Outra vez mais, The Good Wife

O que me siga en twitter xa saberá que son moi fan de The Good Wife. (E digo o que me siga en twitter porque non conto xa con que ninguén vexa o que escribo aquí… agás que o poña no twitter. Hai alguén aínda enganchado aos feeds? Se cadra Dorfun, Opaco, Ictioscopio…)

Pois o outro día presteille estiven introducindo a un amigo na serie e foi a excusa para ver outra vez o piloto, de setembro de 2009 (e cinco episodios mais sen baixar do sofá) que non vira outra vez desde entón. Daquela gustárame, aínda que ollando aquilo desde a altura da tempada 6 entendo que os que a vexan agora desde o comezo recomendada por un amigo ou algunha web non entendan nada.

The Good Wife é unha serie de avogados. Certo que tamén eran series de avogados Harry’s Law, Boston Legal ou Perry Mason, así que podería ser calquera cousa, mais se a alguén non lle gustan as series de avogados vai ser duro que entre na serie.

Lembrade que The Good Wife é unha serie que emiten na CBS, a canle entre outras moitas cousas das series de CSI. Aínda que aquí recibamos igual unha serie da HBO, de Fox, de AMC ou da ABC e faga que esquezamos de onde veñen, as series das Networks, as canles que chegan pola antena en aberto teñen certas peaxes que pagar que non teñen as series do cable. Para que nos entendamos, The Good Wife podería ir despois de Médico de Familia, mentras que, por exemplo, Breaking Bad que era de cable, non. E non estou dicindo que The Good Wife non sexa tamén unha serie boísima, simplemente ten que aceptar certas condicións, ser mais para calquera público.

E por iso ao comezo, mentras entramos no universo da serie e nos persoaxes temos a “axuda” dun caso semanal para non aburrir. Aos poucos a serie vai complicando todo sen necesidade de empregar xiros inesperados na trama. A vida dos persoaxes vai desenvolvendose diante nosa con naturalidade, cada pequeno paso vai conducindo a outro posterior. Isto non quere dicir que non haxa xiros na historia, porque hai moitos. Simplemente non hai xente en coma, fillos segredos, amor e luxo (vale, iso si, mais o contrario sería o absurdo), non precisa ser un culebrón para que esteamos enganchados.

Os casos reflicten a actualidade e están sacados dos noticieiros americanos (coa desavantaxe de escribirse e rodarse con semanas de adianto e aínda así achegandose bastante ao calendario da realidade) E mentras, as historias van avanzando simultáneamente, desenvolvendo e dando contido aos persoaxes, un universo de secundarios excelente. Coñecémolos e sabemos como reaccionarán no futuro.

Outro dos grandes acertos da serie son os persoaxes recurrentes e as estrelas convidadas, cada vez que aparecen nun caso Louis Canning, Elsbeth Tascioni ou Patti Nyholm temos festa. Sen esquecer a Neil Gross, Colin Sweeney, os Judge Charles Abernathy e Judge Patrice Lessner (só na miña opinión, claro) ou tantos outros. Moitas veces estes convidados son a vía (aínda que non a única) na que o humor entra na serie, porque ten a súa dose de comedia e fai rir, algo que moitas veces esquecemos.

Resumindo, unha serie para adultos con avogados, política (da pequena e da grande) algo de actualidade, intriga, humor e grandes persoaxes. Pódese pedir mais? pois si. Aínda que The Good Wife ten tempadas clásicas de Network que normalmente teñen entre 22 e 24 episodios (fronte as tempadas de cable que adoitan ter 10-14 ou ás británicas que andan polos 6) non se lle nota moito e temos aínda mais horas para desfrutar.

Avisara xa de que son fan, non si?

Sobre esta anotación: foi necesario que os meus cativos durmiran fora de casa e ter toda unha mañá de domingo libre para que sentara a escribir isto, así que non sei se haberá mais nun futuro próximo. A ver se en menos dun ano escribo algunha outra.

 


2 Responses to “Outra vez mais, The Good Wife”

  1. Beretes Says:

    Que ben que volvas!

  2. X de Esmelle Says:

    Encántanme as series de avogados e estou enganchada a The goog wife aínda de cando en vez Alicia me poña dos nervios coa súa “aparente indecisión. Foi un pracer lerlle esta entrada, deixe aos seus fillos durmir máis veces fóra e tómese máis mañás de domingo coma esta, creo que lle sentan ben.
    Saúdos.
    X