Non lin o que se escribíu polo blogomillo adiante (se é que alguén está interesado polo tema) mais eu teño moi clara a miña opinión sobre o da Raiña Sofía.

Evidentemente Dona Sofía ten dereito a ter a opinión que desexe sobre calquera tema. Porén a Raiña non debe ter liberdade de expresión.

Ainda que, coma persoa teña as súas opinións acho que non debería poder expresalas en tanto que membro da casa de El-Rei. Igual que os xuices ou os militares teñen limitados os seus dereitos, con mais motivo a Raiña.

Decidiuse que a xefatura do Estado se trasmitiría de pais a fillos entre os membros dunha determinada familia. Só por pertencer a esa familia concreta teñen unha serie de relevantes dereitos económicos. Ademais, as opinións expresadas contra os membros desa familia poden ser calificadas en ocasións coma constitutivas dun delito específico criado para defendelos coma institución.

Se democráticamente decidiuse que certas persoas terían uns dereitos especiais ós que non poden optar o resto de cidadáns agás no caso de que entren a formar parte da dita familia e ademais esas persoas case non poden ser nin criticadas, non semella moito pedir que calen a boca e manteñan unha posición institucional.

Nomeadamente se opinan en contra de leis aprobadas democráticamente pola maioría dos representantes dos cidadáns. Os memos cidadáns que lles pagan por representalos.

Reciprocidade: Eu non me cuestiono para que te pagamos e ti non fas que lamente estar poñendo cartos para pagarte.

Chuzame! chúzame -

Despois de ler esta nova á mañá quédame mais que claro:

O de Antonio Lobato con Fernando Alonso é amor.

Chuzame! chúzame -

A señora que axuda coa casa ós meus sogros leva un par de semanas desfrutando da presenza da Moruncha e agora laiábase coa marcha.

A miña sogra comentoulle os nosos plans de quedar eu na casa coa nena durante mes e pico e entón esta señora respostou aliviada:

Ah, entón logo está de volta a cativa!

Non sei moi ben se é que pensa que non vou dar feito eu só coa nena ou pensa que lle vai  pasar algo malo. Abofé que o comentario non sería o mesmo, nen semellante sequera, se a que fora quedar coa nena fora a señora colombo.

Chuzame! chúzame -

Cada mañá no coche vexo o cartaz e penso que había de comentalo no blogue. E naturalmente, cando volto á casa como non o vexo esquezo comentalo.

Saindo da Coruña cara a Arteixo onda o Museo Unión Fenosa puxeron unha mensaxe que di Gracias por nada e adeus ó bipartito cas cores corporativas do PP.

Hoxe en La Voz aparecía esta imaxe do mesmo anuncio en castelán.

A verdade o que di o anuncio non é especialmente agresivo, porén pareceume que empeza a campaña atacando forte. O que non ten por que estar mal, mesmo podería dar bo resultado.

Algún viu o anuncio por aí? Parécevos que o PP vai dar mais caña da que outras veces agora que está fora do poder?

Chuzame! chúzame -

Preguntoume hoxe a señora Colombo se estaba enfadado con 'alguén de internet'. Preguntaba por que dun tempo a esta parte pasaba tan pouco tempo conectado á rede.

Non é certo. Non estou tan pouco, ainda que é certo que paso bastante menos tempo diante do teclado.

Agora estou pendente do azureus, leo os feeds con outro ritmo (ainda que acho que baixou tamén o ritmo de publicación de moitos dos que leo se cadra é certo o que din e que os blogues están a morrer e a xente escapou cara o nanoblogging e as redes sociais de outro estilo. Isto merece unha reflexión aparte ainda que fora breve) leo banda debuxada e vexo moitas series.

Se pensara que hai que ter un ritmo como o que eu mantiña antes, se cadra o mellor sería pechar o blogue. Por sorte teño o marabilloso exemplo de opaco ou juanjo con periodicidade diversa. Afortunadamente, non todos temos que traballar tanto coma Magago para manter un blogue.

Ainda así non penso que teña que poñer o mesmo aviso que ber.to

Se cadra pásame coma dicía Dorfun cando o coñecín, que agora gustáballe mais ler o que escribían os outros do que escribir el mesmo.

Poden ver vostedes que teños moitos bos modelos dos que tirar para poñerme ó lado e facer pensar que son caralludo. Venderse ben tamén é parte do asunto. ;-)

E para os que viñeran buscando os meus pequenos retallos vitais de sempre:

A moruncha leva dúas semanas (mais esta) na casa dos meus sogros para evitar levala xa a gardería, e colleu un catarro con febre e todo  :-(

A señora colombo está sendo introducida na secta de adoradores de google (con moi moderado suceso): o gmail a medias, e o reader estame custando ainda mais. Se vostedes se preguntan por que me preocupo por fomentarlle o uso do ordeador para o seu ocio tamén se preguntarán por que procuro atopar BD que lle guste. A resposta é semellante.

E o lúns 3 comezan as miñas breves vacacións que pasarei na casa coidando da moruncha. Fai parte da mesma planificación que inclúe tela estas semanas en Ourense, adiando o comezo na gardería até xaneiro. As breves vacacións rematarán o 9 de decembro. (Pretendo provocar algo de envexa con este dato).

Remato co da morte dos blogues. Igual que Xabier Cid dixera que o blogomillo morrera, agora en wired din que os blogues estan vellos. Ainda que o meu blogue semella medio morto, concordo mais ou menos co que di E Dans (este, non este).

Para min, os blogues para os que o ten fan parte do que Juan Varela chamou identidades de dominio público, que agora ademais incluen perfil no Facebook, no lastfm, no twitter, no lareta.net (se consigo entrar de novo), no flickr, etc. Mesmo se non és un vellote podes ter conta no tuenti.

Mensaxes de servizo público:

1.- agradecería un convite a tuenti porque teño curiosidade por ver a que se adica a xente que ainda é xove segundo os bancos. (xa que alguén a quen lle pedín unha non me fixo caso ;-) )

2.- pronto subirei fotos da moruncha ó flickr para aqueles que a señora colombo permite que as vexan.

Isto de escribir nun blogue era divertido, vou ter que facelo con mais frecuencia.

Chuzame! chúzame -

Onte estiven na mostra de Ciencia e Cinema e pasei toda a tarde vendo documentais.
O primeiro The Linguists era moi entretido e falaba de dous rapaces que percorrían o mundo estudando linguas en perigo de extinción para preservar a sabedoría que conteñen para o futuro.
Ademais, os dous protagonistas, os linguistas do título do filme, eran falantes dunha chea de linguas.

Agora estaba vendo esta interesante reportaxe en catalá da TV3 sobre a publicidade política ó que cheguei por unha ligazón de Quin.TV e cara a fin atopei este anaco que nunca vira.

Entón lembrei que o famoso experto sobre o cambio climático a estabilidade climática, fala catalá cando está na súa intimidade.

Esquecéramolo, porque dun tempo a esta parte estabamos afeito a escoitalo noutras linguas.

Con todo, o meu ansar preferido segue a ser este:

Que gran talento desaproveitado teñen na FAES.

Come back, José Mari. The world needs your skill and wisdom. Please.

Chuzame! chúzame -