Pasoume con Festina Lente o mesmo que con Bone. As insistentes recomendacións de xente á que lle teño moita lei conseguiron que lle dera tres oportunidades tanto á obra de Jeff Smith coma a de Marcos Calveiro antes de collerlles o xeito. E pagou a pena, nos dous casos.

Aborrecido de ler novelas históricas con intrigas que perden os folgos estragando cara o final o único interese que ten a súa lectura, é un pracer descubrir como Calveiro engánanos para que collamos o libro coma se fora un best seller calquera. Pensando que ten importancia o que non deixa de ser unha desculpa para meternos na vida de Ambrosio Cavaleiro. E sen que por iso descoide a intriga e resolvendoa perfectamente. Quen lle dera a algúns autores de best seller de misterio ter un final tan xeitoso.

Lin a 1ª edición da novela e non sei se o fixeron, mais pareceríame unha boísima idea incluir un glosario e un plano de Compostela en posteriores edicións. Unha das cousas que me botara para atrás da primeira vez foi a dificultade que tiven con algúnhas pasaxes do comezo, fixo que tardara en concentrarme. Sentar nun curruncho durante a mudanza non parecería algo que facilitara coller o fio da narración, mais foi o tal no meu caso :-D
A captación de neolectores (ou lectores neofalantes) non debe condicionar o nível da escrita coma eu parvamente suxería a Calverio nunha conversa o día que tiven a sorte de que mo presentaran, ainda que iso non impide que eu siga pedindo un glosario que sirva de muleta para desfrutar da súa obra.

Parte dos que ledes este blogue probablemente non oírades falar moito desta obra. Guiádevos por min e dádelle unha oportunidade, ainda que non teñades costume de ler en galego,porque paga a pena. Tedes opinións moito mais autorizadas ca miña no blogue que o autor abríu para o libro cando saíu. (antes de cambiar a súa casa para unha veciñanza mais selecta ;-) ).
Lede o libro, non tentedes que niguén vos faga un resumo.

Eu pola miña banda acho que vou mercar, así que me cadre, Settecento.