Cando Salvador Allende chegou ó goberno da República de Chile, as transnacionais norteamericanas viron que o seu negocio en Iberoamérica estaba en perigo se permitían que unha revolución socialista pacífica tivera exito económico. Por iso, desde o primeiro momento conspiraron por todos os medios que tiñan ó seu alcance para impedir que isto ocorrera.
Ainda que a situación económica non conseguira arrancar polos impedimentos que se lle puxeran desde dentro e fora do país, o goberno aguantara co apoio popular. É ben coñecida a solución que finalmente adoptaron as forzas reaccionarias no lamentabel día 11 de setembro do 1973.
Actualmente, en España en xeral e en Galicia en particular hai unha liña de pensamento que mantén que o castelán corre perigo. Desde hai uns meses, se cadra xa uns anos, con toda a forza que permiten os medios de comunicación de masas estatais radicados en territorio monolingüe e os medios posuídos dentro de Galicia polo capital partidario do mesmo monolingüismo, estase a espallar a idea de que os nenos son educados só en galego e que están a perder a capacidade de se expresar en castelán.
Non vou tentar refutar esa idea, calquera que peche o xornal ou apague a TV e saia á rua pode ver por si mesmo a súa falsidade. O que mais me amola é a tendenciosidade con que se fan eses comentarios, o clima que se pretende criar, de enfrontamento entre as comunidades de castelán falantes e galego falantes. O conflicto é o mesmo de sempre, o castelán imponse pola vía dos feitos consumados, da imposición ‘educada’ e silenciosa: por exemplo, se vas ó notario e esixes un contrato en galego és un ‘repunante’ e ademais vas tardar mais que se tragas facelo en castelán.
O da lingua nas entrevistas de traballo vai por barrios, porque agora mesmo, falar galego nas cidades identifícate cunha determinada corrente ideolóxica, e iso pode perxudicarte nos mais dos casos. Cando o lóxico sería que falar poder galego e castelán fora un valor engadido para o traballador superior incluso ó de falar inglés para alguén que vaia traballar decote nunha comunidade bilingüe e dun xeito mais esporádico cos turistas. E non estou en contra de falar mais linguas, o contrario, estou a favor de falar mais, menos linguas falan os que só saben falar castelán e non galego (eles saberán por que non queren aprender unha das linguas da súa comunidade podendo). Entenderíase que en Canadá alguén considerara que o chinés é a lingua do futuro e propuxera eliminar o francés dos plans de estudos susituíndo o seu estudo polo do chinés? Que é mais valioso en Canadá, falar francés ou falar castelán, que ten mais falantes en todo o mundo?
Igual que en Chile unha campaña atacou a economía, agora hai unha campaña que xa callou na poboación: o galego acaba co castelán. Da igual o absurda que sexa a idea, xa acadaron o seu obxectivo, parece que se defendes o galego da morte és un opresor, mentras que se defendes o castelán no seu progresivo avance és un loitador da liberdade.
Mais:
Vieiros, Brétemas, Mario, Leo, Pawley, Xabier P. Docampo, Calidonia.
Si, e despois está isto de pretender falsear a historia con argumentos surrealistas, como que o castelán é un idioma preexistente tan propio do territorio como o galego. Como poden dicir semellante cousa profesores de instituto? Nen a escola franquista se atreveu a tanto. No fondo gostei tanto da proposta do Leo porque asume que xa non existe ningunha lóxica argumental que permita o desenvolvemento dun debate con esta xente: é como discutir con creacionistas: a única alternativa é a resistencia, non ceder nunca na defensa da razón.
Said by Mario 9 Setembro, 2008 at about 12:44 a.m.
[...] para saber máis: Ás barricadas, artigo de Leo Fernández Campos en Tempos Dixital. Carta aberta ao Club Financiero de Vigo, artigo de Xabier P. Docampo en Vieiros. Os blogs de Mario Regueira e Manolo Bragado. O de calidonia e o de ghanito. [...]
Pingback by días estranhos » Clubs financieros e augas embotelladas 11 Xaneiro, 2009 at about 1:34 a.m.