Igual que fan Calidonia e Brenlla deixo aquí anotado que cambio o plugin interno que contaba as visitas na Blogaliza.
Queda atrás o Counterize e probaremos o Statpress. A pinta é moi boa e semella que imos ter mais detalle do que tiñamos co counterize, ainda que o motivo fundamental do cambio son fallos que tiña levando a conta de visitas últimamente detectados por outros blogueiros.
Eu levo un tempo centrado en gravar sen moito ruido o falangullo coma para pensar no contador de visitas.
Dame mágoa deixar o Counterize por unha cuestión anecdótica: coincidíu a súa implementación cun momento no que tiña bastantes visitas e os que o activamos cedo collimos algo de vantaxe sobre os que o activaron despois, motivo polo que desde hai un tempo aparecía coma blogue mais visitado na Blogaliza. Non era por fachendear (que tamén, porque non deixo de ter as miñas debilidades humanas), era pola visibilidade que da estar de primeiro nesa listaxe de blogues.
Coma despedida deixarei aquí para a miña posterior memoria e curiosidade dos visitantes as estatísticas desde mediados de xullo de 2007 até hoxe a mediodía. Premendo na imaxe podedes ver as estatísticas no seu formato orixinal.
Aproveito para dar grazas a todos os que me visitades e ainda mais ós que non me visitades e ledes o blogue suscribíndoos á semente. Categoría que segue medrando (ós poucos).
Co tempo veremos o que da de sí o novo contador. Por se acaso eu sigo co statcounter (coma sempre) instalado.

statpress
Said by goretoxo 26 Novembro, 2008 at about 3:01 p.m.
Encántame ver estatísticas de webs, graciñas
Cando ande pola Coruña preciso convidarte a unha cervexa.
Apertas!
Said by Sak 26 Novembro, 2008 at about 4:04 p.m.
O que significa que moru é tres veces máis grande ca min
O statcounter de aí abaixo márcalle 120 mil. Desde cando? É proporcional ao que lle rexistrou o Counterize. Cal é a relación?
Said by calidonia 26 Novembro, 2008 at about 4:46 p.m.
eses 120.000 son desde o nacemento do blogue, cando cambiei de blogspot a blogaliza non puxen o contador a cero, púxeno nas visitas que tivera até daquela (desde entón o de blogspot segue a recibir visitas, porén a un ritmo moi inferiro, claro)
O counterize rexistra moitas mais visitas do que o statcounter, esas 120.000 non son visitas únicas en tanto que as 96000 do counterize nun tempo moi inferior si. Cargas totais de páxina o counterize rexistrou o triple na metade de tempo.
Esta resposta vai para Calidonia que a pediu
desculpade o resto por dar tanto detalle.
Goretoxo, grazas, xa o correxín
E Sak, cando veña avise e tomamos as cervexas que faga falla.
Said by ghanito 26 Novembro, 2008 at about 9:19 p.m.
Home…eu agrado que teñas inda moitas máis visitas, para poder gabae delo e para, como non poder estar nunha boa posición na listaxe de cadernos. Saúdos e a seguir adiante
Said by An 26 Novembro, 2008 at about 10:14 p.m.
Faltaba un detalle: As visitas únicas contadas polo statcounter desde que estou na Blogaliza (maio 2006) son 78.746 e anteriormente no blogspot tivera 3.568 en cinco meses.
Said by ghanito 27 Novembro, 2008 at about 10:43 a.m.