Hoxe quedei toda a tarde na cama, durmindo e lendo un tomito de flash que me deixou zeke. A ver se así me recupero totalmente da gorxa para baixar mañá a viñetas.

Naturalmente a traballar si que fun e irei mañá :(

Hoxe perdín a charla de Olivier Ka, que podía estar interesante e a de Howard Cruse (ó que non lle lin nada), porén é mellor recuperarse que estragar a fin de semana.

O proximo día que baixe a ver se levo a cámara e poño algunha foto, que onte esquecin baixala.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Hoxe voltei ó traballo e ando algo mal da gorxa, porén fixen un esforzo hoxe á tarde e baixei ó centro para comezar o repaso ás exposicións en Viñetas.

Acompañado por mourullo decidimos ir camiñando. Boa idea porque aparcar é un coñazo, mesmo nos aparcadoiro. Ainda que chova algo. Aconsello ós que veñan de fora que zapateen o coche nun aparcadoiro ó chegar e non o toquen para nada. Se pode ser no que hai xusto nos cantóns moito mellor se pensan voltar carregados para casa coas compras.

Estivemos no Concello vendo a exposición de David Aja e Daniel Acuña e gustáronme. Especialmente a de Aja.

Despois fomos ó Palexco, onde coincidimos coas autoridades que estaban a inaugurar viñetas, incluíndo o alcalde, varios concelleiros, Miguel Anxo Prado, Carlos Portela e algúns dos autores convidados. Acompañados todos eles por parte dos membros da organización que se convirten no auténtico sangue que da vida a viñetas estes días.

No Palexco están expostos orixinais de cinco autores, mais destaca entre todos eles o percorrido ó que nos convidou Paco Roca pola criación de Arrugas: non deixedes de ir. Como non vai poder vir Á Coruña mandou uns post-it nos que foi anotando comentarios sobre os orixinais, páxinas desbotadas dun comezo alternativo, follas do guión, anotacións da súa investigación previa… boísimo!

Despois achegámonos ós postos das librarías ainda que estaba xa comezando a chover e custounos atopalas.

Non sei cal é a causa, mais este ano a situación das casetas cambiou. Normalmente estaban na beirarrúa, a altura do kiosko Alfonso. Ainda que este ano o lugar central ds actividades trasladouse ó edificio da Fundación Caixa Galicia, iso sería motivo para trasladar as casetas algo cara a confluencia do Cantón Pequeno co Cantón Grande, mais non para sacalas da primeira liña, onde serían visibeis con facilidade para os visitantes da Fundación.

Podedes ver con mais facilidade todo neste mapiña. En amarelolugares que xa non se empregan, coma o COAG, en azul as casetas e en vermello o resto.Fixádevos que está todo moi pertiño agás a exposición sobre os faros no Aquarium…


Visualizar o mapa ampliado

Agardo estar trabucado, mais penso que a nova ubicación non vai axudar ás vendas, e como non acompañe o tempo (algo anubado sen choiva sería o ideal) non sei se serán moi boas. E non sei tampouco se foi impresión miña ou había menos casetas do que o ano pasado (tentarei enterarme se podo).

Este ano o Concello semella moi centrado no da Torre de Hércules, porén agardo percibir nos vindeiros días o mesmo apoio que noutros anos deixaba ver con viñetas. Unha iniciativa xa consolidada e que da renome á cidade entre os afeccionados á BD en toda España. Case unha iniciativa urbi et orbe como lle gustaría poder dicir a algún coruñés emigrado en Roma.

E unha suxestión para os organizadores: non sería unha boa idea empregar a sala de proxección do CGAI (penso que non é empregada en agosto para proxeccións) para celebrar as charlas e presentacións? Dependendo da Xunta igual non era complicado, está moi perto do resto, ten unha capacidade mais axeitada do que o piso superior do Kiosko Alfonso e está mais preparado para a asistencia de público: butacas, estrado elevado, megafonía, pantalla, a sala ten dúas saidas e está nunha planta baixa. Haberá algún problema que impida utilizala?

cgai.jpg

Se non se pon pior a miña gorxa, mañá baixarei outra vez. Xa vos contarei.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Paso o día lendo banda debuxada, durmindo e asomándome moi, moi, moi pouco á rede.

É o que se denominan vacacións, ainda que no meu caso sexa unha baixa por paternidade.

Hoxe comeza a segunda (e última) semana e o ritmo de lectura (de BD) cada día é mais elevado, xa liquidei todo o que trouxen e tiven que pedir que me trouxeran mais da casa :lol:

Rematei de poñerme ó día con Fabulas mais algunha outra cousa e agora estou lendo ó tempo rising stars e bokko. Quédame pendente rematar a gamberrada de Hitman e igual darlle outra volta ó Eternauta.

Todo isto, no tempo que deixa a moruncha, claro.

Marcho, era só para que saibades que sigo vivo.

E a vindeira semana, volta ó traballo e viñetas na Coruña. Sincronizen os seus reloxos, amigos.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp