.
Tan xusto levaba o tempo que cheguei ás 11.20 despois de deixar o coche no aparcadoiro do Cantón. Pensei que desta volta o garda de seguridade ía rir de min por Chegar puntual á hora que non era un día e tarde á hora correcta o día seguinte. A historia da miña vida.
Afortunadamente, ainda non remataran, abrironme a porta e entrei.
Había varias persoas no ‘público’, non sei cantas e tampouco sei cantos eran xornalistas. No momento que entrei, coloqueime cara atrás e detrás de David que estaba a preguntar a Mark Buckingham se ía seguir moito tempo con Fábulas.

Esa foi a derradeira pregunta e entón Portela dixo: Se ninguén ten mais que preguntar…
E entón empecei eu. (por se a algún non lle interesa a rolda de prensa, vouna marcar coma se fora unha cita, que é algo longa)
Preguntei un par de parvadas polas que tiña curiosidade.
A Buckinham pregunteille se tiveran moita presión editorial por parte de DC (da que fai parte Vértigo, onde se edita Fables) despois de que as vendas baixaran durante uns numeros despois de un bo comezo e até que chegou o arco ‘Animal Farm’. Explicounos que a baixada de vendas era algo habitual polo sistema de edición que teñen aló, no que fan unha edición moi longa do primeiro número (unhas 30.000 copias do primeiro número de fables) e despois editan en función das reservas previas das tendas. No seu caso ademais, DC apostara especialmente por eles, mantendo tiradas superiores ás demandadas, polo que cando comezou a funcionar o boca orella había exemplares abondo para satisfacer a demanda. Contou tamén que os tomos recopilatorios [formato que tamén están a publicar en España os de Planeta] estaban a ter moi boas vendas. Rematou dicindo que a súa editora Shelley Bond dalles moita cancha e filtraría a influencia da editorial polo que en todo momento traballaron con tranquilidade.
Unha cousa que me gusta saber das series é se a trama nace xa con comezo e final ou vai medrando polo camiño, desenvolvendo a historia a medida que a van publicando, e foi o que lle preguntei ós dous.
Luc Brunschwig dixo que tiña a idea de facer só dous albumes de La mémoire dans les poches: o primeiro centrado no pai da historia e o segundo no fillo, que é un novelista. Este fillo é escritor de ‘polar’, a novela negra francesa, e criou unha persoaxe dun detective que lle gustou ó propio Brunschwig. Rematou contando parte das historias dunha persoaxe criada á súa vez por unha persoaxe súa e iso non o tiña previsto, claro.
Ademais, despois de facer estes dous álbumes, pensaron que se cadra era xusto darlle un novo álbum á nai para que tamén puidera verse a historia desde a súa perspectiva.
Precisamente estas tres persoaxes están inspirados directamente na relación entre o guionista e os seus pais. A nai non sae moi ben parada no primeiro libro, o publicado recentemente en España, polo que lle preguntei se a súa nai lera xa a obra, e que opinara dela.
Rindo respostou que a súa nai levaba desde que fai guións pescudando nas súas obras por elementos tirados da súa realidade cotiá e, en troques, nesta obra da que sabía previamente que era inspiración directa, dedicouse ó proceso contrario: estivo salientado todo o que non era milimétricamente idéntico á realidade, co que quedou do mais tranquila porque di que ela non se recoñece na nai da historia.
Pola súa banda, Mark Buckinham comentou que Willingham tiña xa planificado para os arcos de fables un final desde o primeiro momento, ainda que sabendo como funciona o mercado americano era posíbel que non puideran desenvolvelo na súa totalidade. Concretamente, o arco final da historia é o chamado War & Peaces. E ese arco acaba de ser publicado nos EUA. (Sen dar tempo a que me puxera a chorar polo final da serie, continuou) Porén, en vista de que as vendas da serie están acompañando, tiveron unha reunión os dous (el e Bill Willingham, o guionista e criador da serie) e estiveron artellando historias que até agora foran aparcando para poder chegar ó final sen deterse de mais. Estas ideas deben darlles contido para alomenos catro ou cinco anos mais da serie. (respirei nese momento e fixenlle un aceno de ledicia sen agardar sequera pola traducción).
Despois disto xa parei de abusar e non preguntei mais nada. Acabamos e estiven un anaco chapurreando en inglés (e tres verbas nun francés que non falo, daba mágoa oirme!) con Brunschwig para darlle parabéns pola súa obra e desexar que editen pronto a continuación en España e saín correndo cara o Palexco para poñerme na fila das adicatorias.
Na fila vin como chegaba Aja cun camiñar peculiar e só tiven tempo a sacarlle esta foto

Dentro púxenme na súa cola con Pablo e Zeke, pero mentras eles gardaban o sitio fun onda Ka e Brunschwig (que apelido mais chungo de escribir, meu deus!) que case non tiñan ninguén agardando. Mentras facían unha adicatoria (longa e en fracés) non tiña a ninguén detrás. Nesta foto os dous libros son os meus.

Facendo unha super-demostración do meu dominio do francés díxenlles que non falo nada de francés (iso seino dicir en varias linguas
) e tamén díxenlles ‘cafe au lait’ fíxolle coña a Ka e rindo debuxoume un monigote nunha esquina da súa adicatoria dicindo iso mesmo: café au lait!.
Tamén lle contei que pola metade do seu libro estaba agardando a ver cando daban matado a Pier
Santi e Rocio, (matrimonio e residentes en Andalucía) fixéronme o favor de levarlle o meu exemplar de El Eternauta a Solano para que o adicara. Como ten xa 80 anos e está algo débil para unha sesión de debuxos, só asinou as súas obras.
De novo agardando por Aja atopei a Marcos Nine que xa estaba alí traballando de novo no seu documental (e despois da festa do día anterior). E outro dos que chegaron mais ou menos nese intre foi Ictioscopio. Outro fixo na visita anual.

Xa o tempo das sinaturas remataba, mais Buckingham tomou nota dos que quedaramos alí sen un debuxo e quedou con nós á tarde no Copacabana. Igual que fixera Larcenet hai dous anos. Foi moi bo detalle porque o pobre do home tiña o tempo para avión moi xusto e ainda así fixo uns debuxos estupendos a todo o mundo.
Para non pedirlle o mesmo que o resto, que lle estaban a pedir moitas Brancaneves e Lobos, pedinlle unha persoaxe secundaria: Geppetto. E encantoume como lle quedou.

A quen coñecín esa tarde agardando por Buckingham, foi á súa muller. Que non é inglesa nin americana, Irma é española! e ten un blogue no que conta a súa vida de comic. (por iso Buckinham vive en España)
Antes de ir ó Copacabana fomos comer ó Foster’s Turuto, Almudena, Xastriño, Santi, Rocio, Zeke, Pablo e mais eu. Un bo xantar friki que repetiu o lugar do ano pasado e moitos dos asistentes. E en troques de quedar a tomar café, fomos desfilando até El baúl de los recuerdos tenda que estaba aberta antes das seis mentras as casetas estaban pechadas.
Despois da sinatura de Buckingham din unha volta polas casetas onde atopei a fer, que ía co gato negro e outra vez a Ictioscopio pero xa non quedei á charla de Solano, ainda que tiña gañas porque turuto e Almudena leváronme aO Grove onde me agardában a señora Colombo e Moru.
Unha vez cheguei aló importoume ben pouco perder a charla, porque oín por primeira vez as gargalladas de moru (e non vos minto cando digo que, para min, iso foi o mellor da semana
)