Por se serve de algo dígolles a marca de leite que consumo eu: FEIRACO.

Pode que a algún lle resulte coñecida, é unha emnpresa do país. Venden só leite do país e pagan un prezo xusto aos productores.
Se tes problemas para chegar a fin de mes é normal que reduzan gastos, por iso o meu consello é que fales menos polo móbil e merque leite algo mais caro, é mellor para a economía do teu entorno e redundará en menor gasto estatal en subsidios que indirectamente tamén pagarás ti. Non vou dicir que sexa de mais calidade porque non o sei, pero mira que se ademais é mellor para a túa saude…

Este exemplo que poño non é mais que unha das caras podres da globalización. O primeiro mundo subsidia a venda do excedente no terceiro mundo facendo un dumping brutal que abafa aos productores e os forza a migrar cara ás cidades para converterse en man de obra barata en piores condicións laborais das que tiñan antes da intervención do primeiro mundo.
O que cambia neste caso, é que aquí facemos o papel de terceiro mundo, e tendo o poder coma consumidores de evitalo é unha mágoa non facelo.

Igual non era mala idea ler as etiquetas das cousas que mercamos, levaríamos moitas sorpresas desagradabeis.

Chuzame! A Facebook A Twitter