Hoxe imos facer unha proba de agudeza visual. A ver se atopades a diferenza entre estes dous prodixios do deseño aplicado ó marketing.

Os mais espelidos decataríanse de que nunha das imaxe aparece unha referencia ó evento bosta de vaca 2012, que a efectos de esta comparación imos considerar que foi declarado polo goberno «acontecemento de excepcional interese público«. Se iso fora así a empresa que o publicitara tería dereito a deducir o 15 do gasto. Como non é unha publicidade exclusiva do evento senon que vai incluida na publicidade da marca que mola mil a base desa dedución é só o 25% do gasto. Resumindo: dedúcense un 3,75% do gasto en publicidade se incluen a referencia ó magnífico Evento bosta de vaca 2012 declarado acontecemento de excepcional interese público.

Diredes que é pouco e se cadra tedes razón. Agora ollade este cadro do ano 2006 que atopei por aí.

Os datos están en millóns de euros.

Por exemplo o 3,75% de 203,1 millóns de euros serían 7,6 millóns de euros por apoiar un evento de bosta de vaca ou calquera outro declarado acontecemento de excepcional interese público. Sumando as cantidades da táboa chegaríamos a unha dedución global posible de 46,12 millóns. E iso son só os 10 grupos mais grandes e con cifras de 2007.

Mola.

Conste que eu estou moi a favor do mecenado e das deducións ficais por mecenado, mais isto non é o que eu entendo por mecenado. Nin de coña.

A lei do mecenado.

 

Chuzame! A Facebook A Twitter