Hai xente que ten o costume de prolongar esas cadeas de correos coñeiros. Non me queixo, de cando en vez chega algo que compensa. De feito, non redirixo toda esa broza cara ó lixo, abro todos e cada un dos correos que me mandan estes amigos e mesmo boto unha ollada ós ficheiros adxuntos. Tamén é certo que ás veces están sen abrir na caixa de correo durante moitos meses até que teño tempo un día e fago unha limpeza.

Despois de dicir isto mando uns consellos para a xente que centra moita da súa actividade na rede en mandar correos electrónicos:

1º.- as redes sociais coma facebook ou tuenti, ou a que sexa que concentre mais dos vosos amigos, poden sustituir (a pouco que vos poñades) as cadeas de correos.

2º.- (case o mais importante) non tódolos correos que están na vosa lista de contactos son os vosos amigos. Se pensades que estou errado ollade para este correo que alguén renviou cara min.

Pensades que o que enviou este correo é amigo do que atende o correo en hi5?

E isto lévame ó 3º.-(isto si que é o mais importante) non reenviedes sen mais os correos que vos cheguen sen borrar os enderezos dos que o recibiron canda vos e cando mandedes un correo destes enviade coma CCO (copia oculta) para que non lle aparezan tódolos destinatarios a cada receptor.

Só con isto dificultardes a tarefa dos spammers e así contribuiredes a que o mundo sexa un lugar mellor :lol:

Chuzame! A Facebook A Twitter

Aconsello aos que non teñan moi claro o que está a pasar en Gaza que lean este artigo de Mónica G. Prieto en El Mundo. (via unha conversa con Pawley)

Esta canción non ten nada que ver, porén o título é bastante acaido.

Sad but true

Chuzame! A Facebook A Twitter

Onte foi un dia estranho, moi estranho. En realidade foi o primeiro de moitos días estranhos acó ó lado na Blogaliza.

Moitos xa vos enteraríades do cambio de casa de Martin Pawley, para os despistados aviso: o cine, a literatura, a música, e outras cousas teñen un novo oco na Blogaliza desde onte.

Coma diría outro: benvido, muchachote grispálido.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp