Preguntoume hoxe a señora Colombo se estaba enfadado con 'alguén de internet'. Preguntaba por que dun tempo a esta parte pasaba tan pouco tempo conectado á rede.
Non é certo. Non estou tan pouco, ainda que é certo que paso bastante menos tempo diante do teclado.
Agora estou pendente do azureus, leo os feeds con outro ritmo (ainda que acho que baixou tamén o ritmo de publicación de moitos dos que leo se cadra é certo o que din e que os blogues están a morrer e a xente escapou cara o nanoblogging e as redes sociais de outro estilo. Isto merece unha reflexión aparte ainda que fora breve) leo banda debuxada e vexo moitas series.
Se pensara que hai que ter un ritmo como o que eu mantiña antes, se cadra o mellor sería pechar o blogue. Por sorte teño o marabilloso exemplo de opaco ou juanjo con periodicidade diversa. Afortunadamente, non todos temos que traballar tanto coma Magago para manter un blogue.
Ainda así non penso que teña que poñer o mesmo aviso que ber.to
Se cadra pásame coma dicía Dorfun cando o coñecín, que agora gustáballe mais ler o que escribían os outros do que escribir el mesmo.
Poden ver vostedes que teños moitos bos modelos dos que tirar para poñerme ó lado e facer pensar que son caralludo. Venderse ben tamén é parte do asunto.
E para os que viñeran buscando os meus pequenos retallos vitais de sempre:
A moruncha leva dúas semanas (mais esta) na casa dos meus sogros para evitar levala xa a gardería, e colleu un catarro con febre e todo
A señora colombo está sendo introducida na secta de adoradores de google (con moi moderado suceso): o gmail a medias, e o reader estame custando ainda mais. Se vostedes se preguntan por que me preocupo por fomentarlle o uso do ordeador para o seu ocio tamén se preguntarán por que procuro atopar BD que lle guste. A resposta é semellante.
E o lúns 3 comezan as miñas breves vacacións que pasarei na casa coidando da moruncha. Fai parte da mesma planificación que inclúe tela estas semanas en Ourense, adiando o comezo na gardería até xaneiro. As breves vacacións rematarán o 9 de decembro. (Pretendo provocar algo de envexa con este dato).
Remato co da morte dos blogues. Igual que Xabier Cid dixera que o blogomillo morrera, agora en wired din que os blogues estan vellos. Ainda que o meu blogue semella medio morto, concordo mais ou menos co que di E Dans (este, non este).
Para min, os blogues para os que o ten fan parte do que Juan Varela chamou identidades de dominio público, que agora ademais incluen perfil no Facebook, no lastfm, no twitter, no lareta.net (se consigo entrar de novo), no flickr, etc. Mesmo se non és un vellote podes ter conta no tuenti.
Mensaxes de servizo público:
1.- agradecería un convite a tuenti porque teño curiosidade por ver a que se adica a xente que ainda é xove segundo os bancos. (xa que alguén a quen lle pedín unha non me fixo caso
)
2.- pronto subirei fotos da moruncha ó flickr para aqueles que a señora colombo permite que as vexan.
Isto de escribir nun blogue era divertido, vou ter que facelo con mais frecuencia.

fágao
(é que ten lector@s…)
Dixo por oko 28 outubro, 2008 sobre 9:48 pm
Claro que é divertido,
por iso escribimos, non?
parabéns polo blogue.
Dixo por fumador 28 outubro, 2008 sobre 11:18 pm
Hai que seguir sendo blogueiro clásico, date de conta, somos da vella garda! Poderiamos poñer no blogue SINCE 2005 polo menos!
Decataste de que “blogueiro”, que en teoría é unha palabra futurista, pode xa ir acompañada de “clásico”?
Dixo por Arduina 29 outubro, 2008 sobre 12:25 am
Claro que há blogues para todos os gostos e com objectivos muito distintos, mas um como o Apocalipse não se livra dos estados de espirito e mudanças de vida do seu autor (isto de ser papá, e pela primeira vez, tem muito que se lhe diga).
Mais importante do que a frequência dos posts, é a sua originalidade e pertinência, e isso, Ghanito, o Apocalipse mantém em absoluto.
um abraço
Dixo por pepe 29 outubro, 2008 sobre 9:04 am
Envexa…non moita. Tamén eu colleréi uns días en Novembro, 10, para ser exactos. No Nadal serán outros 10 ou 12. Só uns poucos elexidos poden vivir coma nós. Ó teu irmán non lle da moi bo rolliño que eu descanse tanto. Dí que lle sae moi caro…E a mín!
Non che esquezas de nós, Ghanito. Escribe o que sexa, pero escribe.
Dixo por Anxo D 29 outubro, 2008 sobre 3:13 pm
É o bo de cultivar as amizades, sempre hai alguén que che di algo bonito. Ainda que non o merezas.
Moitas grazas e muito obrigado.
E grazas, ademais polos tres convites que recibín para engadirme o tuenti. Por orde de recepción: Sak, emerecí e NeKRoMaNT.
Dixo por ghanito 29 outubro, 2008 sobre 7:27 pm