Pregunta: por que lle chaman resaca das letras se vai antes da festa das letras? Non sería o normal agardar á semana que ven para entregar estes premios?
Descubrín nun só día que dez anos fora da universidade son moitos, e botáronseme todos enriba no mesmo día. Todo potenciado polo feito de que saín do choio sen tempo para cambiarme e levei a ‘funda’ posta. Tiña mais pinta de profesor do que moitos profesores.
E falando de pasar anos de golpe, non foi que non me decatara dos RdL no ano 2007 e 2008. Non voltara oir falar deles despois do 2006 porque non os houbera!
A organización estivo moi ben, hai que recoñecerlle o esforzo a anllo e compaña. Parabéns (eu non dou para repartir beizóns ainda). Non me gustou o salón de actos da facultade, ou alomenos que o tiveran con tan pouca luz, as fotos saíronme pior do acostumado polo meu pouco gosto polo flash. Apenas poden rescatarse un par de fotos decentes
Ainda que non podo botarlle as culpas diso á organización, claro. Nomeadamente cando houbo quen sacou fotos estupendas do evento.
Gonzo, o que saía en CQC, presentaba o acto e estivo moi, moi ben. Nótase a profesionalidade, claro. Fíxo que estivéramos sorrindo (alomenos eu) durante todo o tempo que durou o acto.
Cando cheguei, despois de recoller a Ifrit, o mais prolífico autor de blogues colectivos do blogomillo (e o que menos axuda recibe para escribilos probabelmente) en Compostela, xa comezara a conferencia de Miguel Conde, o Conde en BAP-Conde. Supoño que sería unha conferencia especialmente preparada para publicistas ou publicistas en formación porque non me gustou. Ainda que a ignorancia e baruda vou absterme de criticalo, agás lembrarlle que comunicación en Latín é comunicatio (ou comunicatio -onis se prefire) e homo comunications (ou comuniqueixons) sería homo comunicationis (ainda que eu case prefiro homo comunicator) é a miña revancha pailana por non entenderlle a conferencia
Na primeira parte da entrega de premios houbo un lote de xente que non apareceu. Cando chegou o turno de chuza coma RdL de prata a mellor web informativa leron o correo de berto avisando que non podía ir porque tiña unha reunión de traballo. Foi moi elegante porque o resto nin avisaron de que non aparecían. Os de Jujel Jalisia tamén mandaron mail. Algúns da primeira tarde chegaran tarde porque contarían que os premios non eran tan cedo e apareceron despois. Manolo Gago mentras inflouse a recoller premios de culturagalega.org.
Os que chegaron tarde foron os primeiros que dixeron unhas verbas para agradecer o premio, supoño que os primieros non o fixeron porque entregaban o premio e non convidaban a dicir nada, non sei se por educación ou por nervios a niguén se lle ocorreu até despois do descanso cando chegaron os rezagados.
Entre os da segunda parte estába eu. Subín coa cámara e saquei algunhas fotos mais esqueceume posar co Gonzo. Agradecín á xente que ledes o blogue polo ánimo que supón poder ver visitas no contador e saber que ainda que só algúns comenten hai algún mais que pasan por acó sen saudar. E tamén din grazas á señora colombo por non pedirme o divorcio ainda que lle adicara tanto tempo ao blogue. Gonzo estivo rápido e díxome que unha camisola que me deron no momento debía entregarlla á señora colombo como recompensa.

Por unha vez debín poñer a cámara en automático para que sairan fotos decentes.
Nos descansos do acto actuaron dous grupos, The Noisers e MLK, algo mais de rodaxe parecían ter MLK (que erán só dous guitarristas) que The Noisers (o baixista de the noisers era cuspidiño a Howard Wollowitz)

Despois do acto estivemos tomando unhas cañas a representación da Blogaliza: Goretoxo, Ifrit e mais eu uníndosenos despois Anllo.

O desenfocado é unha petición expresa do artista.
Foi unha tarde interesante ese non fora tan complicado achegarse voltaría o ano que ven. Só poño coma condición para pasar o traballiño de voltar que o ano que ven quede de primeiro
E para pedir o favor completo… non habería posibilidade dun aggiornamento nas categorías?
un dos meus soños cumpridos: saír pixelado en Apocalipse do porco! xa podo morrer tranquilo!
grazas polos parabéns e por asistir á gala a recoller o premio, por suposto. xa sabe que se quere algunha foto non ten máis que pedirma. ademáis da que lle subín ao feisbú teño outras nas que se lle ve posando con Gonzo.
interesante charla, tamén. a ver cando nos volvemos a atopar por aí!
Said by héctor anllo 15 Maio, 2009 at about 8:51 p.m.
molaban máis as elipses de cores d’antes
Said by ictioscopio 15 Maio, 2009 at about 11:06 p.m.
Parabéns a toda a xente da RdL09 esperamos estar pora alí tamén o ano que vén
pero con premio, eh!
Said by ifrit 17 Maio, 2009 at about 10:58 p.m.
[...] agora xa podo dicir que coñezo en persoa ao seu presentador Gonzo, non quero privarvos da posibilidade de escoller por vós mesmos se o [...]
Pingback by Apocalipse do porco » Caixa Negra: Vacas Tolas 4 Xuño, 2009 at about 5:15 p.m.