
O martes pasei a mañá axudando a uns amigos a meter caixas no seu posto da feira e charlando con outros libreiros. O ambiente é curioso e quedo coa sensación de que moitos deles non veñén Á Coruña estrictamente por negocios. O tempo e esforzo adicados non sempre teñen unha recompensa económica proporcional que a xustifique. Supoño que é o equivalente adulto a ir de campamentos con colegas que ves unha vez ó ano só que traballando.
Tamén foi cando vin como os operarios facían os últimos axustes nas casetas cos libros xa medio instalados.

Un choio que despois ‘axustarían’ algúns paseantes nocturnos.

Despois de ir comer ao tren a Montealto, xa pola tarde, fun á primeira charla. E entrementres matamos o tempo tomandolle un café, porque desde que pecharon os postos até as seis viñetas non existen. Non sería posíbel que o Concello buscara o xeito de ter abertas as exposicións á mediodía?
Esta é xa unha queixa que ven de vello, e eu escoito cada ano laiarse á xente que ven de fora a pasar só un día. Como pechan entre as dúas e as seis da tarde, coincidindo co peche das casetas hai un par de horas perdidas despois de comer que poderían aproveitarse para ver as exposicións. O mesmo ou pior para a xente que traballa de mañá e quere ir ás charlas. Como as charlas comezan ás 6 e pico non é doado organizarse para ver as exposicións.
Supoño que é unha cuestión de persoal, porén non había de ser tan complicado organizalo. Ou igual si. Se alguén no concello le isto prégase confirmación ou rexeite da imposibilidade de abrir.
Sigo falando da primeira charla, que neste caso transformouse nunha visita guiada da exposicións sobre guionistas americanos da man de Jaume Vaquer. Entre outras moitísimas cousas, Jaume Vaquer é coleccionista de orixinais de BD, e a exposición artellouna con parte da súa colección. Ademais de admirar a súa sabedoría, moitos dos que acompañamos o paseo pola exposición tamén envexamos que fora quen de reunir tantas alfaias nunha mesma man. (nin idea do valor económico, mais abofé que un bo lote de cartos). Ainda que o fío conductor da exposición eran os guionistas, os orixinais permitían desfrutar do traballo de moitos dos mellor debuxantes da historia da BD americana.

Seguindo a exposición estaban entre outros Carlos Portela e Emma Ríos que diante de certos orixinais facían comentarios (nomeadamente diante dos que aparecía o doutor Estraño, que como moitos saberedes está agora mesmo debuxando Emma)
E tamén estaba alguén da Voz que gravou anacos da mesma e subíunos á canle de YouTube da Voz. Alí podedes facervos unha idea bastante boa do que foi a visita.
Despois subímos de volta ao Kiosko Alfonso (despois de un ano ‘exiliados’ na Fundación Caixa Galicia) onde Alex Cal e Emma Ríos falaron das súas carreiras e das similitudes e diferenzas da súa chegada ao mercado americano. Os dous entraron coa editorial Boom! Studio e despois pasaron á Marvel comics, mais as súas experiencias persoais foron bastante diferentes en Boom!. Falaron dos prazos de entrega, dos coloristas, dos editores, das rectificacións de páxinas, todo moito mais complicado para Alex Cal, disque ainda que recoñece que ten un agradecemento infinito por Boom!

Ademais das sensacións de cada un en Boom! a diferencia nas súas carreiras ven desde a orixe. Mentras Emma comezou unha carreira profesional na arquitectura para vivir dela e mantendo a BD coma paixón da que non sacaba cartos, desde o comezo Alex decidíu que a BD tiña que ser a súa profesión e marchou a Barcelona para estudar nunha escola especializada.
Curiosamente o sotaque que agora ten Alex Cal nin é galego nin catalán, é unha curiosa mestura na que domina algo semellante ao sotaque andaluz, disque por dous compañeiros de piso.
A charla estivo moi divertida grazas especialmente a Alex Cal, que contou todo amosando un certo caracter macarra e con moita coña.
Tiveron bastante mais público nesta charla do que houbo na visita do Palexco. Pudo influir a distinta ubicación, a hora mais temperá ou a novidade do formato que eu aconsello repitan se teñen posibilidade outro ano.
Tamén o feito de que Emma, e algo menos Alex, xogara na casa puido influir.
A semana comezaba estupendamente.
Todos los años espero que llegue viñetas, por muchas cosas, ver a gente que o suelo ver, tomar unas pizzas, … y leer tus crónicas de viñetas
ENORME!!!
Said by turuto 20 Agosto, 2009 at about 7:58 a.m.
E alex ten pinta de estar sobrio XD jejjeejejjee, pois si, parece que todo foi moi ben, unha magoa que non puidese ter ido por alí, debolle unha cerbexa a Alex
Saúdos
Said by An 20 Agosto, 2009 at about 1:30 p.m.
[...] a exposición é boísima pensade que todos os orixinais son da súa colección privada e que xa é o segundo ano que ven a viñetas. A idea de gravar a charla copieina da Voz que o ano pasado xa gravaran anacos da [...]
Pingback by Apocalipse do porco » Viñetas desde o Atlántico 2010 26 Agosto, 2010 at about 11:33 p.m.