En xaneiro atopei un filme onde adoito buscar os subtítulos. Vou do revés, primeiro busco os subtítulos e despois baixo os filmes ou as series, así non teño que me preocupar de problemas de sincronía, xa atopo o choio feito do axuste. Só ás veces, se unha serie me interesa e non teñen alí os subtítulos fago o normal, baixar o video e despois os subtítulos.

pois este filme que vos conto non mirei quen era o director e descoñecía os actores. Baixeino porque as comedias románticas son o meu guilty pleasure particular. Por iso e porque o título era provocador a mais non poder: Zack and Miri make a porno. O filme estivo entretido, por momentos algo pastelada de mais, porén gustoume.

Supuxen que aquí non fora estreada e saira directamente en DVD coma acontece ás veces ou que non me enterara da súa estrea.

Hoxe escoitono diario cultural que falan da nova estrea de Kevin Smith, un director cuxos filmes adoito ver: ¿Hacemos una porno?. Cando contaron mais ou menos o argumento non o podía crer. Nin me enterar que baixaba unha peli de Kevin Smith e vina hai 5 meses xa.

Non sabía que as redes P2P correran tanto. E supoño que vendo para os subtítulos non me preocupei de ver quen era o director. Agora, sabendo que é un dos seus filme atopo os seus tópicos: traballos nos que a xente nova está insatisfeita e mal pagada, rapaza guapa e rapaz non tan guapo e algo friki, cidade pequena ou barrio dos arredores dunha cidade americana, temas escatoloxicos, non lembro se falan de superherois ou non agora mesmo. Mesmo sae Jason Mewes, porén daquela nin con esas se me ocorreu que era unha peli de Kevin Smith.

Para os fans de Kevin Smith é recomendabel. Para o resto non o sei.

E queda oficialmente confirmado que eu son un desastre.

Chuzame! A Facebook A Twitter

O venres a presentación de Metal Central foi todo un exito. Tanto pola presenza de público (tendo en conta o estandar destes eventos e o lugar onde se celebraba) coma pola calidade da obra.

Ainda que coma ben lle dixen ao mesmo Alfredo eu non son un fan da poesía, desfrutei moito cos poemas lidos durante o acto e tamen do teaser que preparou Maribel Úbeda. Tanto me interesou que lle merquei o libro. O axitado da fin de semana ainda non me permitíu mais que un par de momentos de lectura e ainda así permítome recomendalo a tres tipos de lectores deste blogue: os afeccionados á poesía (estes deben coñecerme en persoa, porque de outra maneira non entendo coma deron en parar acó), os que teñan conciencia de clase e crean ainda na arte comprometida (nomeadamente se teñen relación co sector do metal) e os afoutados que non lle teñan medo a nada (levaran moitas sorpresas na vida, mais esta igual é das agradabeis). Para o resto vai tamén a miña recomendación, mais non acepto reclamacións se finalmente lles gusta e acaban sendo uns gafapasta.

Non seguirei falando do libro non vaia ser que pensedes que pasei definitivamente cara o lado escuro da cultura ‘de verdade’.

Despois do libro chegou unha clase de Historia da Literatura. Así, con letras capitais, ainda que tamén poderíamos dicir que foi un momento de lercheo literario, que unha cousa non impide a outra.
Ceamos Tati Mancebo, Alfredo Ferreiro, Cesáreo Sánchez, José António Lozano, Miguel Anxo Fernán Vello, Xavier Alcalá, Elena Baillie, Xavier Baixeras, Xose Maria Alvarez Caccamo, François Davó, Paula Gómez Del Valle, Xiana Carmena (unha simpatiquísima nena dun ano que rillaba coma unha condenada) e mais eu. Despois uníuse ao grupo Martin Pawley que chegou tarde por mor dunha mesa redonda na que estivera en DC.

O viño, do que fun bebendo mais do que eu pensaba no momento, non me permite lembrar todas as conversas con detalle e desta volta tampouco teño a axuda da cámara para lembrar porque hai xa unhas semanas que quedou na casa dos meus sogros, porén lembro retallos de conversas falando sobre o anonimato e o seudónimo na rede (que eu acho que non é o mesmo) conversa que derivou cara os trolls. Tamén sobre o servizo militar, a obxección de conciencia e a insumisión (e tiven a oportunidade de agradecer persoalmente a un dos insumisos que permitiron coa súa loita incruenta que eu puidera ser anos despois obxector) Falouse dun escritor que chamaron pésimo e do que eu non dixen ter comezado o seu mais famoso libro e non ser quen de rematalo (non me gabei de que fora así porque e algo que ocorre de cando en vez e non sempre con libros de mala calidade) Houbo anecdotas sobre os costumes sexuais de lendas da literatura galega, das festas que facían as tripulacións dos submarinos alemáns nalgures da Ría de Vigo e chegamos, coma non podía ser menos, a falar do reintegracionismo.

Quedei encantado coa reunión e agardo ter posibilidade novamente de coincidir cos compañeiros de mesa porque foi todo un pracer escoitalos falar. Moitos deles foron ao día seguinte á Illa de San Simón para a entrega de premios que poderedes ver contadas en outros blogues. Eu non fun porque tiña cousas mellores que facer (das que igual conto algo mañá) …e mais importante ainda, porque non estaba convidado :lol:

Chuzame! A Facebook A Twitter

Disque na TVG non quixeron emitir este programa o martes pasado pola solicitude dun sindicato Labrego (acho que Xovenes Agricultores).

Se quero pensar ben terei que montar un sindicato (urbano ou labrego) para solicitar mais cambios na programación da TVG.

Feijoo, que dixo o do sindicato na prensa, tamén dixo que o emitirán a semana que ven.

Se quero pensar mal, será xusto despois das eleccións, e non xusto antes.

Se quero pensar mal, no mesmo programa a semana pasada botaron un reportaxe sobre o Casón, feitos que ocorreron baixo gobernos do PSOE. O das vacas tolas foi baixo gobernos do PP.

Como agora xa podo dicir que coñezo en persoa ao seu presentador Gonzo, non quero privarvos da posibilidade de escoller por vós mesmos se o queredes ver ou non. Aquí tedes a primeira parte do programa, e o resto acó.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/dKSSe-NRN9E" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Chuzame! A Facebook A Twitter

Mañá venres 5 de xuño, ás 8 do serán Alfredo Ferreiro presentara o seu libro de poemas Metal Central. Será unha ocasión, coma sempre, de ver bos amigos. E nesta ocasión ademais de desfrutar da súa voz.

Se non xurde algún imprevisto, alí estarei.

Estou pouco avisado sobre o protocolo literario, as editoriais de poesía poñen petiscos e viño ou hai que ir xa comido da casa?  :lol:

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/1blEb4aEhiU" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Chuzame! A Facebook A Twitter

Hai xa tempo que vexo as series cando mellor me ven e ademais sigo a moda de ver as series en V.O.

Que sexa unha moda non quere dicir que non sexa unha cousa boa, non hai que restarlle meritos as cousas só polo feito de non ser orixinais. Ademais de aprezar mellor o traballo de algúns actores e desfrutar mais as series nas que fan parte, estou recuperando o inglés dos meus mellores momentos.

Pero non era de todo isto do que tiña pensado falar, ou si, mais cun novo detalle no que veño de reparar.

Encántame seguir as series cun ritmo semellante ao que levan nos EUA. Ver o episodio sen que haxa mais de un par de días, coma moito unhas semanas, desde que o emitiron por primeira vez fai que as piadas sobre a actualidade (en series coma 30 Rock por exemplo) teñan todo o seu sentido. E un pracer que descubrín esta mesma semana é o da estacionalidade da series.

A tempada remata, unhas series van e outras veñen. Non teremos que aturar un programador mamalón que poña capitulos varias veces e sen respectar a orde orixinal, sen saber nunca o que estamos vendo. Defrutamos cada serie no seu momento, coma a froita, que esta moito mellor na súa tempada que cando é de cámara.

Evidentemente, o mais importante non é tanto o de respetar as tempadas coma non permitir que alguén estrague a serie saturandonos ou pior ainda mareandonos con capítulos vellos e novos mesturados.

Agora mesmo, na casa estamos rematando Battlestar Galactica e estamos desfrutando moitísimo. Estamos vendo a serie toda xunta e imos rematar case coincidindo co seu final definitivo que foi hai unhas semanas. Coincidindo mais ou menos con ese final, en 30Rock apareceu esta camisola.

whatthefrackshirt

Non poño o video da escea porque está cheo de espoilers, en troques poño este outro que tamén fará rir aos que vexan Battlestar Galactica en V.O.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/_vpi1upz99Q" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

E outra serie da que son moi fan e desfrutei coma un anano foi Veronica Mars.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/hEZhd9MdtnI" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

E para os que pensedes que me poño friki direivos que ver series en V.O. e ler BD pasou do frikismo ao gafapastismo e de aí ao mainstream, os videoxogos xa hai tempo que entraron nas salas de estar familiares. Agora a ultima fronteira do frikismo é o rol e a estratexia. Unha pregunta da que descoñezo a resposta: cal  destas tres enfermidades pensades que  ten pior remedio, warhammer, heroclix ou Magic? :D

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp