Xa hai moito tempo que vivimos nunha oligocracia. Son as directivas das grandes corporacións e dos partidos políticos, unhas poucas persoas que ademais pasan da política ás empresas e viceversa, as que toman as decisións importantes.
Nós, manipulados polos medios de comunicación de masas, vivíamos na ficción de que as nosas decisións eran realmente nosas e de que os nosos votos contaban.
Coa chegada da rede apareceu unha canle mais eficaz de comunicación para os que carecían de poder e chegou o momento de quitar a máscara. Xa non é preciso gardar as formas porque a poboación está apampada coa televisión e non da para mais, e pola contra os que son algo conscientes da realidade (ainda que en verdade só ven un aceno dela) teñen canles de información que os oligarcas non poden apagar completamente. Conclusión: xa non importa disimular, non teñen que esforzarse. Uns por moito e outros por moi pouco.
Por este motivo os ministros defenden xa abertamente aos lobbys fronte os cidadáns, por iso mesmo os lobbys colocan algún membro no goberno, por iso os ministros concordan coas empresas cando manteñen posturas perxudiciais para os cidadáns, por iso…
Non é só internet, mais tamén. O que fai o señor Alierta e compañía é atacar ao seu inimigo natural. Así ademais de aumentar os seus beneficios comeza o camiño que dificultará as críticas no futuro.
E que facemos mentras? Pois ver o tele-lixo que acumula audiencia, ler os xornais mais vendidos, seguir o corazón, a tele-realidade, os deportes, a musica-producto e non enterarnos do que pasa.
Xa sabedes, mexan por nós e ainda hoxe pensamos que está a chover.
Totalmente de acordo contigo. Xa o comentei eu tamén nun post hi días, mal que nos pese, ben se ve que hai gobernos que non mandan nada, portanto a cidadanía non conta.
Said by Tati Mancebo 24 Febreiro, 2010 at about 9:58 p.m.
Non é unha oligarquía senón unha plutocracia. Estamos gobernados por xente con cartos.
Xa sabes: o pobre vive do seu traballo e o rico do traballo dos pobres.
Said by paideleo 24 Febreiro, 2010 at about 11:20 p.m.
Touché!
Acertadísimo post. Penso que a estas alturas nos estamos dando conta que con internet chegou un espazo de liberdade, pero canto máis importante e usado se fai, máis controlado está polos de sempre e máis se reforza o mainstream.
Said by Sak 25 Febreiro, 2010 at about 1:35 p.m.
porca miseria…
ánimo meu, sempre nos quedará vivir na periferia do sistema
Said by W. Sobchak 25 Febreiro, 2010 at about 7:50 p.m.
porca miseria…
ánimo meu, sempre nos quedará vivir na periferia do sistema
Said by W. Sobchak 25 Febreiro, 2010 at about 9:20 p.m.
Fala por ti, eu son un vendido ao capital
Said by ghanito 25 Febreiro, 2010 at about 9:27 p.m.
Case case amen. Saúdos
Said by An 27 Febreiro, 2010 at about 1:41 p.m.
[...] sobre o mesmo tema de hai unhas semanas, a ideoloxía neoliberal xurdida no entorno dos grandes grupos de capitais gaña terreo cada día. [...]
Pingback by Apocalipse do porco » Caixas de aforros 10 Agosto, 2010 at about 3:21 a.m.