Xa hai moito tempo que vivimos nunha oligocracia. Son as directivas das grandes corporacións e dos partidos políticos, unhas poucas persoas que ademais pasan da política ás empresas e viceversa, as que toman as decisións importantes.

Nós, manipulados polos medios de comunicación de masas, vivíamos na ficción de que as nosas decisións eran realmente nosas e de que os nosos votos contaban.
Coa chegada da rede apareceu unha canle mais eficaz de comunicación para os que carecían de poder e chegou o momento de quitar a máscara. Xa non é preciso gardar as formas porque a poboación está apampada coa televisión e non da para mais, e pola contra os que son algo conscientes da realidade (ainda que en verdade só ven un aceno dela) teñen canles de información que os oligarcas non poden apagar completamente. Conclusión: xa non importa disimular, non teñen que esforzarse. Uns por moito e outros por moi pouco.

Por este motivo os ministros defenden xa abertamente aos lobbys fronte os cidadáns, por iso mesmo os lobbys colocan algún membro no goberno, por iso os ministros concordan coas empresas cando manteñen posturas perxudiciais para os cidadáns, por iso…

Non é só internet, mais tamén. O que fai o señor Alierta e compañía é atacar ao seu inimigo natural. Así ademais de aumentar os seus beneficios comeza o camiño que dificultará as críticas no futuro.

E que facemos mentras? Pois ver o tele-lixo que acumula audiencia, ler os xornais mais vendidos, seguir o corazón, a tele-realidade, os deportes, a musica-producto e non enterarnos do que pasa.
Xa sabedes, mexan por nós e ainda hoxe pensamos que está a chover.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Di o señor César Alierta que Google debería pagar polo uso que fai das redes.
O ministro de industria di que podería estudarse.

Canto está cobrando Telefónica ‘de mais’ (comparando os prezos existentes en Europa e no resto do mundo) polo acceso á rede? E sen que iso sexa para dar un acceso universal e decente a toda a poboación.

Quen pagaría ás operadoras de telecomunicacións polo acceso á rede un prezo tan elevado se non houbera contidos?

Moito mais atinado semella o conselleiro delegado de Vodafone cando pide mais competencia, semella que google está a facer ben de mais o seu traballo e xa é o Gran Irmán ainda que non nos decatemos moito.

O ministro de industria non me sorprende porque os políticos varren sempre para onde non deberan. E nomeadamente cando atinxe á rede.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Unha das mellores cousas de ter un blogue, ademais de coñecer xente interesante ou no meu caso practicar o uso do galego escrito é o motivo polo que orixinariamente naceran: facer de diario de navegación. Ou no meu caso (e acho que na de moitos blogues persoais) de diario sen mais.

Cando era neno gustábame escribir en cadernos novos. A sensación de escribir na primeira páxina era moi gorentosa, porén nunca tiven a constancia de levar un diario até que abrín este blogue. E esa constancia, foi un reto persoal que animou este blogue nos seus primeiros anos. Agora dame mágoa pechalo e deixar de ter un diario, ainda que sexa só para anotar cousas unha vez ao mes, porque todo o que non estou escribindo… non sei se citar agora o guión de Blade Runner ou dicir só que o esquecerei en pouco tempo. E se pecho o blogue, entón non quedará nada, ou se cadra só as fotos que gardo nalgures.

Para que quede, dicir que a moruncha medra ben. Non de tamaño, que é pouquiña cousa, mais si de aprendizaxes varios. Fala moitísimo, construindo pequenas frases, ainda que non teña moi claras ás veces as conxugacións dos verbos. Fala as mais das veces en castelán que é o que mais escoita, mais tamén en galego.

O traballo cambiou bastante desde que estou na Coruña. Teño mais choio, mais menos productivo. Que se lle vai facer!

O tempo de lecer, ademais de desfrutar da nena e da señora Colombo adícollo ás mais das veces a ver series de TV ianquis, supoño que son unha víctima mais das tendencias. A sra Colombo suxeríu que escribira no blogue sobre as series que vexo para así ter tema, porén acho que hai xa blogues abondo sobre o tema e replicar en galego blogues (e criterios) que leo en castelan paréceme unha perda de tempo, porque se non vou tentar facer algo persoal non me interesa. Con todo seguirei facendo recomendacións puntuais de cando en vez como xa teño feito.

Despídome por este mes hoxe con un video que atopei na rede e que lle gusta á moruncha (e a min) acho que é unha versión dunha canción popular mais non estou certo.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/59GM_xjPhco" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp