Ainda que non o pareza pola escasa actividade no blogue, levo toda esta semana pasando as tardes só na casa sen sair.
Reparto o tempo entre a lectura de BD e o PC. Hoxe as dúas cousas ao tempo, porque merquei un PC de segunda man para os meus pais e estiven instalandolle Linux e o software que penso que mellor vai acaerlles. Por certo, non probara nunca o 'Elisa media center' e polo que estiven vendo hoxe esta bastante ben. Como nunca utilicei o Front Row non sei se estou a perder algo, e polo prezo, non hai cor.
Un dos motivos de que non escriba é que non me chama moito a actualidade, levo unha semana sen poder ver os noticieiros da TV. Lamento moito que morrera tanta xente, porén xa podían buscar algunha outra cousa que contar.
Disque o outro día Libia impediu que atracara un barco español cheo de inmigrantes que recolleran en alta mar, non sei en que quedou a cousa. Ainda que si que sei que houbo unha chea de incidentes con avións estes días.
E falando de morbo, non podo deixar de comentar a polémica que nestes días houbo na rede despois de que Martin pawley criticara unha obra de Caneiro. Non direi nin media palabra sobre unha novela ou un autor que nunca lin (só unhas páxinas de Ébora hai anos) defecto meu, claramente, e da miña afección pola cultura pop da BD mais que pola alta literatura. Neste momento hai unha chea de comentarios no blogue de Caneiro, algúns menos en dias estranhos e moitos menos no levantador de minas.
Repito que non vou entrar no fondo dunha polémica para a que non estou capacitado, mais hai comentarios que non me parecen moi axeitados, desprezado a rede coma via de comunicación comparado cos medios serios (que está a poñer en serio perigo de pervivencia) como fai Caneiro. E outros que non sei se están feitos en serio ou non, porque semellan esaxeradamente adictos e dan a sensación de ser unha parodia.
Ao final, sexa un accidente, sexa unha pelexa (dialéctica neste caso), disque o morbo sube as audiencias. E velaí o tedes.
chúzame -
Pero home, non me veñas con distingos clasistas. Non existe “alta literatura”, e se existe tamén pode atoparse na BD, e no cinema, e nos videoxogos… Outra cousa é que non teñamos tempo material para gastalo en tanta cousa. E si en polémicas da altos vos.
Said por Mario 28 agosto, 2008 at about 3:13 am
Ghanito: que é máis fácil para calquera publicar en calquera sitio de internet que nun xornal en particular é evidente. O que si vén opoñer o señor Caneiro é publicación seria a internet, e isto porque para el na Rede todo é igual de secundario, ou pior. É evidente que non sabe do que fala.
Said por Alfredo Ferreiro 28 agosto, 2008 at about 12:34 pm
“Daqui a menos de um ano vão desaparecer os posts das saídas nocturnas para os copos e para as festas aqui no apocalipse, mas fazer o quê?” dizia eu a 16/11/07 aqui: http://apocalipsedoporco.blogaliza.org/2007/11/13/comunicado-oficial-da-casa-ghanites/#comments
Não era praga, só saber feito de quem já viveu muito.
Mas adiante, que afinal trouxeste assunto polémico e o Mário pegou nele: alta literatura e BD.
Pois estou de acordo com a BD ser outra forma de “alta literatura”, no caso dou estes autores/títulos da minha preferência:
Comes/Silence; Hugo Pratt/Balada do Mar Salgado; Manara/HP e Giuseppe Bergman; Fred/toda a série Philemon…
um abraço
Said por pepe 28 agosto, 2008 at about 5:27 pm
Concordo que a BD pode ser unha clase de arte, igual que a literatura ‘pode’ ser arte.
Hai obra literarias e de BD que non son unha forma de arte ainda que si de artesanía, esas obras de consumo rápido que non pretenden mais do que o puro divertimento.
Esa era a diferenciación pola que incluo ese ‘alta’ diante, ben sei que a BD pode ser tan alta coma a literatura, acredito nelo.
Igual que acredito que publicar nun xornal unha columna non é sinónimo de calidade, sexa este impreso ou dixital. Tampouco do contrario, abofé.
) Alfredo é peneirar o bo, sen a axuda (ou o impedimento) dun criterio editorial previo.
O problema da rede, coma ben sabes benquerido (
Amigo pepe, eu acho que hai sitio para festas e crónicas na nova apocalipse, igual a señora colombo é a que non concorda
Said por ghanito 28 agosto, 2008 at about 10:32 pm