Onte estiven na mostra de Ciencia e Cinema e pasei toda a tarde vendo documentais.
O primeiro The Linguists era moi entretido e falaba de dous rapaces que percorrían o mundo estudando linguas en perigo de extinción para preservar a sabedoría que conteñen para o futuro.
Ademais, os dous protagonistas, os linguistas do título do filme, eran falantes dunha chea de linguas.

Agora estaba vendo esta interesante reportaxe en catalá da TV3 sobre a publicidade política ó que cheguei por unha ligazón de Quin.TV e cara a fin atopei este anaco que nunca vira.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/9mi92gOihUw" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Entón lembrei que o famoso experto sobre o cambio climático a estabilidade climática, fala catalá cando está na súa intimidade.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/9Sgty4Cey08" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Esquecéramolo, porque dun tempo a esta parte estabamos afeito a escoitalo noutras linguas.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/v6Ym8QWpaYs" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Con todo, o meu ansar preferido segue a ser este:

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/GCApXTDdoEA" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Que gran talento desaproveitado teñen na FAES.

Come back, José Mari. The world needs your skill and wisdom. Please.

Chuzame! A Facebook A Twitter