Campaña á americana

Hai uns minutos estaba vendo a que ben pode ser a miña serie favorita, The Good Wife, e pareceume recoñecer o slogan de Peter Florrick

Peter Florrick, o bad husband da good wife do título, preséntase coma gobernador no estado de Illinois.

Que por certo, é un estado de moda nos EUA, se cadra porque é de onde proven Obama que era Senador alí, a serie Boss tamén ten unha campaña a gobernador de Illinois na súa trama.

Pois o seu slogan, como puiden ver algo mellor despois era este

Putting Illinois FIrst, traducido ó galego: Illinois primeiro. Coma o Galicia Primeiro de Feijoo2012

Conste que é a única semellanza entre Peter Florrick e Alberte Núñez Feijoo, ainda que non vou entrar a falar das diferenzas por non entrar en espoilers. Só vou comentar o diferentes que somos dos americanos nun detalle: a importancia da familia nas súas campañas. Mentras alí Alicia Florrick vese mesturada na campaña ainda que estean separados (maritalmente) acó Chini non participa na campaña do seu mozo, se cadra por estar separada (xeográficamente) ou mais probablemente porque aquí normalemente non se levan moito esas cousas.

Pois iso, que os lemas con moita apariencia e pouco significado non son só comúns ós nosos partidos políticos, tamén pasa o mesmo noutros paises ós que cada día parecémonos mais. Porque o mesmo pasa coa música.

Lembremos os temas de Campaña de Obama no 2008 como este

E agora o PP saca un tema que marcará a nosa Historia: Veña Galicia

Ainda que o referente deste tema non o imos atopar tan lonxe, nos EUA. En realidade o seu modelo, ainda que non sexa confeso é este temazo: Alberte Núnez Feijoo

Xa teño o meu voto decidido.

Os comentarios están pechados.