Circula pola rede unha proposta de boicot á entrevista de Julián Muñoz en Telecinco (disque este venres).

Eu concordo coa idea ainda que non puxera nada porque non cadrou. Parecíame algo clarísimo.

Porén hoxe leo en espoiler que el non concorda coa campaña. E encántame pensar distinto, para que non pareza que concordo automáticamente con todo o que di.

Paréceme unha boa idea que a xente non vexa a entrevista cando a emitan porque se ninguén a vira, o motivo para pagar por ela desaparecería e nunha vindeira ocasión pensaríano dúas veces antes de pagar tanto por entrevistar a alguén.

Non se trata de censurar, se trata de que eles non lle vexan interese a facelo no futuro. Nin eles nin outros.

E tres cousas:

1.- Se Telecinco non quixera ter unha boa imaxe e cultivar a súa responsabilidade social corporativa non tería esa campaña permanente de 12 meses 12 causas. O que pasa que só é para sair na foto. Ou iso semella, alomenos agora.

2.- Se Telecinco tivo que chegar ás cantidades que se comentan por aí que pagou eu supoño que non foi un regateo, que houbo unha puxa, ergo algunha outra cadea (ou algunhas) estaba disposta a meterse no lixo mais non lle chegaron os cartos.

3.- Disque a entrevista vaina facer Ana Rosa Quintana. A escritora. Noutros paises, dubido que alguén que descubriran publicando libros plaxiados ou feitos por un ‘negro’ liderara a audiencia na televisión (xa non digo as dúas cousas xuntas). Que pouca memoria temos, e que pouca vergoña teñen algúns.

Con xente de tan poucos escrupulos a prestar un servizo público non sei quen pode estrañarse de nada.

Por isto é polo que eu non vou ver a entrevista (ainda que a esa hora mañá estea na casa)

Chuzame! A Facebook A Twitter

Podo dicir, despois destes días, que non me importaría deixar de traballar se puidera para quedar na casa coidando da nena.
Naturalmente, se deixara de traballar, unha das cousas que esixiría a señora colombo sería que suplira á persoa que ven limpar a casa e pasar o ferro. Iso xa o tiven que facer a semana pasada porque estivo enferma e non puido vir, porén hei de dicir que a experiencia tendo que ocuparme exclusívamente da nena e moito mais pracenteira.

As mañás pásanse entre biberóns cueiros e sonos da moruncha. Cando ela durme eu ás veces fago parella con ela. Se non durmo, leo algo de BD, que nesta semana está sendo Swamp Thing, a edición de Zinco da etapa escrita por Alan Moore (cedida por uns días amabelmente por turuto).


Tamén damos unha voltiña pola rua e facemos recados se non chove moito.

O evento central do serán é a papa de froita, que é a comida do día que mellor fai. É toda unha sorte que á moruncha teña preferencia pola culler, ainda que xa veremos cando comecemos coas verduras.

En troques de facer a papa coa batedora aproveito o robot de cociña que mercamos precisamente para facerlle as papas de verduras: o babycook. É moito mais sinxelo e fáiseme mais cómodo para limpar despois (ainda que poida semellar o contrario)

E nos tempos mortos e mentras a nena durme, aproveito para ver series. Agora mesmo estou vendo:

My name is Earl, Deadwood, Babylon 5, Californication, My own worst enemy, 30 Rock, Fringe, Merlin, Pluton BRBnero e Mad Men.

Teño mais para ver, porén non teño tempo para mais. Do mellor que fixo pola comunidade en moito tempo El País foi pagarlle a Hernan Casciari por escribir un blogue que fale de series.

Hoxe preguntábame a señora colombo se estas vacacións estaban sendo boas.E eu resposteille que si, pero non só porque o estea a pasar ben agora, porque sei que co tempo lembrarei con saudade este tempo na casa coidando da moruncha tan pequeniña.

Por certo, para os que estean engadidos no meu flickr, hai novas fotos da moruncha. Lamento non poder poñelas aquí, pero a nai da criatura non da permiso. O mais que podo poñer é isto.

(é taaaaaaaaaaaan riquiña :-) )

Chuzame! A Facebook A Twitter

Nas cousas d’opaco (hoxe estou monotemático) atopei este video que está no blogue de vespadicto.

É xenial. Só tedes que ver a frase que aparece na imaxe fixa.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/HVERbZNp1Mg" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Chuzame! A Facebook A Twitter

Novamente, Opaco descúbreme unha pequena alfaia. E novamente relacionada ca cidade de Vigo.

A penúltima vez foran estas fotos vellas de Vigo que alguén lle fixera chegar e que subíu á rede. Non puxen nada no meu blogue porque sempre dou por feito que todo o mundo le o seu blogue. Porén semella que non, porque a ligazón cara as súas fotos chegoume por correo desde Madrid enviada polo noso corresponsal na praza algún tempo despois.

Hoxe fala dunha galería en flickr de rótulos de negocios tradicionais da provincia de Pontevedra. Ó comezo todos son de Vigo e a saudade é semellante a de aquelas fotos da outra vez, só que esta vez podemos botar unha derradeira ollada antes de ver desaparecer estas marabillas, que por desgraza en moitos casos teñen os días contados. Deberíamos ter un chisco mais de sensibilidade para decatarnos do que temos ó noso redor.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Unha ilusión o mesmo pode ser unha anticipación dun futuro mellor que ainda non chegou e que confiamos poder chegar a disfrutar que unha imaxe falsa ou distorsionada por nós mesmos ou polo medio en que a tal imaxe chega até nos.

Unha ilusión que onte rematou nos EUA, no supermartes. Unha ilusión que en Xaneiro veremos en que se convirte. Polo de agora xa temos parte do soño americano feito realidade, só con chegar, antes de empezar o seu traballo.

Unha ilusión que, igual que tantas veces, fomentaron (incluso criaron) os medios no noso entorno. Mellor que a ilusión sexa sobre algo que nos inflúe ainda que non o podamos modificar que sobre algo que carece totalmente de importancia real, coma o espectáculo deportivo.

As ilusións poden ser moi poderosas, poden axudarnos para seguir o camiño axeitado ó longo do tempo coma sucedeu na loita polos dereitos dos negros nos EUA, pero hai que ter coidado e non tomar por real o que non é mais que unha ilusión.

A victoria de Barack Obama pode que afecte a nosa vida mais do que o trunfo da selección española de futbol na eurocopa, porén haberá que agardar, porque a súa victoria é moi importante en si mesma para a sociedade na que ten lugar. Para ver se é importante para nós ou non haberá que agardar.

E reflexionei sobre unha pregunta que facía onte Iñaqui Gabilondo: podería un xitano gañar as eleccións en España?

Non sei que sistema electoral é mais absurdo e inxusto, se o americano que para escoller direitamente ó presidente meten polo medio uns electores intermedios que hai cen anos que non teñen razón de ser, ou o español.

No sistema español, os cidadáns escollemos uns electores (como fan os americanos) coa diferencia que o sistema é proporcional e non maioritario. Despois eses electores escollen entre os dous ou tres candidatos propostos polos órganos directivos dos partidos políticos.

Independentemente diso, eu acho que un xitano podería ser presidente do goberno ainda que debería ser coma Obama, un xitano que semelle ser paio. Un xitano con estudos, con cartos, e cunha aparencia física de político convencional non debería ter problemas se chegara a ser candidato do PSOE ou do PP. Outra cousa é chegar á candidatura.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Hoxe comezou o meu tempo de neneira a tempo completo coa moruncha e non tiven problemas que merezan tal nome. Se quitamos algunhas cousas que a señora colombo garda da súa man e non daba atopado e que ainda teño que collerlle o xeito de todo a preparar a papa (non me pode levar tanto tempo) o único problema é qu ea nena rosma algo mais cando non pode baixar á rua.

Tivemos que pasar o día enteiro metidos na casa porque a moruncha leva un tempo acatarrada e ainda lle funga o peito. Disque o mércores está previsto que deixe de chover e xa poderemos sair á rua e facer vida social os dous.

É tan boiña qu eme deixou mesmo ler algo de BD e ver un par de capítulos dunha serie que descubrín hoxe.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp