Se a semana pasada a moruncha atopou a Gallardón na Coruña, hoxe atopou a Rosa Díez en Ourense.

É curioso que non pare de atopar a xente que fai campaña electoral e vive en Madrid e non atopara ainda ningún candidato dos que se presentan e viven a bastante menos distancia.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Pois si, hoxe fai xa tres anos un dos maiores sucesos da rede en galego.

Se Blogaliza fixo que o blogomillo tivera certa visibilidade, chuza conqueríu que boa parte do blogomillo fora unha comunidade. Moitos dos blogueiros mais activos e criativos do pais foron deixando a súa pegada en Chuza. Convertiuse un punto de encontro cotián na rede.

Agora Chuza xa non é o que era. Isto non quere dicir que agora sexa pior, ainda que recoñezo que eu prefería o estilo que tiña antes. Sentíame moito mais cómodo nunha comunidade que recibía aos novos cos brazos abertos, con menos trolls e cunha maior tendencia a favorecer as novas graciosas e as piadas.
Segue habendo tecnoloxía (ainda que algo menos) sexo (menos) e lingua (houbo momentos nos que chuza semellaba un portal de novas filolóxicas) pero o que arrasa agora é a política.
Foi cambiando a xente e a vida seguíu. Moitos dos que andaban por aló ao comezo xa non van, ou van moito menos. Eu fago parte destes últimos.

O exito de Chuza ademais da súa natureza informativa e participativa viu, desde o meu punto de vista dos elementos que había ao redor das propias novas, especialmente o fedello, que foi durante un tempo a sala de estar do blogomillo. Moitas horas temos pasado de tertulia no fedello falando de calquera tema e facendo piadas.

Esta captura é de agosto do 2006, despois do ascaridato. Cando Chuza pasara de Beta a VHS.

captura fedello

Para desfrutar de parte do que se dixo no fedello pode acudirse ás frases memorabeis.

O outro elemento que distingue a chuza de outras redes saidas do código de meneame é a súa wiki, vizoso lugar onde xente coma maceirax segue a manter o nível criando imaxes. Onde agora mesmo hai unha porra sobre o resultado electoral do 1 de marzo (co sorteo de un iPod). E onde cada usuario de chuza podía criar a súa páxina. Moito do que antes eu facía en Chuza agora fágoo en facebook e prefería, sen ir mais lonxe os chíos de chuza que o status de facebook ou as caixas de usuario de chuza que as páxinas de facebook. (a saudade é o que ten, ou se cadra o gosto pola sinxeleza).

Ainda que se queredes saber o elemento que diferencia a Chuza de todas as redes sociais que hai por aí adiante, está claro: as chuzarrascadas.
Xa van tres anos de xantanza o día 25 de xullo en Compostela, o polbo e o churrasco son o aglutinante definitivo para o ‘nucleo duro’ de Chuza. E para non perder o costume tamén houbo unha visita a Casa Candida e algunha outra xantanza mais. Mentras haxa chuzarrascadas poderemos dicir que a comunidade de chuza segue a existir.

E para rematar direi que Chuza é o medio de comunicación con mellor criterio do mundo mundial. Só alí poden atoparse novas coma esta ou coma esta. Ainda que só fora por iso, serei fan para sempre.

Parabéns polo aniversario :-)

Engadido: Esquecíame dicir que a moruncha é a usuaria mais nova de Chuza desde o seu terceiro día de vida.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xa vai case media campaña fora e non vexo que a campaña estea tendo o mesmo eco que outras veces. En tele5 e antena 3 a coincidencia coas eleccións en Euskadi e sobre todo os múltiples escandalos políticos (a escoller tamaños, importancias e cores) madrileños ou estatais que para o caso é o mesmo, restanlle tempo da información política ás eleccións galegas. Nin tempo hai, en moitas das ocasións que me coincidiu, para adicarlle ao que non fora PNV, PP ou PSOE.

Na rede, en troques, seguen aparecendo cosas coma este estupendo video de Xoan Gato que atopei na de Marcus. Non sei se acadará votos co video, mais si algun sorriso. É coma esas publicidades americanas que saen nas películas nas que o dono da tenda fai un papel.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/8irBse6_yMo" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Outra cousa na rede que paga a pena é a serie de anotación que está facendo Calidonia con análises estatísticas varias sobre as eleccións en Galicia. (Están na categoría de política) E non vou descubrir a estas alturas a ninguén quen é Xosé Manuel Pereiro. SiHomeSi é todo un luxo.

E o mellor da campaña foi unha anecdota familiar ainda que non a puidera eu vivir en primeira persoa.
A miña sogra foi dar unha volta hoxe coa moruncha e parou para darlle de comer. Nese momento apareceu Ruíz Gallardón cunha chea de xente, que disque tiña hoxe acto na Coruña. Cando chegou onde a miña sogra e a miña filla dirixiuse a elas e estivo falando coa miña sogra (para gañar o seu voto para o PP) e dicindo o guapa que era a moruncha (porque ten ollos na cara). Os fotografos disque fixeron unha chea de fotos do momento político con bebé, porén non atopo agora mesmo que ningún medio as puxera na rede. As redaccións están cheas de xente sen criterio ningún polo que vexo. Perder unha oportunidade así… Tempo terán de lamentalo :lol:

Engadido:
Esquecíame algo importante! Canto tempo hai que o señor vicepresidente é o centro das romarías e recibe visitas de excursións de xubilados?
Se é certo que desviaron aos vellos sen avisalos previamente alguén no BNG debería dar explicacións. E xa.

Chuzame! A Facebook A Twitter

O incansable Dorfun argallou novamente unha xantanza. Desta volta non se sabe moi ben se é co gallo da xornada de reflexión ou é o propicio das datas para unha laconada. O caso é que o sábado 28 de febreiro ás dúas e media en Casa Amancio, San Marcos, Santiago de Compostela (ver en google maps) quedaremos para xantar e pasalo ben.

Estades todos convidados se ledes isto hoxe ou mañá cedo porque Dorfun confirmará mañá a reserva co número de asistentes (e estamos confirmados 40) Penso que vai ser a xantanza do blogomillo con mais asistentes.

Nesta imaxe podedes ver parte da mesa da xantanza de xullo do 2006. Non podo ter mellor recordo, coñecín unha chea de xente estupenda e ese día agasalláronme coa imaxe que encabeza este blogue :-)

Tedes todos estes datos e unha chea deles mais no Facebook, que foi a ferramenta que desta volta empregou dorfun para argallalo todo.

Que non tes ainda conta no facebook? pois non sei moi ben que dicir a iso, pensei que eran xa poucos os que faltaban.

Vémonos, se queredes, en Compostela.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Hoxe andaba pola rede este video que subiron hai 5 días ao YouTube

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/watch?v=vQ5e-isvBFs" width="576" height="354" wmode="transparent" /]

Non é o primeiro video viral que o BNG ou alguén non moi lonxano introduce na circulación da rede. E con certo suceso ademais.

Por iso comprendo que Anxo Quintana dixera onte que despois da precampaña que levan non lle parecería mal que desaparecera a campaña tradicional e facela pola rede. Podedes velo neste video en Quin.tv onde resposta preguntas feitas polos estudantes de comunicación en Pontevedra.

Ainda que os seus videos teñan certa difusión na rede en galego tampouco é moi raro, porque a rede galega está bastante concentrada xeográficamente e forma un obxectivo publicitario tamén bastante concentrado. E ademais, se só votaran os participantes en maior ou menor medida no blogomillo e a xente que emprega o galego nas redes sociais o resultado probablemente sería moi favorable cara o BNG.

En troques, a xente que emprega o castelán desde Galicia está moito mais difuminada no conxunto da rede Española. Non é tan doado chegar a eles cunha mensaxe na rede porque a moita da xente que eles leen ou coa que se comunican non ten tanto interese polo que pase en Galicia. E moito menos se está feito en galego. Chegar pola rede a este público require impacto estatal nos mais dos casos, só cando un suceso galego é moi forte chégalles tamén a eles. Coma puido ser o arte do fuch fuch do que hai mesmo unha versión leguendada en inglés! É mais difícil que alguén poña no seu blogue un video da campaña galega se é andaluz ou extremeño que se vive en Vigo ou en Carballo.

Non vexo eu que os videos de Feijoo.TV ou touriño.tv tiveran a mesma repercusión. Se cadra porque non era o seu obxectivo coma evidentemente si que o foi para o BNG e o seu entorno. Coma anecdota direi que o primeiro candidato á presidencia nas últimas eleccións dos EUA que coñecín foi Barack Obama, meses antes das primarias do seu partido, cun video viral. O mesmo que adaptou alguén para Núñez Feijoo. Semella que pasaron bastante choio adaptándoo, porén quedou ainda mais cutre que o power point do reggaeton de Anxo Quintana, outra adaptación da campaña de Obama (que por certo inclúe unha foto que fixera eu hai dous anos na chuzarrascada.

Con todo isto non quere dicir que o BNG estea a conseguir votos coa (pre)campaña, e ademais o que está a pasar nos medios tradicionais podería ser o contrario, nomeadamente con casos coma o da manifestación do outro día en Compostela, onde catro activistas de Nos-UP ou da BriGa apareceron coma a representación do nacionalismo en todos os medios de comunicación ‘tradicionais’. Non vin eu eco, en troques para outra cara do nacionalismo coma a manifestación ‘ridiculista’ da alameda (sen ir mais lonxe).

Quen de verdade aproveitou toda a algueirada do outro día foi UPyD coa súa candidata representante Deputada en Cortes por Madrid, Rosa Díez saíndo na televisión e obtendo visibilidade mediática para os seus candidatos galegos o seu partido. Pode que UPyD reste unha presada de votos en Vigo e A Coruña ó PP, haberá que velo.

A ver se teñen capacidade (e sobre todo interese) durante a campaña que agora comeza o PP e o PSOE para recuperar a vantaxe que eu penso que lles colleu o BNG na rede. Se queren, doulles un consello: fagannos rir e que non semelle un video político.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Despois do do outro día na Voz non sei que dicir disto

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/L8bUFP85DRQ" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Non sei se dicir que é pior ou non.

O que teño xa claro é que nunca mais considerarei aos medios de comunicación coma medios mediante os que os cidadáns forman libremente a súa opinión. Son simplemente o soporte para conter a publicidade da que viven, e ademais, no pior dos casos para cobrar por dicir cousas que nin sequera son certas.

A nosa sociedade apodrece por moitos lados. A caida da moral católica non achou unha ética cidadá que a sustituira. Non podemos acusar ós políticos de roubar, mentir e manipular mentras o resto defraudamos á Facenda e non roubamos coma eles porque non temos posibilidade. O que mais ten, mais rouba, porque pode, non porque sexa pior.

Neste contexto é onde la Sexta prepara unha montaxe para enganar os seus adversarios mediáticos e onde os seus adversarios meten a zoca por non confirmar a orixe dun video recibido anónimamente. Uns foron parvos e os outros listos de mais, resultado: ningún cumplíu a función para a que se lle deu unha concesión do espazo radioeléctrico. Lembremos novamente que as televisións (todas) son un servizo público igual que os autobuses. Youtube non, mais eles si.

E non quero rematar sen dicir que pode haber solución. Na nosa man está a rexeneración ética do país. Ainda sabemos o que está ben e está mal. Debemos facer o ben porque está ben, non porque alguén nos castigue ou recompense noutra vida. Se pensades que algo está mal, non o fagades. Neste caso, se un medio de comunicación fai mal o seu traballo non o leades/merquedes/sintonicedes. É o único xeito de que algo cambie.

Perdoade que me poña kantiano, pero ainda podía poñerme mais filosófico e falar da educación das vindeiras xeracións. Se alguén quere falar de educación nos comentarios que non escriba mais de 50 liñas, s.f.f.

Sede bos.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp