A envexa é mala conselleira. Despois de escoitar o audiocorreo que incluín no falabarato de hoxe e levando como levo un par de semanas pelexando co ruido que mete o infame micro que teño agora decidín imitar a Andrés Milleiro e facerme cun micro decente. Decidín mercalo sen agardar por ningún premio antes porque daquela ía quedar co mesmo micro para sempre.
Como sabía o micro que el tiña cometín o erro de collelo coma referencia de prezo e gastei un chisco mais do que debía. Cando chegue xa vos contarei se o gasto pagou a pena e xa diredes vós mesmos se a calidade de son mellora.
O micro é semellante a este da fotografía.
Na nova emisión de falabarato, (a ver se é a derradeira antes de que chegue o novo micro) falo dos diferentes sistemas de amortización de préstamos (mais sinxelo do que semella polo nome) e que coma novidade subín tamén en formato ogg ademais do mp3.
Remato ligando a referencia que fixeron en vieiros ao falangullo (con gran incidencia no número de visitas recibidas por falabarato) e a pequena entrevista que me fixeron para o portal galego da lingua. Non hai coma coñecer xente

Carafio!
Eu merquei o que tiña por temas de que un amigo catalán podcaster o vendía e saíame co pé bastante ben de prezo
Parabéns, se precisas axuda dalgún tipo editando ou demais avise!
Said by Andrés 27 Novembro, 2008 at about 1:58 p.m.
Sorte co novo micro
Saúdos
Said by An 27 Novembro, 2008 at about 3:18 p.m.
Boa iniciativa!! Parabéns
Said by galempresa 28 Novembro, 2008 at about 3:43 p.m.
madremia…!
Said by goretoxo 2 Decembro, 2008 at about 10:31 a.m.
é um bo micro, o técnico de son que gravou ao meu grupo empregaba ese micro pra as voces e para as guitarras
Said by domato 10 Decembro, 2008 at about 2:18 p.m.