A envexa é mala conselleira. Despois de escoitar o audiocorreo que incluín no falabarato de hoxe e levando como levo un par de semanas pelexando co ruido que mete o infame micro que teño agora decidín imitar a Andrés Milleiro e facerme cun micro decente. Decidín mercalo sen agardar por ningún premio antes porque daquela ía quedar co mesmo micro para sempre.

Como sabía o micro que el tiña cometín o erro de collelo coma referencia de prezo e gastei un chisco mais do que debía. Cando chegue xa vos contarei se o gasto pagou a pena e xa diredes vós mesmos se a calidade de son mellora.

O micro é semellante a este da fotografía.

Na nova emisión de falabarato, (a ver se é a derradeira antes de que chegue o novo micro) falo dos diferentes sistemas de amortización de préstamos (mais sinxelo do que semella polo nome) e que coma novidade subín tamén en formato ogg ademais do mp3.

Remato ligando a referencia que fixeron en vieiros ao falangullo (con gran incidencia no número de visitas recibidas por falabarato) e a pequena entrevista que me fixeron para o portal galego da lingua. Non hai coma coñecer xente :lol:

Chuzame! A Facebook A Twitter

Igual que fan Calidonia e Brenlla deixo aquí anotado que cambio o plugin interno que contaba as visitas na Blogaliza.

Queda atrás o Counterize e probaremos o Statpress. A pinta é moi boa e semella que imos ter mais detalle do que tiñamos co counterize, ainda que o motivo fundamental do cambio son fallos que tiña levando a conta de visitas últimamente detectados por outros blogueiros.

Eu levo un tempo centrado en gravar sen moito ruido o falangullo coma para pensar no contador de visitas.

Dame mágoa deixar o Counterize por unha cuestión anecdótica: coincidíu a súa implementación cun momento no que tiña bastantes visitas e os que o activamos cedo collimos algo de vantaxe sobre os que o activaron despois, motivo polo que desde hai un tempo aparecía coma blogue mais visitado na Blogaliza. Non era por fachendear (que tamén, porque non deixo de ter as miñas debilidades humanas), era pola visibilidade que da estar de primeiro nesa listaxe de blogues.

Coma despedida deixarei aquí para a miña posterior memoria e curiosidade dos visitantes as estatísticas desde mediados de xullo de 2007 até hoxe a mediodía. Premendo na imaxe podedes ver as estatísticas no seu formato orixinal.

Aproveito para dar grazas a todos os que me visitades e ainda mais ós que non me visitades e ledes o blogue suscribíndoos á semente. Categoría que segue medrando (ós poucos).

Co tempo veremos o que da de sí o novo contador. Por se acaso eu sigo co statcounter (coma sempre) instalado.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Hoxe fan xa seis meses do nacemento da moruncha. E semella que pasou tanto tempo…

Podedes encher o resto con tópicos sobre felicidade, medrar moi rápido e todo iso. Millóns de persoas fixérono antes, porén de entre todos eses millóns de historias esta é a nosa.

Xa sabedes que as fotos da moruncha están vetadas pola sra colombo, así que porei unha miña con algo mais dun ano de idade. A foto (mítica entre a miña familia) na que saio xogando coas tarteiras.

Supoño que irán aparecendo mais fotos vellas no blogue porque collín prestadas na casa dos meus pais unha chea de fotos vellas para escanear.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Alédame que fagas esa pregunta porque xusto agora mesmo estaba pensando niso.

Seguro que ademais quererás que cho explique con música.

Como és…

Sorte tiveches en dar cun falabarato que non ten problema en falar do que non sabe.

Había unha vez unhas letras na publicidade…

Chuzame! A Facebook A Twitter

De hoxe en diante hai un falabarato mais na rede.

Declaro inaugurado este pantano podcast

falabarato

Non fai falla dicir que é unha beta-inauguración.

(o micro é cortesía de Turuto)

Chuzame! A Facebook A Twitter

O venres tiña unha cea en Compostela, e ainda que foi completamente moi diferente do que agardaba, paseino ben.
Disculparanme vostedes se non inclúo fotos do evento, mais baste dicir que foi unha cea dunhas 500 persoas, relacionada coa empresa e que o 90% dos homes levaban garavata para dar unha idea do evento. Digo que levaban porque eu non. E non foi por rebeldía ou por reivindicar o meu tempo de lecer, o resto estaban mais ou menos aconsellados de levala e eu non recibira o correo na casa avisando. Francamente, mellor asi  ;-)

Antes de ir cear pasei por unha casa que nunca visitara, a dos rapaces da foto.

Tododiós Algún os coñecerá xa, son Berto e María da navalla Suiza.Para os que non os coñeza son igual de riquiños que semellan na foto.
Tivemos unha longa conversa sobre frikadas centrada especialmente nas series de televisión (xa baixei onte todo gossip girl, que son moi ben mandado), comentaronme sobre algunha pequena viaxe que van facer en brevísimo con algúns outros coñecidos, e mais cousas.
Foi unha mágoa ter que marchar á cea.

Por iso, e coma tiveran o detalle de deixarme meter o coche nun recanto do seu garaxe (nunca probara ainda un garaxe con ascensor en vez de rampla) voltei o sábado para almorzar por aí con Berto e falar sobre as cousas nas que están a traballar agora mesmo.

Xa case cando marchaba para casa déronme unha idea para facer un podcast, que era algo que andaba buscando hai tempo, un tema do que adoito falar moi a miudo e con moita xente distinta.

Se notades algo raro na forma do post igual é porque o fixen co editor para blogues do flock, que volvín instalar hoxe e levo un cacho configurando.

Blogged with the Flock Browser
Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp