Desde o primeiro momento pareceume que a iniciativa de rinoceronte de publicar traducións ao galego era moi interesante, ainda que como xa sabedes non son eu moi lector de literatura. Iso non quere dicir que non a merque, non sei se é só cousa miña ou pásalle a mais xente, merco moitos libros que despois non leo ainda que o fago coa intención de lelos, claro.
Por iso aproveitei que hai uns meses a edición do libro de Sembène incluía un epílogo do muchachote grispálido Martin Pawley para levalo para casa.

Vivo nun barrio no que abundan os africanos. Son una exigua minoría, mais é doado atopalos pola rua. Unha tempada traballei no mesmo barrio e tiña trato con catro ou cinco senegaleses case decote, tamén coñecín xente da ONG ecodesarrollo Gaia, moi activa en prol dos inmigrantes. Mesmo criaron unha escola en Senegal[PDF].
Todo iso non fixo que coñecera ós senegaleses, porén deume pistas que acabaron de encaixar mentras lía O xiro postal, de Ousmane Sembène. Porque o xiro postal é un paseo por Dakar nos anos 60, polos seus arrabaldos e polas súas xentes, pola corrupción dos seus funcionarios, pola miseria e pola xenerosidade.
A novela é moi doada de ler, non chega ás 100 páxinas, con epílogo e todo. É ideal para unha fin de semana que non saibades o que ler. E abofé que cando a rematedes entenderedes mais ós rapaces negros que traballan nas ruas da vosa cidade.
A xente de Gaia contárame que os rapaces senegaleses mandaban á súa casa todos os seus cartos, que non aforraban nada para sair da precariedade e despois axudar mellor ás súas familias. Dicían que as nais chamaban ós seus fillos pedíndolles cartos, botandolle en cara que eles tiveran cartos e non mandaran nada a casa. Os mozos ás veces choraban de pena, e ese é o motivo polo que vedes rapaces vendendo na rua, facendo calquera choio de merda que vós nunca faríades.
Custabame entender que eles non aforraran para sair da súa mala situación antes de mandar todos os seus cartos a casa sabendo que ali destragaban todo en cuestión de días. Non podía entendelo.
Pero entón, chegou ás miñas máns o libro de Ousmane Sembène e vin, coma se fora por un buraco na parede, a vida do outro lado. Ben que foi hai corenta anos, pero dame que as familias aló cambiaron menos do que acó.
Grazas Pawley por 'forzarme' a ler o libro. Deixo para o remate unha frase que non ten nada que ver pero que lin agora mesmo no PDF de Gaia que liguei: A solidaridade é a tenrura dos pobos.
Agardo que algún de vós lea este libro, e abofé que non se vai arrepentir.
chúzame -
MEIN GOTT!!!… resulta certamente curioso e mesmo bizarro, que o insigne Herr Pawley poña en sintonía e coincidéncia literária a un melenudo do extrarradio cun aristócrata xermánico, pois certamente o libro de Herr Sembène foi do agrado deste Herr Graf, un delicado “minuette” estival dentro da gloriosa sinfonía anual que se pode atopar na variada e completa colección literaria de “Rinoceronte”, unha das máis gozosas e elegantes iniciativas editorias deste País dos últimos, longos ermos culturais anos.
Herr Graf Ferdinand Von Galitzien
Said por Herr Graf Ferdinand Von Galitzien 31 agosto, 2008 at about 4:54 pm
Grazas a vostede por lelo e antes por mercalo, aquela tarde que con certeza non esquecerá na vida.
Said por Martin Pawley 1 setembro, 2008 at about 12:52 am
É a crítica máis persuasiva e convincente que teño lido nos últimos tempos.
Said por lourixe 10 setembro, 2008 at about 11:46 am