Despois de pasar parte das miñas vacacións metido entre culturetas, onte tocoulle ós científicos. Vou de mal en pior!
Cheguei a casa algo tarde e atopeime spam un correo de Pawley no que avisaba dunhas xornadas que comezaban en 30 minutos. A cousa tíñame boa pinta (xa sabedes que ás veces teño estas cousas estrañas) e quedaba perto da casa, porén tiña que xantar, así que co mellor dos criterios decidín que ir si, mais ó meu ritmo.
Por este retraso perdín boa parte do que contou Ascensión Cambrón e toda a presentación de Xosé Antón Fraga. Nin sequera lembrei sacar fotos do apurado que cheguei.
A quen xa lle saquei fotos foi a El paleofreak, un blogueiro que se adica a facer algo de divulgación científica desde hai seis anos e que vive na Coruña. O seu blogue anda nas 2000 ou 3000 visitas diarias (para que vos fagades unha idea, este blogue desde xuño tamén anda nas 2000 ou 3000 visitas… mensuais).
Interesantes as súas experiencias coa comunidade HOYGAN, é toda unha celebridade entre os rapaces… xusto o día antes de ter que entregar traballos. Mesmo teñen o papo de pedirlle que lles faga traballos ou lles faga o post que precisan.
E foi o que abríu unha longa lista de queixas contra o xornalismo cunha historia publicada que convertía a galiña en descendente do Tiranosauro.
Despois viñeron os rapaces de Le pourquoi pas? que falaron algo das dificultades para cumplir cos prazos, supoño que comúns ao resto de editores, contando mesmo algún caso concreto que ten bastante graza. Tamén deixaron claro que eran tan parvos coma para meterse nun mal negocio só polo pracer de compartir coñecemento ainda que non tanto coma para pensar que algún día os faría ricos.A ver se alomenos non os afunde. Eu pola miña banda poño o meu pequeno gran de area facéndolles gasto.
Por certo, disque a guía do ceo deste ano distribuirase de balde na Coruña en bibliotecas e outros centros culturais.
Xurxo Mariño era alguén que xa coñecía e non me decataba. É o autor de aquel libro que me agasallara Dorfun no día das letras de 2006: os dados do reloxeiro. Estivo falando do grupo de investigación do que fai parte, neurocom. Un grupo de marcianos camuflados coma traballadores da administración que se adican a facer divulgación científica quitándolle tempo ás publicacións que lles serven para alimentar o seu curriculum coma investigadores.
Non tivo nin que facelo ben para conquistarme, bastou coa pantalla de inicio do seu portatil con Ubuntu
Entre outros programas de divulgación do grupo centrouse no mais recente, os cafe-teatro-científicos. Pareceume abraiante. Charlas científicas nos bares e agasallando copas ó público. Igual tiña que coller a idea o concello e en troques de eliminar o botellón tentar aproveitalo para formar un chisco aos seus partícipes.
A charla mais divulgativa dun xeito standard foi a de Jose Luis Fernández: Giacomo Casanova e as subprime. Unha experiencia de divulgación da economía e as matemáticas. Gustoume moito e aprendín cousas que non sabía, ademais estaba remotamente emparentada coa primeira emisión de Falabarato, só que fomos ó revés, el falaba sabendo e comezou pola teoría sen ter case tempo de chegar ao final e eu non saín dunha explicación do mais simple porque non dou para mais

Pechou a xornada Martí Domínguez falando de científicos que marcaron momentos decisivos da historia e da súa relación coa divulgación científica. Rematou ademais dando un pequeno canon de divulgadores científicos actuais e coma profesor nunha facultade de xornalismo tocoulle facer una pequena defensa dos xornalistas na xornada
Trouxo uns exemplares do anuario da revista que dirixe, Metode. Collín un porque xa sabedes o que din das cousas de balde, porén se a alguén lle pode interesar que diga nos comentarios e se vive perto igual pode quedar con ela despois que eu lle bote unha ollada.
Despois apunteime con algúns deles e do escaso público a tomarlle algo no Mundo, na praza de San Pablo. Escoitei moito e falei pouco (nomeadamente de rede e algo de cultura de masas para non quedar moito en evidencia) coma disque facían os curas á hora de comer.
Saqueilles unha foto cando rematou a cea.

Moitas veces ás mais inesperadas son as mais agradabeis e este foi un deses casos. Mágoa non poder facer unha crónica de cada charla polo miudo, porque todas pagaron a pena. Desde logo moito mais do que semellaba vendo as 17 ou 20 persoas que houbo (contando aos ponentes)




[...] Leia mais direto na fonte: apocalipsedoporco.blogaliza.org [...]
Pingback by teatro » Blog Archive » xornada de divulgación científica 19 Decembro, 2008 at about 3:22 a.m.
[...] Leia mais direto na fonte: apocalipsedoporco.blogaliza.org [...]
Pingback by fotos » Blog Archive » xornada de divulgación científica 19 Decembro, 2008 at about 4:14 a.m.
[...] Leia mais direto na fonte: apocalipsedoporco.blogaliza.org [...]
Pingback by cafe » Blog Archive » xornada de divulgación científica 19 Decembro, 2008 at about 5:01 a.m.
[...] Leia mais deste post no blog de origem: Clique aqui e prestigie o autor [...]
Pingback by historia » Blog Archive » xornada de divulgación científica 19 Decembro, 2008 at about 5:17 a.m.
[...] Leia mais direto na fonte: apocalipsedoporco.blogaliza.org [...]
Pingback by polo » Blog Archive » xornada de divulgación científica 19 Decembro, 2008 at about 6:12 a.m.
Hoxe en día como as charlas non sexan dun tema ben «friki» (que verba se lle pode aplicar o anglicismo este?) non chama a moita xente…teñocho comprobado, unha magoa. Saúdos e apertas
Said by An 19 Decembro, 2008 at about 12:36 p.m.
En serio cho digho, meu. Non sei de ónde raio saca-lo tempo pra tanta charla, concerto, exposición, xornadas, festas, nena, muller, traballo, música…Estou abraiado do que és capaz de facer. Tes que durmir de p. madre coa fatiga. Noraboa.
Said by Anxo D 19 Decembro, 2008 at about 9:14 p.m.
Moi lesdas festas. Saúdos e apertas
Coidadevos
Said by An 23 Decembro, 2008 at about 1:02 p.m.
Pois mira, os que somos da periferia (da periferia da periferia, quero dicir) xa levamos dous anos indo aos cafés científicos de Xurxo e compañía. E por riba páganche a consumición (os cartos mellor gastados polas nosas autoridades)… Ás veces ten vantaxes ser da aldea…
Said by casadarriba 23 Decembro, 2008 at about 7:34 p.m.
[...] vez que fan algo para os blogueiros, a min gustoume tanto o seu rollo que apunteime encantado á xornada sobre divulgación científica organizada pola Asociación de Investigadores Ramón de la Sagra hai uns días). A chuzarrascada [...]
Pingback by Apocalipse do porco » fin de ano 2008 e repaso 31 Decembro, 2008 at about 7:52 p.m.