Pois si, estou na casa e estoufo-dido.
O sábado fomos a unha festa sorpresa polo aniversario dun amigo e disque había algo en mal estado.
O domingo espertei con mal corpo, porén pensei que ainda era do catarro que veño padecendo estes días. Despois do exorcismo que vivín na noite do domingo pensei que xa non era catarro, que era unha destas gripes que atacan o sistema dixestivo.
Despois de facer un ‘reinicio completo’ ó meu sistema dixestivo e case deshidratandome, contáronlle á señora Colombo que seis mais dos que foran á festa estaban nun estado semellante ó meu (un deles unha rapaza grávida).
Hoxe non puiden ir traballar e arrastreime agora ó teclado desde a cama a pesar da febre por que estou moi mal, mais sobre todo estou aborrecido.
Mañá tampouco conto moito con ir traballar, ainda que levo varias horas bebendo Aquarius e conservándoo no corpo.
Agardo que sintan moita mágoa e que algún deixe unha mensaxe de compaixón

Moi ben, aqui mándoche toda a miña pena e compaixón.
Aínda que menos mal que non foron os petiscos de 3D, porque senón este post estaría replicado por cen.
Animo
Said by Sole 6 Outubro, 2008 at about 5:13 p.m.
Irene e máis eu non estivemos nesa festa e temos exactamente todolos síntomas incluida a febre…
Ánimo rapaz pouco a pouco
Said by aser 6 Outubro, 2008 at about 5:48 p.m.
Vaia, eu que lle pensaba propoñer ir ver unha recomendación de Pawley, pero xa ten vostede bastante padecemento, e non é cuestión de empeorar a cousa.
Said by mourullo 6 Outubro, 2008 at about 6:38 p.m.
!!
Essas cousas som malas de levar! Cuide-se muito, nom mova muito da cama e beba muita auga com açucar!
Said by odemo 6 Outubro, 2008 at about 6:49 p.m.
Vaia logo outra ración de mágoa, de compaixón… e de ánimo!
bicos
Said by emereci 6 Outubro, 2008 at about 7:40 p.m.
Pero se seguro que esto é unha escusa para non ir traballar!,claro,como na Coruña é festivo, pillaban!.
Said by serigami 6 Outubro, 2008 at about 7:58 p.m.
Nada, ho, macela, aquarius e cama e a desfrutar do día libre. Que se mellore!
Said by Mr Tichborne 6 Outubro, 2008 at about 9:50 p.m.
Esas cousas do estómago son ben malas. Eu estiven nunha voda en Polonia e o vodka tamén debía estar en mal estado que me sentou coma un tiro XDDD
E xa sabedes cal dos da foto foi o culpábel? XD
Said by ifrit 6 Outubro, 2008 at about 11:15 p.m.
Pois nada: ánimo e que sexa rápida a recuperación.
Said by paideleo 7 Outubro, 2008 at about 1:04 a.m.
Tranquilo mala herba nunca morre.:-)
Said by Zeke 7 Outubro, 2008 at about 6:22 a.m.
Esperamos que hoxe xa estés mellor
Saudos a family.
Apertas
Said by Patricia Formoso 7 Outubro, 2008 at about 8:42 a.m.
Agradécese, polo menos, o movemento de arrastre da cama ao teclado. Non se preocupe, un canapé non resulta mortal. Dillo unha que estivo doce días en Povisa por unha malvada vieira… recupérese
Said by feiranta 7 Outubro, 2008 at about 6:35 p.m.
A certas edades non compensa tanta festa sorpresa. A sorpresa era a bacteria esa que tes agochada no bandullo. Non arrimes á pequena polo que mais queras, que será ela mesma. Fai coma min. Vida monacal, meu. footing, Playstation e pouco traballo. Cremiñas pola mañá, cremiñas polo serán…sen mariconadas. O sishi é moi perigoso…
Said by Anxo D 8 Outubro, 2008 at about 2:58 p.m.
Mensaxe de compaixón nº 14. todo o que experimentou algo parecido e sabe que somos 80% de auga e 20% doutras merdas debe terlla. Parece que o Acuarius estáse convirtindo nun referente para as liquidacións gástricas…onde queda xa a auga de arroz!!
Said by roi buligan 14 Outubro, 2008 at about 1:02 a.m.
hahahah…adoro ler galego xD cumprimentos de Cascais (Lisboa)
e as melhoras
Said by Gonçalo 14 Outubro, 2008 at about 3:03 a.m.
eló? morreu o ghanito?
sr. colombo, prégase confirmación ou rexeite
Said by opaco 14 Outubro, 2008 at about 11:39 p.m.
[...] á miña situación física, da que non dixera nada desde o outro día, xa é boa. Non fun traballar tampouco o martes, porén o mércores xa empecei a levantar o país. [...]
Pingback by Apocalipse do porco » I Mostra de Ciencia e Cinema 15 Outubro, 2008 at about 3:38 p.m.