Hoxe estou rouco de todo, case non podo falar. En realidade non debería falar nada mais no meu choio iso é imposibel.
Porén, a gorxa non me doe, só molesta un chisco, por iso esta tarde si que baixei, ainda que case co tempo xusto para a charla de David Aja e Daniel Acuña.
Antes diso cheguei ó final da presentación de Factoría K e deume un pouco de vergoña achegarme para falar coa rapaza da editorial (non cheguei a tempo de oir o seu nome) para darlle os parabéns polo traballo que están a facer e recomendarlles que se aproveiten mais da rede en galego para facer autobombo, que seguro que atopaban que lles fixera eco. Non o fixen porque hoxe non pensaría que son o típico friki, hoxe semellaba un tolo falando en susurros e pode que escapara ou algo pior porque tería que achegarme mais do que sería educado para que puidera ouvirme.

Teño o libro na man e ten unha pinta moi boa.
Despois chegaban David Aja e Daniel Acuña e con eles chegou o show. Estiveron moi simpaticos e enxeñosos, fixeron bromas, contaron algunhas anecdotas relacionadas do seu traballo en España e nos EUA. Daniel tamén comentou algo do seu traballo para o mercado francés.
Foi curioso ver coma a forma que ten cada un de relacionarse cos seus actuais compañeiros de traballo, semella moito mais directa a de David do que a de Daniel polo que contaron. Non vou tentar repetir as anecdotas porque non conservarían a coña, só sabede que perdíchedes algo moi divertido.

Mágoa que non houbera mais público, porque semella que a xente ainda non ten controlado onde está a sala onde se celebran as charlas. Por certo, non lembraba esta sala (na que xa estivera unha vez con Pawley e mourullo) e está moito mellor do que a sala do CGAI, así que debo retirar a miña suxestión do outro día. Se a xente acudira na mesma cantidade que no kiosko Alfonso sería case perfecta. O que si estaba no público, (ademais de moita xente do mundo da BD galega) era David de Zona Negativa ó que coñecera o ano pasado.

Despois din un paseo pola feira, fixen algo de gasto (non demasiado ainda que merquei algún por impulso) incluindo unha obra dun coñecido (que debuxa BD erótica. Ali atopeime con Marcus que andaba pola feira e probabelmente verei algunha outra vez estes días.
No último lugar onde estiven, xa case na hora do peche, dous libreiros comentaban o que eu temía xa o outro día: o cambio de situación está a afectar negativamente ás vendas. Se os cambios na ubicación van ser só este ano non pasaría nada, pero se a mantiveran no futuro sería unha mágoa. Lembremos que xente de toda Galicia e mesmo algúns de alén do telón de grelos visitan A Coruña coincidindo con Viñetas para mercar, ver as exposicións e de paso fan gasto na cidade. Ollade o que pensa Alvaro Pons sobre Viñetas.
Con respecto a asistencia de público, eu asistín á charla de Cruse e Ka e estabamos alí entre 20 e 25 persoas (e algúns eran da organización). O lugar é abondo máis axeitado que o faiado do Kiosco pero daba auténtica mágoa velo así, mesmo Miguelanxo fixo mención a esta circunstancia. E por certo, a charla estivo moi interesante.
Eu penso que Viñetas ten un problema de comunicación. Non entendo por que non fan trípticos coa ubicación das exposicións e o calendario das charlas, especialmente se consideramos que os distintos eventos se atopan dispersos pola cidade.
Dixo por Ollo de Vidro 18 agosto, 2008 sobre 9:44 am
E por certo, ainda estou a rumiar A Conta Atrás (¿Homenaxe a Europe?), libro que me parece irreprochable dende o punto de vista técnico (tanto por parte de Portela coma de san Juliàn), pero que me resulta difícil de valorar. Realmente o que me pasa é que se me fai complicado ler ficción sobre un feito tan próximo en todos os sentidos.
Dixo por Ollo de Vidro 18 agosto, 2008 sobre 9:49 am