A escasa actividade con todo o que non teña que ver cun traballo do que nunca falo e unha familia da que non me deixan contar moito, fai que este blogue caia a uns niveis de publicación mínimos.
Porén non pensedes que eu non sigo aquí, estou aquí detrás, lendo os blogues que podo e desfrutando da moruncha.
Entre as cousas das que debería falar e non falo está a primeira xornada da liga da LNB noroeste este Domingo ás 17 na Zapateira ou do pase para blogueiros que van facer na Domus o vindeiro martes.
Pretendo estar nos dous sitios (na Domus se me convidan, que ainda non respostaron
) así que xa terei algo para vos contar.
Da crise económica xa moito se falou por aí, non vou achegar eu nada novo sobre os irmáns Lema, que afundiron o negocio da familia despois de non sei cantas xeracións. (Non sei como non apagaron xa esta páxina) Tampouco da revolucionaria socialización nos EUA, xa falara en ocasións anteriores do de socializar as perdas.
Unha pregunta: que é o porno para todos os públicos?
E para rematar: mañá traen o armario novo para a cociña, e disque este si que está frio dentro cando o enchufas á corrente.
Grazas por difundir a convocatoria. Seguro que disfrutas coa película. E, desde a dirección dos museos científicos, agardamos que sexa o início de novos contactos. Saúdos cordiais.
Dixo por Xosé Antón Fraga 27 setembro, 2008 sobre 10:13 am