Xa falara no seu día da pouca vergoña que tiña o goberno defendendo ás compañias fronte os intereses dos cidadáns.

O de agora é ainda pior. Non se trata de aplicar as leis de xeito que favoreza ós intereses do gran capital, agora van cambiar as leis para convertir en criminais a moitos cidadáns. E por se non abondara, semella que pasando por enriba da constitución.

O intercambio de arquivos na rede, unha práctica que se non leva aparellado ánimo de lucro non é delito coma sinalan varias sentencias sobre o tema, é agora chamado piratería nunha campaña pagada polo Estado. É decir polos que pagamos os nosos impostos.

É de ben nacido ser agradecido, porén os políticos deberían ter coidado, porque algún día moita xente cansará deles ao tempo e van ter un problema. Devolverlle o favor ós lobbies da industria audiovisual en contra dos intereses dos votantes está a converterse nun costume.

Non pagábamos xa co canon o perxuizo das nosas descargas? a que ven esta persecución? Como teñén o papo de pretender violar a nosa intimidade? Como teñen o papo de pretender que unha compañía de merda poida decidir cortar o meu acceso á rede en función dos contidos que eu descargue? Non estarían os xuices para iso?

Non vou votar ningún partido que apoie leis nese senso. E tampouco partidos cobardes que se absteñan.

Ou están cos cidadáns ou están contra eles. Se isto é un globo sonda e concordas comigo ainda estamos a tempo, manifestate tan lonxe coma poidas no teu círculo, que sintan que isto é importante para nós.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google