Teño o inmenso pracer de aloxar o meu blogue na Blogaliza case desde o comezo da súa andaina, foi un proxecto que sempre me pareceu interesante e polo que sempre apostei.
O que empezou coma un proxecto persoal apoiado nunha comunidade está cambiando desde hai algun tempo de forma buscando dar aos usuarios e visitantes cousas que na súa forma actual era complicado ofrecer. Agora a xente de algueirada ocuparáse de dar forma, soporte e tamén engadir ainda mais contido á Blogaliza.
Desde o pequeno coñecemento que a amizade cos seus administradores foi revelándome ós poucos, cada día estaba mais ilusionado polas novidades que se achegaban e disque o día 1º de maio será a data oficial de presentación da Blogaliza 2.0. Namentres abren un espazo para as propostas na capa da Blogaliza. Mellor que deixe que sexan eles mesmos os que o expliquen:

A comunidade Blogaliza acolle a máis de 1700 blogues en galego (sobre temas
literarios, educativos, blibiotecarios, deportivos, persoais, etc.) e máis
de 6000 usuarios/as rexistrados/as. A portada de Blogaliza amosaba até
agora o último publicado no blogomillo, todos os blogues escritos en galego, na
propia blogaliza ou noutros sistemas, máis o directorio deste crecente blogomillo.NOVOS SERVIZOS DA BLOGALIZA
O próximo 1 de maio abriremos a nova Blogaliza, unha versión ampliada do
habitual servizo de blogues en galego que integrará tamén noticias
culturais actualizadas a diario, rede social, convocatorias de animación á
creación artística e moitos outros contidos.A partir dunha nova portada xeral da comunidade, poderase consultar
a actualidade do blogomillo, con especial intensidade no ámbito da cultura
através de seccións especializadas en literatura, música, cinema, artes visuais,
etc. A apertura destas seccións será progresiva, comezando pola de letras.PARTICIPACIÓN NA CONFIGURACIÓN
Desde a Blogaliza temos claras expectativas do que non debe faltar, mais
queremos facer un convite público a todas as persoas, colectivos e
institucións que queiran facer propostas para enriquecela.Desde hoxe e até o 1 de maio na portada de Blogaliza accederase a un blogue
aberto ás propostas de todos. Calquera pode mandar ideas e debatelas para que
sexan integradas na nova blogaliza. Para iso só é preciso enviar un correo a
propostas@blogaliza.org, que será publicado como nova anotación, cos comentarios
abertos para, entre todos/as, ir perfilando as novas ideas.DIFUSIÓN DO PROXECTO
Agradeceremos toda a difusión posíbel deste correo, coa pretensión de
facermos da Blogaliza un aberto centro cultural na rede. Un espazo sen
cancelas onde poder comunicar, debater, partillar e fornecer en liberdade e
respecto a cultura que queremos.PUBLICIDADE
Na Blogaliza temos o compromiso de que os blogues continúen a ser de balde e
sen publicidade, como até agora, salvo nas portadas temáticas, espazos onde
posibilitaremos referencias publicitarias coa intención de financiar o proxecto
e asegurar a súa viabilidade.
Son bastante receloso de que certas cousas acaben en malas mans, porén coñecendo a seriedade, integridade e a traxectoria da xente detrás de algueirada non teño medo ningún sobre o futuro da Blogaliza pola súa banda.
Alédome moitísimo por eles e por min mesmo coma membro da comunidade.
Só queda desexarlles sorte na nova andaina.
A por todas, rapaces!





