Onte gravei xa un falangullo falabarateiro estreando o novo micro que chegou antonte á casa. A verdade é unha gozada a facilidade que da para gravar, podendo regular a potencia e sen ruido de fondo.

Mágoa que eu e o meu tema seguimos a ser igual de monótonos :lol:

Aquí podedes ver como queda o meu escritorio cando teño os gadgets todos instalados.

Agora non me queda outra que seguir gravando, se non quero que a señora colombo me bote fora da casa despois de investir os cartos no equipo :lol:

Estes días tamén ando polo Cultur.Gal, a ver se fago tempo para contar algo e poño unha fotos.

Chuzame! A Facebook A Twitter